CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 7º XDA DA 3ª DA COSTA . “OS DE ARRIBA SELLAN OS SEUS ENCONTROS CON GOLEADAS”

Gran partido do Zas no San Andrés ante o Pereiriña.

 

Xornada moi prolífica en goles cun total de 41, con varias goleadas coma a do Zas sobre o Pereiriña, con Raúl Corzón como máximo artilleiro con 3 goles dos 7 que marcou o seu equipo, e que fai que sexa o máximo goleador da liga con 12 en 7 encontros. Tamén se apuntou o “Hat-trick”, Raúl Lestón na goleada do seu equipo o Inter de Brens, 80-5), pero o máis realizador da xornada foi Adrián Vázquez do Sofán B, que sumou 4 no 7-1 sobre o Buño, e xa suma 10 en 7 encontros que disputou. Outra das goleadas acadouna o Malpica sobre o Laxe, (6-0), para seguir liderando a clasificación con, (por órde), Sofán B, Volantes e Sporting Zas, por detrás. Descólgase o Cerqueda, que protagonizou co Nantón o único encontro sen goles. Dos de abaixo, e que escala postos, a outra goleada foi a do Oza sobre o Baiñas, (3-6).

Segundo nos vaian chegando máis comentarios iremos sumándoos as crónicas, polo que estas non quedan pechadas.

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047

 

3ª DA COSTA

-7ª Xornada-

-27/10/2024-

Sporting Zas 7-4 Atlético Pereiriña FC

SD Camelle 0-2 Sporting Seaia CF

CD Baiñas 3-6 SD Oza

UD Cerqueda 0-0 CD Nantón

SD Sofán B 7-1 SCD Buño

SCD Malpica 6-0 SD Laxe

Inter de Brens 0-5 Volantes de Baño FC

Descansa : CF Muxía B

 

-CRÓNICAS-

 

Sporting Zas 7-4 Atlético Pereiriña FC

Rubén Forján, (Adestrador do Sporting Zas) : O encontro comezou de xeito accidentado para o Zas, con Marcos sendo penalizado durante a revisión inicial e deixando o equipo con 10 xogadores. Nunha xogada polémica, ao reincorporarse Marcos sen ter todo en orde, o colexiado sinalou falta e cartón amarelo, e nesa mesma xogada, o Pereiriña aproveitou para marcar o seu primeiro gol, poñéndose por diante no marcador.

Este golpe inicial pareceu espertar o Zas, que mostrou unha reacción contundente durante os seguintes 25 minutos. Aproveitando unha serie de boas xogadas, o equipo logrou un dominio absoluto, que se traduxo nunha racha de seis goles consecutivos, poñendo un impresionante 6-1 no marcador. O Pereiriña, desbordado, fixo un triple cambio para intentar recuperarse, e lograron certa melloría, aproveitando un momento de relaxación do Zas para marcar un segundo gol xusto antes do descanso, pechando a primeira metade cun 6-2 a favor dos locais.

No segundo tempo, o Pereiriña regresou con máis forza e controlou mellor o xogo. Nunha desafortunada acción, Fran marcou en propia meta, recurtando distancias a un 6-3. Pouco despois, Raúl, tras converter o segundo penalti do partido, selou o seu hat-trick e puxo o 7-3 no marcador. Finalmente, Brais anotou para o Pereiriña, pechando o marcador cun definitivo 7-4.

O Zas demostrou un gran nivel durante os primeiros 25 minutos, pero foi o Pereiriña quen dominou gran parte do segundo tempo”.

.Goles : 0-1, Diego Oca, (1´); 1-1, Raúl Corzón, (6´); 2-1, Andrés, (12´); 3-1, Adrián, (13´); 4-1, Raúl Corzón, (15´de penalti); 5-1, Andrés, (21´); 6-1, Redondo, (24´); 6-2, Carlos, (40´); 6-3, Fran Gavín, (53´en propia porta); 7-3, Raúl Corzón, (69´de penalti); 7-4, Brais, (83´).

 

SD Camelle 0-2 Sporting Seaia CF

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Primeira parte de imprecions q nos costaron 2 goles, o primeiro apenas ian 5 min, e un tiro lonxano, convertese nunha asistencia no q o Seaia remato so ante a pasivibidade da nosa defensa, chegariamos moito e con boas ocasions, pero algunhss irianse fora e sobre todo o porteiro con grandes paradas desbaratabaas, nun saque de banda o rechace qedalle o xogador dentro da area e outra vez só, remata cruzado batendo o porteiro, apretariamos ata o descanso pero sin consecuencias. No descanso teriamos que cambiar o porteiro por lesion e situariase un xogador de campo.
A segunda parte foi dominada por nos, so tirarian con perigo a porta unha falta q parou o porteiro, os 20 min qedariamos cun home menos, pero a verdade e q non nos afectou, seguimos chegando e apretando, pero o marcador non se moveria”. Xogamos de inicio con : Joel, Pastelero, Raiku, Dido, Chans, David V, Estiben, Fabian, Sandro, Kampi, e Lucas. Tamén xogaron : Ruso, Huchiño, Gabi, Sergio e Óscar.

Incidencias : O árbitro Diego Grille, expulsou no Camelle a Carlos de Dido no 68 con vermello direto e no Seaia, Martín Costa con dobre cartón, (49´e 94´).

Goles : 0-1, Manuel, (5´); 0-2, Diego, (28´).

 

UD Cerqueda 0-0 CD Nantón

Adrián “Gurita”, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Foi un partido no que debido as númerosas ocasións que fomos creando durante os 90 minutos tíñamos que haber gañado. Pero non estivo nin o acerto nin a sorte do noso lado, a seguir traballando e mellorando”.

Adrián Varela, (Adestrador do CD Nantón) : “Partido de moito centrocampismo con poucas ocasións nas duas áreas, no que creo que o o empate foi un resultado moi xusto polo visto no campo. Unha primeira parte un pouco mellor o Cerqueda pero sin perigo, a excepción dun remate de Suso qe roza o pau, e unha boa parada de Jose, o noso porteiro. Nós tamén tivemos unha nun remate de Javi e outra con Miki que saca o defensa…Partido pouco vistoso para o aficionado e sin demasiadas ocasións nas áreas”.

Goles : 0-0

 

Sofán B 7-1 SCD Buño

Goles : 1-0, Adrián, (5´); 2-0, Ismael, (12´); 2-1, Hugo, (22´); 3-1, Adrián, (52´); 4-1, Ismael, (55´); 5-1, Rubén, (75´); 6-1, Adrián, (82´); 7-1, Adrián, (86´).

 

CD Baiñas 3-6 SD Oza

Goles : 1-0, Raúl, (22´); 2-0, Joel, (30´); 2-1, Ignacio, (35´); 2-2, Ignacio, (41´); 2-3, Mohamed, (47´); 3-3, Manuel, (76´); 3-4, Nicolás, (79´); 3-5, Hamza, (82´); 3-6, Nicolás, (90´).

.

SCD Malpica 6-0 SD Laxe

José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Laxe) : “O Laxe é un equipo totalmente novo, só quedan tres do ano pasado, e conseguiuse facer equipo gracias a chavales e non tan chavales de fora, que viñeron botar unha man para que este club histórico da costa non desaparecese. Polo que nos está costando, adaptarnos uns a outros, cousa que co paso dos partidos iremos collendo. Encontrámonos con un equipo que demostrou porque vai primeiro, e na primeira metade, por parte deles moi boa e algo floxa pola nosa, conseguiron sentenciar o partido cun 5-0, quizais algo abultado. Na segunda aguantamos mellor, e defendemos cun pouco máis de intensidade. O sexto gol deles foi no derradeiro minuto no rexeite dun corner en propia. A seguir traballando para mellorar”.

Goles : 1-0, Aday, (5´); 2-0, Fran Montes, (8´); 3-0, Ferreiro, (30´); 4-0, Fran García, (33´); 5-0, Diego, (36´); 6-0, Samuel, (80´).

 

Raúl Lestón co “Hat-trick” xa suma 7 goles en 5 encontros.

 

Inter de Brens 0-5 Volantes de Baño

FaceBook Inter de Brens : “Un partido que sabíamos dende un principio que iba ser moi difícil contra un rival que viña de gañalo todo. Pero esto non impediu que os nosos salisen ao terreo centrados e motivados a máis non poder. Fomos ao descanso cun 0-2 en contra,mais sabendo o bo traballo que estabamos facendo( sobre todo a nivel defensivo) e cos mentalidade de darlle a volta ao resultado na segunda parte.

Retómase o xogo e seguimos igual de enchufados que dende o principio. No minuto 52,debido a unha disputa no campo,no extremo Evaristo sería expulsado e quedaríamos con 10. Seguimos peleando ben,pero o Volantes coa sua experiencia e demostrando o equipo que son,souperon aproveitar esta situación e anotarnos 3 goles máis. Un resultado que creemos que non reflexa de todo o que foi o partido.
Orgullosos dos nosos e vamos con todo a polo próximo partido!!!”.

.

Goles : 0-1, Raúl Lestón, (20´); 0-2, Raúl Lestón, (40´); 0-3, Hugo, (59´); 0-4, Borja, (74´); 0-5, Raúl Lestón, (80´).

Incidencias : O árbitro Alejandro, expulsou no Inter de Brens con dobre cartón a Evaristo, (52´ e 52´).

 

Descansou : CF Muxía B

 

+++++

 

-CLASIFICACIÓN-

 SCD Malpica : 21 puntos

*SD Sofán B : 19 puntos

  Volantes de Buño FC : 18 puntos

4º Sporting Zas : 16 puntos

 UD Cerqueda : 12 puntos

  Atlético Pereiriña FC : 9 puntos

 Inter de Brens : 8 puntos

*SCD Buño : 7 puntos

 *Sporting Seaia CF : 6 puntos

10º *SD Oza : 5 puntos 

11º SD Camelle : 5 puntos

12º *CD Nantón : 4 puntos

13º CD Baiñas : 4 puntos

14º *CF Muxía B : 3 puntos

15º *SD Laxe : 2 puntos

*Asterisco: Os equipos con asterisco teñen un encontro menos disputado.

 

-Foto e vídeo Sp Zas-Pereiriña : Sporting Zas

-Foto Raúl Lestón : César Lestón

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/ Adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies