CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 8ª XDA DA PRIMEIRA FUTGAL : “VITORIA DO MUXÍA, E EMPATES NOS DOUS DERBIS E TAMÉN PARA O DUMBRÍA”.

O San Lorenzo igualou ca Esteirana nun dos derbis costeiros.

Aquí tedes as crónicas e moito máis da 8ª xornada da Primeira Futgal, cos comentarios dos adestradores dos equipos costeiros, de non estar completaremos segundo nos vaian chegando. Pode calquer adestrador dar as impresións suas sobre o encontro, baixo o seu criterio e dentro dos parámetros do respeto no whatsapp 626 72 00 47, e serán subidas a este artigo.

O Muxía xa sabe o que é gañar fora na sua volta a esta categoría, e no que se refire ao resto de equipos costeiros, había empate a uns, (1-1), no Esteirana-San Lorenzo e no Castriz-Fisterra, e acadaba o mesmo resultado o Dumbría co Vizoño.

 

PRIMEIRA FUTGAL

-8ª Xornada-

-27/10/2024-

Club do Mar 3-2 Boimorto CF

SCDR Esteirana 1-1 San Lorenzo

SR Calo 0-1 CF Muxía

Vista Alegre SD 1-1 Bastabales UD

SD Castriz 1-1 SD Fisterra

Bertamiráns FC 1-0 Vea CF

CF Dumbría 1-1 Vizoño SD

Praiña Sporting Club 1-1 SD Tordoia

UD Carral 1-0 SD Agolada

 

-CRÓNICAS-

 

Os muxiáns celebrando a vitoria no vestiairio do Rebordelo.

 

SR Calo 0-1 CF Muxía

Sergio “Pataca”, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido no que entramos dormidos, e por falta de actitude e por fallo meu no plantexamento pasannos por encima, dous tiros o pao e duas máis claras que erran. Nós practicamente temos só un bo achegamento a portería rival.

Na segunda correximos e xa saimos moito mellor, controlando ben o xogo en largo deles e xogando mellor nos con balon, asi chega o gol de Adam e algunha que outra ocasion mais para marcar. Pero chega a expulsión de Víctor por dobre amarela, e aqui o Calo empeza mediante balóns diretos a acosarnos, pero estivemos ben e listos, e case non sufrimos, de feito nalgunha contra puidemos sentenciar o partido”.

Goles : 0-1, Mohamed Adam, (50´).

Incidencias : O árbitro, Rubén Rodríguez expulsou ao muxián, Víctor Alcaina no 74 por dobre cartón, (39´e 74´), e o xogador local, Jacobi no 94´con vermello direto.

 

SD Castriz 1-1 SD Fisterra

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : Partido moi disputado durante os 90 minutos, no que houbo moita intensidade e respeto entre os rivais. Probablemente non fose un partido moi atractivo para os afeccionados. Costounos afacernos ó partido plantexado polo Fisterra, e nos primeiros minutos estiveron máis cómodos, máis si cabe polo gol de córner tan cedo. Pouco a pouco fomos quen de axustar ó equipo para defender o seu ataque directo, pero aínda así costábanos enlazar xogadas de ataque porque nos precipitabamos case sempre. Puidemos empatar antes do descanso nun balón que gaña Miller e deixa para a chegada de Adrián García.

Na segunda parte xa estivemos mellor desde o primeiro minuto, e aínda sin lograr ter continuidade no xogo ofensivo, si logramos producir varias ocasións de gol que non acertamos a convertir. O partido estaba para o 2-1 pero sin esquencer que eles eran moi perigosos si lles permitíamos contraataques. Creo que o empate deixou algo máis contento ós visitantes que a nós. Pero en fronte tivemos un equipo moi ben ordenado, que non se espuxo e que sabía onde podían ser perigosos“…

Diego Lobelos, (Adesrador do SD Fisterra) : “Partido mi bonito para o espectador, con moita intensidade e ritmo. Nós empezamos ben, co gol, que foi a balón parado, creo que o equipo soubo estar ben plantado no campo e non conceder ocasións claras. Tivemos un par de boas ocasións para facer o segundo, por medio de Bruno e Isaac. Dende o minuto 30 ata o descanso, o a Castriz foi superior, fixo o empate e puido adiantarse, pero a falta de puntería e o acerto da nosa defensa impediuno.

Na segunda o partido estivo parexo no primeiro tramo, con ocasións para ambos, e nos últimos minutos, estivemos mellor, con algunha ocasión moi clara por medio de Isaac”.

Goles : 0-1, Alejandro, (5´); 1-1, Adrián García, (29´).

 

Trio arbitral feminino no Esteirana-San Lorenzo.

 

SCDR Esteirana 1-1 SD San Lorenzo

SD San Lorenzo, (Comentario do encontro no seu FaceBook) : Visitaba o SanLo o sempre complicado campo da Esteirana, e os de Verdillo fixeron o mellor partido da tempada ata o de agora, onde tiveron innumerables ocasións para marcar, estiveron cómodos durante o partido e con boas sensacións. O partido empezou con ritmo alto e sobre todo con moitos achegamentos sobre a meta visitante. Baldo en varias ocasións, Javi, Taibo, e sobre todo unha moi clara de Eloy pero sen materializarse. A Esteirana, con Adán como canalizador do seu xogo ofensivo, apenas inquietaba a Mario. Tivo un bo tiro lonxano Iago e o balón a piques está de entrar pola escadra da meta de Víctor. Antes do descanso Baldo falla no man a man tras superar a sua marca e plantarse diante do porteiro.

Na segunda metade o SanLo ainda intensificou a presión alta e froito deso chegaron de novo as ocasións, unha das mais claras, nun tiro de Javi Perez, hoxe un dos mellores xogadores no campo, que se estrela no pau. As ocasións sumaronse de novo por medio de Eloy, e de Iago que non e capaz de marcar a porta valeira con todo a favor. Os cambios deron aire os visitantes, e o pouco de entrar no campo Riki cazaba un balón dentro da área para poñer o 0-1.
 ero como a historia se repite, aos 3′, unha man dentro da área convertese en penalti. Asumeo Adán pero Mario saca unha man para manter a vantaxe.
Faltaban poucos minutos, a Esteirana estirou liñas para cargar mais a área do SanLo e nunha falta lateral chegaria o empate. De aí o final tiveron os visitantes un par de ocasións mais pero o resultado xa non se movería. Incrible o traballo hoxe deste equipo, onde foi dominador en moitas fases do partido e que só a mala puntería o privou dun resultado favorable. Pensando xa no Calo, a próxima xornada, na casa, e con boas sensacións tras o visto hoxe no campo”.

Goles : 0-1, Ricardo, (80´); 1-1, Pablo Rama, (82´).

AVISO : Whatsaap para comentario dos adestradores ou diretivos : 626 72 00 47

 

CF Dumbría 1-1 Vizoño SD

Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) : “A espera do seu comentario para poñelo aquí”…

Goles : 1-0, Xabier, (62´); 1-1, Francisco, (65´de penalti).

Incidencias : O árbitro Eduardo Eiríz, expulsou ao xogador do Dumbría, José Miguel con vermello direto no 87.

 

-CLASIFICACIÓN-

-Equipos da costa-

Lider : Club do Mar : 22 puntos

 CF Muxía : 15 puntos

 SD Castriz : 15 puntos

 CF Dumbría : 14 puntos

 SD Fisterra : 12 puntos

10º SCDR Esteirana : 11 puntos

18º SD San Lorenzo : 2 puntos

 

PREVIA

-9ª Xornada-

-27/10/2024-

Club do MarSCDR Esteirana

San LorenzoSR Calo

CF Muxía-Vista Alegre SD

Bastabales UD-SD Castriz

SD Fisterra-Bertamiráns FC

Vea CF-CF Dumbría

Vizoño SD-Praiña Sporting Club

SD Tordoia-UD Carral

Boimorto CFSD Agolada

 

AVISO :

Os comentarios dos adestradores son propios e ca sua visión dos encontros, non da nosa autoria.

 

-Fotos San Lorenzo : Luis González Botas

-Foto CF Muxía : O clube

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradoes

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies