A volta de Barca Toba un fichaxe de luxo para o Muxía.
O Corme máis lider tralo empate do Mazaricos en Corcubión e a derrota do Juan cabrejo de Camariñas ante o filial do Bergantiños. As cormelanas teñen agora 2 puntos sobre as mazariquenses, que son segundas, e cun encontro menos as do Roncudo. Pola sua banda Ponteceso e Muxía coas suas vitorias únense a festa e engánchanse a loita por todo.
Alegranos e destacar duas voltas os terreos despois de superar sendas lesións graves de xeonllo, a de Barca Toba no Muxía, e de que maneira o fixo, acadando un “Hat-trick” na Arliña ante o Fisterra, na que foi a maior goleada da xornada cun claro 12-0 das muxianas sobre as fisterranas que chegaron con só dous recambios no banco. Barca, unha das mellores deportistas da Costa da Morte dos derradaeiros anos trunfando en deportes coma o atletismo, futsal e ciclismo en varias modalidades, ademáis de no fútbol, sufreu unha grave lesión nun xeonllo na primeira volta da tempada pasada e tras unha dura recuperación voltou pola porta grande e díxonos haberse : “sentido moi ben, ademáis sen medo a disputar o balón”, do que nos alegramos inmensamente, coma cando nós chega a volta de calquer deportista tras unha dura lesión. Tamén volveu no equipo da Vila da Barca e tras unha grave lesión de cruzado, Elsy, outro puntal máis e que supón que o equipo muxián teña duas fichaxes para o resto de campaña.
Desexarlle que sexa o mínimo posible a Irene do Cabana, que tiña que sair lesionada ante o lider, Corme, así coma as suas compañeiras, Adriana e María, que sairon con molestias.
GOLEADORAS
Os dous goles de Naroa Parga, (Corme CF), elevan a sua cifra deles 12 en 7 choques, Patri Romaní que acadaba un “Hat-trick” ante o Fisterra, sube a segunda praza do podio con 11 goles en 7encontros, e a compañeira de Naroa no Corme, Cristina Veres, xunto con Graciela Arcos do Mazaricos, pechan o terceiro escalón no podio con 9 goles cada unha, a cormelana en 7 encontros disputados e a mazariquense en 8.
PARÓN NA LIGA E ENCONTROS SUSPENDIDOS
Esta vindeira semana non haberá actividade na liga pero sí se xogarán algúns dos encontros suspendidos o pasado 24 de Novembro por mor da forte borrasca “Brest”. Neste grupo haberá un par de encontros o día 15 de Nadal, un o 24 e outro ó 29, logo quedaría tan só un que xa queda para víspera de Reis do vindeiro 2025.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
3ª GALEGA FEMININA G2
-8ª Xornada-
(01/12/2024)
Corme CF 5-0 Cabana SD
Soneira SD 2-0 Sporting Zas
UD Corcubión 1-1 CF Mazaricos
UD Cerqueda 2-0 SD A Baña
EFCC Juan Cabrejo 2-3 Bergantiños CF B
CF Muxía 12-0 SD Fisterra
SCD Pastoriza B 1-3 Ponteceso SD
-CRÓNICAS-
Corme CF 5-0 Cabana SD
Rubén Souto, (Adestrador do Corme FC) : “Partido moi difícil contra as nosas veciñas do Cabana, como sempre suelen ser os partidos contra elas, un rival que trouxo moi ben preparado o partido e que nos fixo traballar moito para conseguir a victoria. Un equipo moi ordeado a nivel defensivo que nos fixo estar incómodas durante os primeiros 30 min de partido, e con xente moi intensa arriba que amenazaba constantemente cunha boa presión e Unha posibles contras.
Ainda así conseguíamos adelantarnos cun golazo de Cris, e un roubo en presión de Naroa que pondría o 2-0 no marcador, ese segundo gol acabaría por abrir un pouco o rival e a partir de ahí sí xa que o noso xogo empezou a ser mais fluido.
Na segunda parte xa foi outro partido diferente, cun dominio mais claro en donde me gustaría destacar un paradon de Miriam a Naroa que pon de manifiesto o enorme talento da porteira do Cabana, da gusto vela xogar!!.
Desearlle Unha pronta recuperación as duas Irenes do partido, posto que tanto Irene do Cabana como a Nosa Irene saliron mancadas, esperamos e deseamos que se queden en un golpe ambas lesións e non sexa nada mais grave que un susto”.
José Manuel Vázquez, (Adestrador do adestrador do Cabana SD) : “Partido que empezou bastante igualado, cun Cabana facéndolle frente o líder, con chegadas alternas dos dous equipos ata que chegaba lesión de Irene e se desaxustou un pouco o equipo cabanés, cousa que aproveitaron as de Corme para adiantarse no marcador cun golazo de Cristina.
Volvía a golpear o Corme nunha indecisión entre porteira e defensa cabanesas que Naroa aproveitaria. Carla de penalti poñería o 3-0 antes do descanso. No segundo tempo dominio total do Corme que conseguía outros dous goles por medio de Saskia e Naroa, cas cabanesas tendo que facer dous cambios obligados ante as molestias de Adriana e María. Para rematar con todos os cambios xa feitos lesionaríase Iria o que fixo que o Cabana xogase os últimos 15 minutos con dez, e capearon o temporal como pudieron”.
Corme CF : Saskia, Aroa, Irene (Laura), Candela (Aurora), Olalla, Ana, (Salomé), Lucía, Carla (Carla Vázquez), Naroa e Cris.
Cabana SD : Miriam, Alison, María, (Antía Torres), Laura, (Begoña), Irene, (Valeria), Inma, Alejandra, Saray, (Aitana), Iria, Adriana, (Nuria).
Goles : 1-0, Cris, (23´); 2-0, Naroa, (33´); 3-0, Carla, (45´+ 2´de penalti); 4-0, Saskia, (51´); 5-0, Naroa, (80´).
O Zas caeu ante o Soneira que suma a sua segunda vitoria.
Soneira SD 2-0 Sporting Zas
Roland Caamaño, (Adestrador do Soneira SD) : “”
Ánxo Garrido, (Adestrador do Sporting Zas) : “O peor partido con diferencia do que levamos xogado, non entramos no partido en ningún momento e fomos siempre un segundo por detrás das rivais, así mismo non houbo moitas ocasións claras de gol, nós tivemos un par e non acertamos, e elas a balón parado fixeron os goles”.
Goles : 1-0, María Villaverde, (34´); 2-0, María Villaverde, (53´).
UD Corcubión 1-1 CF Mazaricos
Goles : 1-0, Sandra, (15´); 1-1, Paula, (42´en propia porta).
UD Cerqueda 2-0 SD A Baña
Goles : 1-0, Saray, (28´); 2-0, Saray, (44´).
Camariñas e Bergan B xogaron un disputado encontro.
As bergantiñanas celebraron a vitoria no “Vicente Carril”.
EFCC “Juan Cabrejo” 2-3 Bergantiños FC B
Juan Cabrejo, (Adestrador do EFCC “Juan Cabrejo”) : “Partido no que saimos durmindo durante os primeiros 25 minutos o que nos supuxo encaixar 2 goles ante un equipo que foi máis agresivo e máis contundente ca nós.
No segundo tempo reaccionamos e fomos o equipo que acostumamos a ser e conseguimos empatar o encontro e tivemos ocasión de poñernos por diante pero non acertamos. No treito final unha chegada das visitantes tras un “bote non neutral” encanxaríamos o terceiro e xa sen tempo para nada máis, o resultado sería inamovible“.
Noelia Iglesias, (Adestradora do Bergantiños FC B) : “Partido muy intenso en Camariñas.
Un gran partido del Bergan proponiendo fútbol de principio a fin. Primera parte de dominio visitante asediando el área rival, fruto de ello el primer gol pasado el cuarto de hora y el segundo, golazo de vaselina de Julia, unos minutos después. A pesar del dominio, la jugadora local de más talento, Yara, creaba peligro cada vez que le llegaba el balón y recortaría distancias marcando antes del descanso.
En la segunda parte, el Bergan siguió dominando y dispuso de diversas ocasiones para ampliar la distancia en el marcador. Pero sería otra vez Yara la que daría el empate a las locales. Con las visitantes manteniendo la posesión y el dominio, llegaría el 2-3 definitivo para darle la justa victoria al Bergantiños“.
Goles : 0-1, Carmen, (17´).; 0-2, Julia, (20´); 1-2, Yara, (40´); 2-2, Yara, (78´); 2-3, Amelia, (86´).
Elsy Mouzo volveu e xogu máis de media hora.
CF Muxía 12-0 SD Fisterra
Isma Márquez, (Adestrador do CF Muxía) : “Pouco que decir, partido solido das nosas donde o máis destacable foi a volta aos terreos de xogo de Barca e Elsy despois de duas lesións de cruzado”.
Goles : Primeira metade 5-0 : Nerea, (2), Paula, e Patri Romaní, (2). Segunda metade : Claudia, (2), Barca Toba, (3), Patri Romaní e Andrea.
As pontecesanas no Municipal de Pastoriza.
SCD Pastoriza B 1-3 Ponteceso SD
Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Partido complicado en Pastoriza no que as de Ponteceso lles costou pero finalmente foron quen de gañar. As de Curro comezaron ben o partido, xerando ocasións dende os primeiros minutos e perdoando varias ocasión manifestas de gol. O primeiro gol chegaría no minuto 17 tras unha boa acción de Muíño, quen despois volvería a provocar o 2-0. A medida que foi pasando o tempo, as xogadoras da Costa foron perdendo o ritmo mentres que as locais en ningún momento se viñeron abaixo. Isto levou a que, antes do tempo de lecer, o Pastoriza se metese no encontronun bo gol de córner.
Na segunda parte tocou sufrir. O descanso non foi suficiente para que as pontecesás melloraran o seu xogo. Foi unha segunda parte, na que con moito esforzo e compromiso de todo o conxunto, lograron manter o resultado a favor. Xa no minuto 89, a piques de acabar o encontro,a todoterreo Muíño marcaría un golazo dende 30m que nada poido facer a meta local que serveu para deixar o 1-3 definitivo no marcador.
Non foi unha xornada doada pero o conxunto de Ponteceso suma outros 3 puntos importantes para manterse nos postos máis altos e pendentes de unha xornada aprazada. Esta semana toca descansar pola Ponte da Constitución e logo esperar o enfrentamento copeiro e a visita a Cabana para rematar este fantástico ano 2024“.
Xogamos con : María, Berdeal, Myre (Laura R 90′), Ainhoa, Noe (Lara 60′), Silvia, Eva, Lago, Oanes, Muíño (Virginia 90′), Claudia.
Goles : 0-1, Andrea, (17´).; 0-2, Noa, (34´en propia porta); 1-2, Yaiza, (45´+ 1´); 1-3, Andrea, (89´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Corme CF : 21 puntos
2º *CF Mazaricos : 19 puntos
3º Ponteceso SD : 18 puntos
4º CF Muxía : 16 puntos
5º EFCC “Juan Cabrejo” : 15 puntos
6º Bergantiños FC B : 12 puntos
7º UD Corcubión : 11 puntos
8º *Cabana SD : 10 puntos
9º *Soneira SD : 7 puntos
10º *SCD Pastoriza B : 4 puntos
11º Sporting Zas : 4 puntos
12º UD Cerqueda : 1 puntos
13º SD Fisterra : 4 puntos
14º SD A Baña : 3 puntos
* Os equipos con asterisco teñen un encontro máis xogado.
PREVIA ENCONTROS SUSPENDIDOS
-7ª Xornada-
Sporting Zas-Corme CF, 15/12/2024 ás 12:00
CF Mazaricos 5-1 Soneira SD
SD A Baña-UD Corcubión, 15/12/2024 ás 17:30
Bergantiños CF B-UD Cerqueda, 29/12/2024 ás 12:15
SD Fisterra-EFCC Juan Cabrejo, 24/12/2024 ás 16:00
Ponteceso SD-CF Muxía, 05/01/2025 ás 16:30
Cabana SD 5-2 SCD Pastoriza B
-PREVIA-
-9ª Xornada-
(22/11/2024)
Corme CF-Soneira SD, ás — horas
Sporting Zas-UD Corcubión, ás — horas
–CF Mazaricos–UD Cerqueda, ás — horas
SD A Baña–EFCC Juan Cabrejo, ás — horas
Bergantiños CF B–CF Muxía, ás — horas
SD Fisterra–SCD Pastoriza B, ás — horas
Cabana SD–Ponteceso SD, ás — horas
AVISO : Os horarios e datas son oficiosos non oficiais…O venres poremos na Axenda Pirata os oficiais.
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina.
-Fotos Ponteceso : Marcos “Curro”
-Fotos SP Zas : O clube
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Comentarios : Adestradores