CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 8ª Xda DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS : “Unha xornada chea de remontadas, igualdade e emoción ata o final”.

DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS

8ª Xornada

Domingo 16/11/2025

 SCD Buño – Atlético Carballo SD, (04/01/2026)

Soneira Veteranos 1-3 Club Deportivo Razo

ADCV Ponteceso 3-2 SD Oza

SD San Lorenzo 2-3 ACD San Ramón

CF Cances 2-2 SD Castriz

SD Coristanco 2-2 Sporting Zas

ACD San Román 2-0 Veteranos Dumbría

 

 

CRÓNICA XERAL

A oitava xornada da División de Honra de Veteranos deixou resultados axustados, encontros con alternativas constantes e varios desenlaces decididos nos intres finais. A competición segue extremadamente apertada na parte alta, con ACD San Ramón, Sporting Zas, ACD San Román e CD Razo marcando o ritmo da categoría.

CRÓNICAS

Soneira Veteranos 1-3 CD Razo

O CD Razo asinou unha das vitorias máis convincentes da xornada. O conxunto racense chegou a poñerse 0-3 xa na primeira metade, mostrando unha gran efectividade ofensiva. O Soneira só puido recortar distancias na reanudación, e o trunfo viaxou con merecemento para Razo. Nova suma importante para un Razo que continúa asentado no grupo perseguidor dos líderes.

ADCV Ponteceso 3-2 SD Oza

Partido moi igualado e vibrante no Pinguel. O Oza chegou a poñerse 3-2 no minuto 76, grazas a un penalti transformado por Rubén Gómez, pero o Ponteceso non baixou os brazos e acabou culminando levándose os puntos nun choque que que mantivo a emoción ata o último segundo. Tres puntos de ouro para os da Vila do Anllóns, que comezan a escalar posicións.

SD San Lorenzo 2-3 ACD San Ramón

Outro dos grandes encontros da xornada. O San Lorenzo chegou a situarse 2-1, logo dun penalti convertido por Óscar Suárez, pero a resposta do San Ramón foi inmediata, empatando directamente na xogada posterior ao saque de centro.
Cando o reparto de puntos semellaba inevitable, apareceu Sergio Alonso, que no minuto 90 culminou a remontada e mantivo ao San Ramón no máis alto da clasificación.

CF Cances 2-2 SD Castriz

Reparto de puntos xusto en Cances. Ao descanso chegouse con 1-1, e nada máis comezar a segunda metade, Iván Gómez puxo por diante aos xalleiros. A reacción local foi inmediata: Stefan fixo o 2-2 apenas catro minutos despois. O marcador xa non se movería, nun duelo moi físico e competido.

SD Coristanco 2-2 Sporting Zas

O Sporting Zas chegou a gozar dunha vantaxe clara de 0-2 ao pouco de comezar a segunda parte, pero os locais non se renderon. Pazos, no minuto 64, recortou distancias, e cando todo parecía decidido, Bardanca, no desconto, fixo estalar a Rocheira cun gol agónico que permite ao Coristanco sumar un punto moi valioso. O Zas, aínda así, mantén o pulso cos primeiros clasificados.

ACD San Román 2-0 Veteranos Dumbría

O San Román segue con paso firme. Dous goles de De la Fuente, ambos nada máis retornar dos vestiarios, deron unha vitoria clara e ante un Dumbría que non atopou maneira de reaccionar. Tres puntos que reforzan ao equipo no grupo de cabeza.

SCD Buño – Atlético Carballo SD

Este encontro disputaráse o 4 de xaneiro de 2026.

Clasificación

  1. ACD San Ramón Veteranos – 20

  2. Sporting Zas – 15

  3. A.C.D. San Román – 24

  4. Club Deportivo Razo – 14

  5. CF Cances – 13

  6. Atlético Carballo SD – 11, (-3 sanción)

  7. Soneira Veteranos – 10

  8. Veteranos Dumbría CF – 9

  9. SD San Lorenzo – 9

  10. SCD Buño – 9

  11. SD Oza – 7

  12. ADCV Ponteceso – 6

  13. SD Castriz – 6

  14. SD Coristanco – 5

DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS

9ª Xornada

Domingo 23/11/2025

ACD San Ramón – CF Cances, (Suspendido)

Soneira Veteranos – ADCV Ponteceso, ás 10:00

SD Oza Atlético Carballo SD, ás 10:00

SCD Buño ACD San Román, ás 10:00

Veteranos Dumbría – SD San Lorenzo, ás 10:00

SD Castriz  SD Coristanco, ás 10:30

Club Deportivo Razo  Sporting Zas, ás 10:30

-Foto arquivo e texto : Xosé Búa “Pirata”