CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 7ª XDA DA LIGA DA COSTA : “XALLAS E BAIO ÚNENSE A ZONA DE LOITA POR TODO NA QUE SIGUE MANDANDO O CAMARIÑAS”.

O Camariñas venceu no “Eleuterio Balayo”.

 

O Camariñas derrota o Muros a domicilio, (0-2), con un Djibril que comanda a táboa de goleadores con 9 en 7 encontros, e aguanta a presión dos perseguidores no máis alto. Non fallaba o Monte Louro, na sua visita ao Porteño, (2-4), onde deixou o banco Jesús Cousillas, (gracias por tódalas suas colaboracións e sorte), e tampouco o facía o Xallas, que se encarama a terceira praza gracias a sua vitoria e a derrota do Soneira en Ponteceso, (3-0). O sábado o Baio na sua escalada das derradeiras xornadas, derrotaba o Mazaricos, (0-3), e xa está no grupo de cabeza. Por abaixo hai troco de colista, pois a derrota do Cee en Santa Comba, (6-2), unida a primeira vitoria do Corcubión, fai que os ceenses toquen o fondo da fosa, lugar no que non é normal velo.

As crónicas iremos completándoas segundo nos cheguen máis comentarios dos adestradores ou colaboradores de equipos.

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047

 

LIGA DA COSTA

-7ª Xornada-

-27/10/2024-

Cabana SD 3-1 Corme CF

CD Muros 0-2 Camariñas FC

Outes FC 5-2 SD Coristanco

CF Lira 1-2 UD Corcubión

CF Mazaricos 0-3 CD Baio, CRÓNICA

Ponteceso SD 3-0 Soneira SD

CF Porteño 2-4 UD Monte Louro

Xallas 6-2 UC Cee

 

-CRÓNICAS-

 

 

Cabana SD 3-1 Corme CF

Óscar “Mingui”, (Adestrador do Cabana SD) : “Empezamos o partido envaixando xa no minuto 8 un gol que supuxo un mazazo para nós. O equipo non estivo cómodo en toda a primeira parte cun Corme levando o control total do partido. Eles tiveron un par de ocasions claras nas que o longueiro nunha e Manu cunha boa intervención evitarían o segundo. Nós ainda sen estar Ben con balón tamen gozamos de varias ocasions para poder empatar pero co 0-1 chegariamos ó descanso.

Na segunda parte cambiaríamos o partido totalmente e xa nos parecemos o Cabana de outros partidos, dominando o partido totalmente en busca do empate ata que o conseguimos cun golazo de falta de Aarón, despois anulariannos un gol a Mario por fora de xogo e Ferreiro enviaría alto un disparo na área pequena. Foi clave a expulsión de Aitor tamén porque o quedarnos con 2 máis no campo ainda buscamos con mais claridade o segundo gol que o faria Pablo rematando un Bo centro de Aarón. Co 1-1 eles tiveron un par de contras peligrosas tamén. Xa no desconto Ferreiro remararia moi ben unha falta lateral poñendo o definitivo 3-1″. No noso equipo xogaron : Manu, Mario, (David), Noé, Ferreiro, Aarón, Nando, (Simón), Miki, Moreno, Castro, (Pablo), e Manu Borneiro.

Goles : 0-1, Yago, (6´); 1-1, Aarón, (75´); 2-1, Pablo Pose, (86´); 3-1, Sergio, (desconto).

Incidencias : O colexiado Óscar Rey expulsou con dobre cartón o cormelán, Aitor, (66´e 70´).

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, coma sempre no whatsapp : 626720047

 

CD Muros 0-2 Camariñas FC

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Victoria en Muros nun partido onde dominamos dende o pitido inicial creando ocasións e chegando moitas veces (duas delas irían os paus) a àrea rival pero non éramos capaces de marcar chegando ao descanso có 0-0 inicial.
Na segunda parte mais do mesmo, dominamos ante un muros q quería sair a contra. Chegaría o primeiro gol de penalti e a partires de aí o Muros estirouse mais en ataque e que fixo q chegàramos con mais claridade e así conseguimos o segundo gol que a postre sería o do resultado final”.

Goles : 0-1, Djibril, (69´de penalti); 0-2, Djibril, (83´).

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, coma sempre no whatsapp : 626720047

 

Outes FC 5-2 SD Coristanco

Goles : 1-0, Sergio, (26´); 1-1, Daniel Vázquez, (32´); 2-1, Martín, (38´); 3-1, Nicolás, (51´); 3-2, Joaquín, (63´); 4-1, Iván Lago, (68´); 5-2, Sergio, (78´).

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, coma sempre no whatsapp : 626720047

 

CF Lira 1-2 UD Corcubión

Isidro Trillo, (2º Adestrador do UD Corcubión) : “Unha primeira parte con dominio do Corcubión en todos os aspectos do xogo, con un bo fútbol e tendo todas as acasións de gol, pero non conseguimos marcar. Na segunda igual tendo o dominio do partido e fallando ocasións ata que no minuto 30 Iago facía o primeiro da tarde a pase de Cesar Lojo, e 3 minutos máis tarde marcaría o Lira o empate nun corner, e xa no tempo de desconto César Lojo facía un golazo de media chilena, poñendo o 1-2. O Lira tivo unha ocasión o final con unha gran parada de Bruno, e asi acabaría o partido con vitoria moi merecida do Corcubión”.

Goles : 0-1, Iago Lema, (68´); 1-1, Fran González, (70´); 1-2, César Lojo, (92´).

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, coma sempre no whatsapp : 626720047

 

CF Mazaricos 0-3 CD Baio

Goles : 0-1, Martín MC, (8´); 0-2, Aitor, (10´); 0-3, Muiño, (31´).

Crónica do pasado sábado : PREME AQUÍ

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, coma sempre no whatsapp : 626720047

 

SD Ponteceso 3-0 Soneira SD

Julio Vila, (Adestrador do Ponteceso SD) : “A espera do comentario“.

Goles : 1-0, Eloy, (13´); 2-0, Eloy, (40´); 3-0, Eloy, (42´).

Incidencias : O colexiado David Vázquez expulsou con dobre cartón pontecesán, Martín, (69´e 90´).

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, coma sempre no whatsapp : 626720047

 

CF Porteño 2-4 UD Monte Louro

Goles : 1-0, Alan, (28´); 1-1, Iker, (39´); 1-2, Miguel Verán, (56´); 1-3, Iker, (60´); 2-3, Alan, (68´); 2-4, David, (96´).

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, coma sempre no whatsapp : 626720047

 

Xallas FC 6-2 UC Cee

Bruno Prego, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido no cal empezamos moi espesos e faría que 2 errores nos 10 primeiros minutos o Cee se puxera 0-2. Acto seguido cambiamos o sistema e comezamos a aumentar o ritmo de xogo, facendo unha presion alta e generando ocasions. Doro recurtaría distancias logo dun man a man e tamen marcaría o gol do empate logo dun centro lateral. Antes do descanso Ruben Blanco poñerianos por diante no marcador.

Na segunda parte estivemos mais comodos e pronto chegaría o 4-2 por obra de Fidi e a partir dese momento o ritmo do encontro baixou moito. O quinto gol obra de Erre e o sexto de novo o capintan Doro que completaría asi o seu terceiro gol na sua conta personal deste encontro”.

Goles : 0-1, Sergio, (2´); 0-2, Sergio, (11´); 1-2, Doro, (18´); 2-2, Doro, (26´); 3-2, Rubén Blanco, (34´); 4-2, Iván, (42´); 5-2, Erre, (55´); 6-2, Doro, (80´).

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, coma sempre no whatsapp : 626720047

 

-CLASIFICACIÓN-

-7ª Xornada-

 Camariñas CF : 19 puntos

 UD Monte Louro : 15 puntos

 Xallas FC : 14 puntos

 SD Soneira : 13 puntos

CD Baio : 13 puntos

 Corme CF : 12 puntos

 Ponteceso SD : 10 puntos

 SD Coristanco : 10 puntos

 CF Lira : 8 puntos

10º CF Mazaricos : 8 puntos

11º Cabana SD : 7 puntos

12º CF Porteño : 6 puntos

13º Outes FC : 3 puntos

14º CD Muros : 5 puntos

15º UD Corcubión : 5 puntos

16º UC Cee : 4 puntos

 

-PREVIA-

-8ª Xornada-

-03/11/2024-

Corme CF-Xallas

Camariñas FC-Cabana SD

SD Coristanco-CD Muros

UD Corcubión-Outes FC

CD Baio-CF Lira

Soneira SD-CF Mazaricos

UD Monte Louro-Ponteceso SD

UC Cee-CF Porteño

 

Vídeo . Óscar “Mingui”

-Foto :Dulce Corcu

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies