CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 8ª XDA DA 3ª GALEGA FEMININA G4 : “PLENO DOS EQUIPOS DA COSTA CON GOLEADAS PARA AS NOSAS”.

As outesas felices ca terceira vitoria seguida.

 

Pleno de vitorias e goleadas para os 3 equipos costeiros da categoría. A Esteirana que continua liderando a categoría endosáballe un claro 6-3 ao Taragoña, namentras que o As Miúdas facíalle un 7-0 ao Milladorio e o Outes 9-0 ó Catoria. As otesas tardaron en collerlle o trancanilllo a competición pero agora levan unha xeira de 3 vitorias seguidas con 21 goles a favor e tan só 2 en contra. Pola sua banda Pati, de As Miúdas fixo os seus primeiros 4 goles do campionato.

GOLEADORAS

A capacidade goleadora das rapazas costeiras foi encomiable. Na Esteirana, Rut, fixo 5 goles e lidera a táboa de goleadoras da competición con 24 goles, seguida de Aldara do Cambados, 816) e completando o podio, Laura do Taragoña. (10), pero e que Carla do Outes fixo 5 e xa suma 10, e a sua compñeira de equipo Laura, fixo 4 e tamén suma 10, que tamén son os que ten Bárbara da Esteirana.

XORNADA SUSPENDIDA

Este vindeiro venres 6 de Nadal, e aproveitando o festivo do Día da Constitución, xogaranse varios encontros dos aprazados da 7ª xornada por mor do temporal “Brest”, tamén haberá algún o Domingo 8. 

Das nosas, a Esteirana xa xogou aquel bravo día e derrotou ao SD Chispa por 1-5, e foi o único equipo costeiro que xogou. O Outes FC visita ao CD Mosteiro 29 de Nadal a partires das 17:00 horas, namentras que o ED As Miúdas deixa o seu encontro ante o CCD Taragoña para un día antes, ó 28 de Nadal, “Día dos Santos Iñocentes”, e farao coma visitante a partires das 12:00 horas.

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047

 

3ª GALEGA FEMININA G4

-8ª Xornada-

-01/12/2024-

EFF Sonnoia Portus Apóstoli 1-1 SD Chispa

Juventud Cambados 2-6 Céltiga FCF

Outes FC 9-0 Catoira SD

EFMC Boiro B 1-2 CD Mosteiro

CD Rois 4-0 Bastavales UD

ED As Miúdas 7-0 Milladoiro SD

SCDR Esteirana 6-3 CCD Taragoña

 

-CRÓNICAS-

 

Intre da saida o campo da Esteirana e o Taragoña.

 

SCDR Esteirana 6-3 CCD Taragoña

Fran Figueroa, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Partido duro ante un dos mellores rivales da categoría no que ambos conxuntos tuveron que emplearse a fondo e non faltou emoción e intensidade entre a chuvia e os tronos.

A primeira parte foi para o Taragoña, que non solo entrou mellor no partido, sinón que consigueu meter en campo propio ás da Salina con xogo directo buscando sempre o perigo con Laura e a capitana Tere, así e todo as locales conseguían bater primeiro con boas transicións que Rut e Bárbara superon definir, e puideron ainda ser máis de ter mellor puntería, pero os duelos e os balóns divididos caían case sempre do bando visitante e froito deso se chegou o descanso con 2-3 no marcador.

O paso polos vestuarios foi un punto de inflexión, e nada máis arrancar a reanudación o mando virou en tono roxazul por completo, as disputas, as ocasións e os goles non deixaron dudas e o frente ofensivo da Esteirana con Bárbara asistindo e Rut facendo o que leva facendo desde o primeiro día, respaldadas por un equipo que non concedía en defensa e evitaba calquer intento de xerar dudas en area local.

Xa con 3 a 5 no casilleiro reclamarían as visitantes un penalti por un derribo claro de Gina sobre Laura, pero ó colexiado non o entendeu así. Logo, a capi, Bárbara, faría a xogada do encontro regateando e indo en velocidade cara a porteira, pero a sua picada topou co longueiro evitando un golazo; e pouco despois Rut rouba na medular para irse en velocidade e facer o sextobe definitivo que era o quinto no seu casilleiro particular.

Unha parte para cada equipo nun partido moi entretido para a numerosa asistencia no Xosé Luis Vara, dun día de tormenta no que a pegada das locales se impuxo ó oficio dun dos equipos a ter en conta para os puestos de ascenso como é o Taragoña.

Desexamos que a lesión de Terre nun hombreiro, que a sacou do encontro tras un choque na primeira parte quede en nada e poida volver canto antes como peza fundamental nesta xeira positiva do conxunto de Esteiro no noso ano de arranque“.

11 inicial: Naira, Nerea, Marta, Terre, Sara, Martina, Lara, Leti, Sandra, Bárbara e Rut.
Cambios: Gina, Dara, Lidia, Carla e Alba.

Goles : 1-0, Rut, (4´); 1-1, Laura, (9´); 2-1, Bárbara, (25´); 2-2, María Teresa, (33´); 2-3, Marina, (44´); 3-3, Rut, (49´); 4-3, Rut, (65´); 5-3, Rut, (66´); 6-3, Rut, (68´).

Incidencias : Saeu lesionada nun hombreiro Terre da Esteirana a media hora de xogo. O noso desexo de que quede só nun golpe e se recupere axiña e satisfactoriamente.

 

ED As Miúdas 7-0 Milladoiro SD

Goles : 1-0, Pati, (23´); 2-0, Sabela, (24´); 3-0, Pati, (35´); 4-0, Pati, (62´); 5-0, Pati, (83´de penalti); 6-0, Ximena, (87´); 7-0, Clara, (89´).

 

Foto de familia do Outes Feminino 2024/25.

 

Milladoiro SD 1-6 Outes FC

Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Empezaba o partido no Conchido, e como o clima empezamos un pouco frias, o campo estaba rápido e o xogo no medio campo un pouco trabado. Pero pouco a pouco o equipo empezaba a funcionar e o balón xa nos pertenecía polo que o peligro empezaba a chegar polas bandas sobre todo.

No minuto 20 chegaba o primer gol de Carla que nos dou o pouco que nos faltaba para controlar o partido. Moi atentas en defensa os balons largos do catoira, e controlando Alicia e Gema o medio campo.

No descanso Carla e Laura avanzaban no seu pique interno e os cambios que entraron no campo continuaron co bo facer do equipo.

Bo traballo por parte de todas as xogadoras do equipo, non solo das convocadas o Domingo, queremos seguir mellorando e divertindonos co gran grupo que temos“.

Goles : 1-0, Carla, (20´); 2-0, Laura, (25´); 3-0, Carla, (27´); 4-0, Laura, (30´); 5-0, Laura, (33´); 6-0, Laura, (38´); 7-0, Carla, (47´); 8-0, Carla, (56´); 9-0, Carla, (61´).

 

-CLASIFICACIÓN-

*SCDR Esteirana : 24 puntos

 Céltiga FC : 21 puntos

*Juventud Cambados : 16 puntos 

 *SD Chispa : 14 puntos

 CCD Taragoña : 13 puntos

 EFF Sonnola Portus Apóstoli : 10 puntos

 ED As Miúdas : 10 puntos

 Outes FC : 9 puntos

 CD Mosteiro : 9 puntos

10º CD Rois : 9 puntos

11º EFMC Boiro B : 6 puntos

12º Bastavales UD : 6 puntos

13º Milladorio SD : 3 puntos

14º *Catoria SD : -3 puntos

*Os equipos con asterisco teñen un encontro máis.

 

-PREVIA-

-9ª Xornada-

-22/12/2024-

EFF Sonnoia Portus Apóstoli-Juventud Cambados, ás — horas

Céltiga FCF-Outes FC, ás — horas

Catoira SDEFMC Boiro B, ás — horas

CD MosteiroCD Rois, ás — horas

Bastavales UDED As Miúdas, ás — horas

Milladoiro SDSCDR Esteirana, ás — horas

SD ChispaCCD Taragoña, ás — horas

 

AVISO : Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais porémolos na AXENDA PIRATA dos venres.

Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, 3ª da Costa, División de Honra e 1ª Galicia de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina, así coma do Depor e de todo o deporte da costa que nos chega.

 

-Fotos Outes : Dani Salgueiro

-Foto Esteirana : Fran Figueroa

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

 

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies