O Camariñas celebrou o 93 cumpleanos do seu fundador.
O Camariñas venceu de novo e aumenta a distanza co segundo, que pasa a ser o Xallas, a 5 puntos e desta vez foi unha vitoria a dos de Juan Cabrejo moi emotiva pois celebrouse no campo o 93 aniversario de Vicente Carril, un dos GRANDES do fútbol costeiro, (os nosos parabéns), ao que lle adicamos estas crónicas. O Xallas foi quen de vencer en Corme e aproveitou o empate do Monte Louro, ao que se lle atragantou o Ponteceso, (2-2), aproveita esto o Soneira para igualar os loureses a puntos, así coma o Baio, que puxo a direta e suma quinta vitoria seguida. Por abaixo o Corcibión deixou o mal inicio de tempada que o tivo varias xornadas de colista e suma a terceira semana en positivo, con duas vitorias seguidas, namentras que o Cee suma a terceira derrota seguida e 5 xornadas sen vencer con 4 derrotas e un empate.
As crónicas iremos completándoas segundo nos cheguen máis comentarios dos adestradores ou colaboradores de equipos.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
LIGA DA COSTA
-8ª Xornada-
-03/11/2024-
Corme CF 1-2 Xallas
Camariñas FC 3-1 Cabana SD
SD Coristanco 0-2 CD Muros
UD Corcubión 2-1 Outes FC
CD Baio 3-0 CF Lira
Soneira SD 2-0 CF Mazaricos
UD Monte Louro 2-2 Ponteceso SD
UC Cee 1-3 CF Porteño
-CRÓNICAS-
Corme CF 1-2 Xallas FC
Bruno Prego, (Adestrador do Xallas FC) : “Saida complicada xa que ir a Corme nunca é facil traer os 3 puntos pero conseguimolo facendo un gran traballo sobre todo físicamente. Primeiros 15 minutos sufrimos un pouco coas chegadas de segunda linea do Corme e tamen cos cambios de orientación. Cousa que tivemos que correxir e a partires dese momento o partido sabiamos que habia que estar moi concentrados nas xogadas a balon parado xa que o partido puxose con bastantes balons directos e eso facia que houbera moitas disputas e a concentracion foi un factor clave para non cometer faltas. Tivemos un par de ocasions claras de remate en 2 corners e outra de Doro dentro da área que posiblemente fora penalti.
Iríamos o descanso co 0-0 e na segunda parte sabiamos que se non sacabamos un esforzo extra non ibamos traer os 3 puntos. Chegaría o primeiro gol de Ramon logo dun balón collido dentro da área e pouco despois o gol de Fidi, logo dun rechace do porteiro dunha falta lanzada por Doro. A partir dese momento tivemos uns minutos de tranquilidade pero o Corme meteriase no partido logo dun penalti lanzado por Lucas.
Os últimos minutos vivímolos con algo de tension por medo a algun erro que nos penalizara pero finalmente logramos o obxetivo de traer os 3 puntos para casa ante unha das saidas mas difíciles da competición”.
Goles : 0-1, Joser, (53´); 0-2, Iván, (64´); 1-2, Lucas, (78´de penalti).
Camariñas FC 3-1 Cabana SD
Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Boa vitoria a conseguida diante do Cabana nun partido no que saimos moi fortes creando ocasións desde o principio e marcando pronto o primeiro gol. O Cabana nos minutos finales do primer tempo conseguío facernos daño acadando xusto antes do descanso o empate.
Na segunda parte, tratamos de levar o control do partido mentras o Cabana buscaba atacarnos a través de contras. Conseguimos o segundo gol momento no que o Cabana tivo que estirarse máis e nós puidemos matar o partido finalmente conseguindo o terceiro…Debutaron Iago e Asier do equipo xuvenil”.
Óscar “Mingui”, (Adestrador do Cabana SD) : “Primeira parte na que nn salimos ben o partido perdendo moitos duelos e fruto deso encaixamos o 1-0. A partir de ahí ata o descanso fomos mellorando con ocasions de Manu e Migueliño pero foi Pablo antes do descanso o que conseguiría o gol do empate.
Na segunda un erro noso permitiríalle o Camariñas poñerse por diante outra vez e a partir de ahí buscamos o empate pero nn estivemos acertados nas ocasions que tivemos nos pes de Aarón, Castro e Migueliño. Xa cando o partido remataba unha contra supuxo o 3-1 definitivo…Nós xogamos con : Manu, Leis, (Noé), David, (Hugo), Ferreiro, Aarón, Nando, (Samuel), Moreno, Simón, Migueliño, Manu, (Castro), Pablo”.
Goles : 1-0, Djibril, (21´); 1-1, Pablo Pose, (44´); 2-1, Djibril, (51´); 3-1, Djibril, (88´).
SD Coristanco 0-2 CD Muros
Goles : 0-1, Xoaquín, (66´); 0-2, Alonso, (71´).
UD Corcubión 2-1 Outes FC
Isidro Trillo, (2º Adestrador do UD Corcubión) : “Bo partido do Corcubión con m0itas ocasi´óns pero sin materializalas, con fútbol combinativo desbordando a un bo Outes, ata que no minuto 29 marcaría César Lojo cun gran pase de Iago. Así acabaría a primeira parte.
Na segunda entrou mellor o Outes tendo alguha ocasión para poder empatar, pero nunha xogada moi boa de Fuentes, entraría na área sufrindo un penalti, que o propio Fuentes lanzaba e erraba. Poucos minutos máis tarde enpataría o equipo da Serra a balón parado. Seguiron empuxando os nosos e chegaba o gol o marcar un defensa do outés en propia porta, despois dun testarazo de Fuentes que foi o pau. Nos derradeiros minutos o partido estaría igualado con ocasións para ambos equipos pero sin moito perigo e así acabaría o partido con vitoria moi merecida dos nosos”.
Goles : 1-0, César Lojo, (28´); 1-1, Sergio, (75´); 2-1, Martín, (81´en propia porta).
CD Baio 3-0 CF Lira
Félix Raposo, (Adestrador do CD Baio) : “Victoria importante para seguir coa dinamica de victorias e gañando autoridade no platas. Partido cunha primeira parte onde fumos quen de impoñer autoridade e control de xogo a traves da posesion do balon e creando multiples ocasions de gol, froito do cal conseguimos ir cun 2-0 oʻ descanso. Segunda parte non tan boa, onde non estivemos acertados na toma de decisions e moita perdida de balon que orixinaba moito desgaste fisica e algunha transicion do lira sen moito perigo. Ainda asi conseguimos o 3-0 nunha gran xogada colectiva. Merecido triunfo e sobre todo marcando a liña que reflexa o bo traballo dos xogadores e nivel que estan mostrando.
Goles : 1-0, Rubén, (8´); 2-0, Sergio, (45´); 3-0, Souto, (80´).
Soneira SD 2-0 CF Mazaricos
Goles : 1-0, David, (65´); 2-0, Brais, (90´+4).
Incidencias : O colexiado Esteban Domínguez expulsou con vermello direto o porteiro do Soneira, Iker Arán, (86´).
UD Monte Louro 2-2 SD Ponteceso
Julio Vila, (Adestrador do Ponteceso SD) : “O partido foi bastante emocionante a verdad.Nos levamos a iniciativa na primeira parte sendo bastante dominadores aínda que eles conseguían salir algunha que outra vez e tiveron oportunidades de adiantarse.
Na segunda parte o árbitro pitou un penalti bastante polémico que supuxo a expulsión de Javino.Co 1-0 e un mais o Louro xogou precipitado e nos foi coma un aliciente.Xogamos mellor e poidemos conseguir máis pero eles tampouco se arredaron.Queda mal sabor de boca polos puntos pero vinhemos contentos“.
Goles : 1-0, Xian, (50´de penalti); 1-1, Luca, (66´); 2-1 Luis Miguel, (79´); 2-2, Martín, (83´).
Incidencias : O colexiado Diego García, expulsou con dobre cartón pontecesán, Javi Souto, (30´e 30´).
UC Cee 1-3 CF Porteño
Goles : 0-1, Yuyo, (60´); 0-2, Alan, (62´); 1-2, José Lago, (68´); 1-3, Andrade, (91´).
-CLASIFICACIÓN-
-7ª Xornada-
1º Camariñas CF : 22 puntos
2º Xallas FC : 17 puntos
3º UD Monte Louro : 16 puntos
4º SD Soneira : 16 puntos
5º CD Baio : 16 puntos
6º Corme CF : 12 puntos
7º Ponteceso SD : 11 puntos
8º SD Coristanco : 10 puntos
9º CF Porteño : 9 puntos
10º CD Muros : 8 puntos
11º CF Lira : 8 puntos
12º CF Mazaricos : 8 puntos
13º UD Corcubión : 8 puntos
14º Cabana SD : 7 puntos
15º Outes FC : 6 puntos
16º UC Cee : 4 puntos
-PREVIA-
-9ª Xornada-
-10/11/2024-
Corme CF-Camariñas FC
Cabana SD-SD Coristanco
CD Muros-UD Corcubión
Outes FC-CD Baio
CF Lira-Soneira SD
CF Mazaricos-UD Monte Louro
Ponteceso SD-UC Cee
CF Porteño-Xallas FC
-Foto : FaceBook Camariñas FC
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores