CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 7ª XORNADA NOS DOUS GRUPOS DA LIGA DA COSTA QUE LIDERAN UNHA SEMANA MÁIS ESTEIRANA E CABANA.

LIGA DA COSTA

Golpe de autoridade do Cabana no derbi co Nantón, (Grupo 1B).

 

-GRUPO 1 A-

7ª Xornada

Domingo 12 de Nadal 

SCDR Esteirana 1-0 Outes CF

Hora : 16:30

Campo : “Xosé Luis Vara”, (Esteiro)

Colexiado : Adrián Casal Barreiro. Amosoulle un carón amarelos aos locais e 2 amarelos e un vermello direto aos visitantes.

O equipo de Esteiro levouse o derbi ante o Outes cun tanto de Pablo Rama aos 50 minutos de xogo, para seguir liderando este grupo. Choque moi disputado de principio a fin, e no que os outeses terían que xogar cun menos por expulsión de Sergio no 73.

 

CD Baiñas 1-2 Camariñas FC

Hora : 16:30

Campo : “Municipal de Vimianzo” 

Colexiado : Pablo Rama Cotelo. Amosoulle un cartón ao visitante, Mario Suárez.

 Gran primeira metade dos camariñáns que se poñían 0-2 con goles de Soule, (5´e 30´). Na segunda metade tocoulle aos baiñeses que acurtaban distanzas no 53 por medio de Carlos Antelo, e buscaron a igualada con insistencia ante un Camariñas ben pechado e buscando as contras e o balón parado para matar o encontro. Mantén con esta vitoria o equipo camariñán a presión o lider Esteirana, a 2 puntos.

 

CF Lira –Muxía CF

Hora : 16:30

Campo : “Lombáns”, (Carnota)

Colexiado : Iván Vilanova Antelo. Amosoulle un cartóna amarelo aos locais e 7 aos visitantes, dous deles e conseguinte expulsión o delegado do equipo muxián, Luis Romaní.

Por duas veces se puxo por diante o equipo liracho e por duas veces consigueu empatar o equipo muxián, que se levaba os 3 puntos no desconto. Encontro moi trabado na segunda metade con moitos cortes no xogo por faltas e aí soubo nadar mellor o equipo da Vila da Barca. Adiantábanse os locais por medio de Fran no primeiro minuto de xogo da segunda metade, e se na primeira metade non se movera o marcador, ao minuto de haber aberto a conta goleadora o equipo de Lira, empataba para os muxiáns, Manu Nogueira, (47´). Poñía de novo por diante os locais, Diego, (73´) e voltaba a poñer as táboas no marcador, Manu Nogueira, (84´). O gol da vitoria dos de Muxía chegaba por medio de Abel no desconto.

 

UC Cee 2-2 UD Monte Louro

Hora : 12:00

Campo : “Sampaio de Refoxos”, (Xallas-Cee)

Colexiado : Adrián Pérez Rellán. Amosoulle un cartón amarelo aos locais e 2 aos visitantes.

A piques esrivo o equipo lourés de sumar a sua primeira vitoria nun choque no que comezaba perdendo cun gol en propia porta de Manuel Chouza aos 26 minutos de xogo. Non era ata o 66 cando conseguían o empate por medio de Iker Lado, e chegaba a remontada no 80, obra de David Lestón, pero o xarro de auga chegaba no descotno, cando José Carlos batía a Juan Lado, para subir as táboas o marcador.

 

Descansa : CD Muros

 

Clasificación

 

GRUPO 1 B

7ª Xornada

Domingo 12 de Nadal 

SD Coristanco 3-2 SD Castríz

Hora : 16:45

Campo : “A Rocheira”, (San Paio-Coristanco)

Colexiado : Luis M. Ínsua Lago. Amosoulle 2 cartóns os locais e 3 os visitantes.

Encontro moi disputado e no que trala igualdade da primeira metade na que se adiantaban os coristanqueses cun tanto en propia porta do visitante, Saúl, (3´), empataban a media hora de xogo os xalleiros por medio de Fabián. Tres minutos despois Mario poñía por diante de novo os de Coristanco, (33´), resultado co que se ía o descanso. Jonathan pasada a hora de xogo facía o 2-1, (62´) e Samuel no 77 poñíalle picante o treito final do choque, con resultado incerto ata o pitido final.

 

SD Buño 2-0 SCD Malpica

Hora : 12:15

Campo : “Xaviña”, (Buño)

Colexiado : Juan Marcos Ríos Suárez. Non amosou ningún cartón aos locais, por 3 amarelos os visitantes.

Derbi trepidante que se levou o propietario do Xaviña, cun gol de Omar no 31, e outro de Yago no 96.

 

SD San Lorenzo 0-0 UD Cerqueda

Hora : 16:00

Campo : “As Pedreiras”, (Verdillo-Carballo)

Colexiado : Luis M. Ínsua Lago. Amosoulle 1 cartón amarelo aos locais e 4 aos locais, dous deles a Dani García, (75´e 87´), tamén foi expulsado por vermello direto o adestrador visitante, Guillamet.

Perdeu comba cos de arriba o equipo de Berdillo ao non ser capáz de superar a un Cerqueda que se quedaba en inferioridade no treito final e que se defendeu con unllas e dentes, para levarse 1 punto dun dos campos fortes da liga.

 

Cabana SD 6-2 CD Nantón

Hora : 16:30

Campo : “As Redondas”, (Cánduas-Cabana)

Colexiado : Bruno Méndez Castro. Non sacou ningún cartón.

Golpe de autoridade do lider Cabana que non deixou reaccionar ao veciño Nantón, no derbi cabanés, e chegando a poñerse 6-0, intre no que baixou o pedal e chegarpn os dous goles visitantes. Marcaron polo Cabana ; Diego, Aarón e Romero, na primeira metade, así coma un gol en propia porta de Pablo, (o 2-0). Na segunda metade marcaron, de novo Romero e Simón. Os goles nantoneses chegaron por medio de Diego e Souto, este último de penalti no 83´.

 

Descansa : Sporting Zas

 

 Clasificacións 

 

-Foto : piratasdemuxia

-Texto : piratasdemuxia