CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 8ª XDA DA 3ª DA COSTA : “TROCOS NO PODIO DA LIGA CO SOFÁN B COMO LIDER”.

O Cerqueda atesoura xuventude e veteranía a partes iguais.

 

O duelo da xornada era o que enfrontaba ao lider Malica contra o segundo o Volantes de Baño, co liderato en xogo. O trunfo foi para os de Baño, pero o liderato repañouno o Sofán B, que goleaba ao Laxe, (0-7), e ponse lider en solitario con un punto máis ca os muradáns e os malpicáns, que caen por golaveraxe o terceiro chanzo tras colleitar a primeira derrota do curso. Quedan como equipos invictos os rapaces do filial do Sofán e os de Baño. Non aproveitaba o Sporting Zas para apretar máis a parte alta, pois empataba co Sporting Seaia, (1-1), cortando os da parroquia malpicana unha racha de 5 vitorias seguidas dos zacenses. Si aproveitou a xornada o Cerqueda, que goleaba o Buño no derbi malpicán, 81-5), e curtaba unha xeira de dous empates seguidos que o alonxaron da cabeza.

Segundo nos vaian chegando máis comentarios iremos sumándoos as crónicas, polo que estas non quedan pechadas.

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047

 

3ª DA COSTA

-8ª Xornada-

-03/11/2024-

Atlético Pereiriña FC 2-2 CF Muxía B

Sporting Seaia CF 1-1 Sporting Zas

SD Oza 5-2 SD Camelle

CD Nantón 1-4 CD Baiñas

SCD Buño 1-5 UD Cerqueda

SD Laxe 0-7 SD Sofán B

Volantes de Baño FC 3-0 SCD Malpica

Descansa : Inter de Brens

 

 

-CRÓNICAS-

 

Atlético Pereiriña FC 2-2 CF Muxía B

.Goles : 0-1, Adrián, (3´); 1-1, Carlos Antelo, (17´); 2-1, Mario, (29´en propia porta); 2-2, Martín, (44´).

 

O Zas atragantouselle o Seaia.

 

Sporting Seaia CF 1-1 Sporting Zas

Rubén Forján, (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido que empeza, con algo mais de control do Zas nos primeiros minutos , nos que con bos cambios largos de banda, facemos daño as espaldas dos laterales do seais

Logo desto moito xogo no medio campo sin levar o control do partido ningún dos 2 equipos, hasta que na accion do gol do seaia, viña disputando o balon Darío co delantero do seaia , na que pide o balón Pereiras e falla no calculo do balón e falla na salida pasandolle por encima del marcando o Seaia
Chegamos perdendo 1-0 o descanso

Despois do descanso, cambiamos e metemos a Pablo de mediocentro defensivo , adiantando a Adri Rama , con eso ganamos mais profundidad e empezamos a encerrar mais o Seaia , hasta que nun barullo na area, Andres consigue empatar
Seguimos coa misma dinamica, apretando arriba , e perdonamos unha internada boa por banda de Andres que falla Mauro co porteiro xa superado eno segundo pau”.

Goles : 1-0, Iván, (34´); 1-1, Andrés, (72´).

 

SD Oza 5-2 SD Camelle

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Arrancaba como un vendaval o Oza con moita rapidez desplazando os balóns en longo, a espalda dos noso defensas e fariannos moito dano, cando parecía que lle puxeramos fin a eso marcaríannos dous goles en case idénticas xogadas, e con máis “INRI”, con sendos fallos nosos, parA non variar. Nós tamén dispuxemos de algunha ocasión clara pero non demos acertado.

A segunda parte empezaría igual, e un balón entre a defensa o Oza metería o 3-0, e o 4-0 sería nunha xogada parecida. Tentamos levantar a cabeza pero encaixaríamos o 5-0, ainda así dispuxemos de ocasións, pero Lucas non andivo acertado e Sandro tamén mandaría un balón o pao. Non baixamos a cabeza e nos derradeiros 10 minutos seríamos capaces de facer dous goles, donde esta vez Lucas si acertou”. Xogamos con : David Caamaño, Martin, Ruso, David V, Paulo, Chans, Estiben, Pastelero, Sandro, Gaby e Lucas. E tamén xogaron : Makareno, Kampi, Huchiño, Óscar e Moha.

Goles : 1-0, Mohamed, (36´); 2-0, Abib, (39´); 3-0, Saad, (46´); 4-0, Saad, (57´); 5-0, Nacho Pose, (62´); 5-1, Lucas “Panadeiro”, (71´); 5-2, Lucas “Panadeiro”, (85´).

 

SCD Buño 1-5 UD Cerqueda

Adrián “Gurita”, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido no que fomos dominadores das ocasions e do xogo os 90 minutos. Estivemos muy ben en todas as líneas e non perdoamos como nos pasou noutros partidos, o resultado puido a ver sido ainda máis abultado pero o porteiro do Buño fixo un partidazo”.

Goles : 0-1, Salah, (2´); 1-1, Mateo, (17´en propia porta); 1-2, Marcos, (21´); 1-3, Salah, (46´); 1-4, Salah, (60´); 1-5, Marcos, (83´).

 

SD Laxe 0-7 SD Sofán B

Goles : Moreno, (8´de penalti, e de xogada no 30´e 65´); Tacko, (20´, 75´ de xogada e no 77´de penalti); Breogán, (60´).

Volantes de Baño FC 3-0 SCD Malpica

Goles : 1-0, Hugo, (30´); 2-0, Raúl Lestón, (32´); 3-0, Borja, (94´de penalti).

 

CD Nantón 1-4 CD Baiñas

Adrián Varela, (Adestrador do CD Nantón) : “Entramos moi mal o partido encaixando gol xa na primeris xogada do rival… unha primeira parte na que estivemos moi lonxe do nivel que viñamos dando nos partidos da casa. Eso costounos ir 0-2 en contra xa no minuto 25. Antes do descanso Dani Añón marcou o 1-2 cun golazo pola escuadra que nos daba un empuxonciño cara adiante. Javi e Benbe tiveron duas ocasións antes do descanso pero non houbo acerto.

Na Segunda parte mais do mismo, o equipo non era capaz de estar comodo e encaixamos o 1-3 nunha mala transicion defensiva. A partires de aí cambiamos o sistema e empezamos a estar algo mellor con ocasións de Añón, Yago e Josué pero non era o día. Primeira parte moi superior o Baiñas e na segunda xa se equilibrou todo bastante máis”.

Goles : 0-1, Moreira, (1´); 0-2, Anibal, (25´); 1-2, Añón, (40´); 1-3, Joel, (57´); 1-4, Joel, (61´).

 

Descansou : Inter de Brens

 

+++++

 

-CLASIFICACIÓN-

 *SD Sofán B : 22 puntos

 Volantes de Buño FC : 21 puntos

 SCD Malpica : 21 puntos

4º Sporting Zas : 17 puntos

 UD Cerqueda : 15 puntos

  Atlético Pereiriña FC : 10 puntos

 *SD Oza : 8 puntos 

*Inter de Brens : 8 puntos

 *SCD Buño : 7 puntos

10º CD Baiñas : 7 puntos

11º *Sporting Seaia CF : 7 puntos

12º SD Camelle : 5 puntos

13º *CD Nantón : 4 puntos

14º *CF Muxía B : 4 puntos

15º *SD Laxe : 2 puntos

*Asterisco: Os equipos con asterisco teñen un encontro menos disputado.

 

-Foto Sp Seaia-Sp Zas : Sporting Zas

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/ Adestradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies