CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 7ª XDA DA LIGA DA COSTA : “O MAZARICOS EMPATÁTALLE O XALLAS E PON NUN PUÑO A CABEZA DA TÁBOA”.

LIGA DA COSTA
7ª xornada 
Domingo 26/10/2025

Outes FC 2-3 UD Corcubión

SCD Malpica 2-1 Sporting Zas

Cabana SD 2-4 CF Corme

CF Porteño 8-1 CD Muros

CD Baio 4-0 Soneira SD

CF Mazaricos 2-2 Xallas FC

UD Monte Louro 1-2 SD San Lorenzo

Ponteceso SD 0-1 SD Sofán “B”

 

CRÓNICA XERAL

A sétima xornada da Liga da Costa deixou emoción, goles e algunhas sorpresas. O UD Corcubión asaltou o Conchido cun 2-3 ante o Outes FC, nun dos grandes encontros da xornada. O Porteño CF, pola súa banda, asinou unha auténtica exhibición ao golear por 8-1 ao CD Muros, no marcador máis abultado do domingo.

O CD Baio mantense firme na parte alta tras un sólido 4-0 ante o Soneira SD, nun derbi que non hai moito se xogaba na Primeira Futgal, mentres que o SCD Malpica continúa a súa boa dinámica e sigue segundo, logo de vencer por 2-1 ao Sporting Zas.

O CF Mazaricos empatoulle o Xallas FC (2-2), que sufreu cun home menos e fai que Malpica e Baio se lle aproximen na loita pola primeira praza, mentres que o UD Monte Louro caeu pola mínima fronte ao SD San Lorenzo (1-2) nun duelo moi equilibrado.

O Cabana SD caía ante un CF Corme que chegaba con moitas baixas e o porteiro xuvenil Jabel baixo paus e o Ponteceso SD caía nun choque con polémica ante o SD Sofán “B”.

O Xallas FC segue como líder agora cun punto de vantaxe sobre o SCD Malpica, mentres que o CD Baio completa o podio a só dous da cabeza. Pola parte baixa, Cabana SD e CF Mazaricos seguen sen atopar o camiño e pechan a clasificación xunto ao Soneira SD, que volveu caer con claridade.

A igualdade é máxima no grupo medio da táboa, con varios equipos separados por apenas un par de puntos.

CRÓNICAS

Outes FC 2-3 UD Corcubión

Partido aberto e emocionante no Conchido que podería caer para calquera dos dous bandos. O Corcubión presentouse con moitas baixas e só dous cambios dispoñibles, pero resistiu e levou os tres puntos nun final axustado. Rama marcou o primeiro e máis tarde devolveulles a estreita vantaxe aos seus cun tiro desde lonxe; o Outes apurou ata o final, pero non foi quen de empatar.

Goles: 0-1, Rama (14’); 1-1, Keko (42’); 1-2, Rama (51’); 1-3, Mario (52’); 2-3, Hugo (55’).

Isidro Trillo (2º adestrador UD Corcubión):
“Partido que puido gañar calquera. Nós chegamos con moitas baixas, con tan só dous xogadores para cambios; a maioría das baixas eran de xogadores titulares. Empezamos mellor nós, pero logo o Outes foi moi superior con ocasións moi claras, unha delas ao pau. Adiantámonos cun gol de Rama ao cuarto de hora e antes do descanso un gran gol de falta que deu no longueiro e entrou, golazo para o empate.

Nada máis comezar a segunda metade, aos poucos temos un roubo de balón; Rama viu o porteiro adiantado e pégalle desde lonxe para facer o 1-2, e non tardou o 1-3 na seguinte xogada por medio de Mario. O Outes seguiu tendo ocasións, fixo aos poucos o 2-3 e buscaron empatar ata o final, pero finalmente vitoria sufrida, coa que non contábamos antes de comezar o partido; foron tres puntos máis para o casilleiro.”

SCD Malpica 2-1 Sporting Zas

Partido intenso no que o Malpica impuxo a súa efectividade nos momentos claves. O Sporting Zas adiantouse e os locais deron a volta antes do descanso. As expulsións e as tensións marcaron os momentos finais.

Goles: 0-1, Salah (13’); 1-1, Ferreiro (28’); 2-1, Ferreiro (45’).

Incidencias: Expulsado con vermello directo o xogador local Crístian no minuto 96. Nos visitantes, Joel viu o segundo amarelo no minuto 95 e foi expulsado, e tamén ese minuto foi expulsado o compañeiro Martín. No descanso houbo un vermello directo ao delegado visitante, Pereiro.

Cabana SD 2-4 CF Corme

O Corme controlou o choque e sentenciou na segunda metade, aínda que o Cabana puxo ganas e recortou coa entrada no tramo final. Os goles foron principalmente obra dos visitantes, que non lle deron opcións ao conxunto local ata os minutos de descontos.

Goles: 0-1, Yago (21’); 0-2, Israel (30’); 0-3, Borja Torrado (55’); 0-4, Israel (70’); 1-4, Brais (82’); 2-4, Brais (89’).

CF Porteño 8-1 CD Muros

Gran goleada do Porteño que explotou todas as feridas do Muros. Un inicio demoledor puxo o choque de cara moi cedo e os visitantes non puideron conter a avalancha de goles. 

Goles: 1-0, Francisco ( propia porta) (3’); 2-0, Juan Paredes (4’); 3-0, Brais (6’); 3-1, Daniel (35’); 4-1, Rodrigo (40’); 5-1, Bruno (45’); 6-1, Darío (56’); 7-1, Martín (57’); 8-1, Baba (66’).

Incidencias: Segundo o acta da RFGF foi expulsado con vermello directo Ramón Lago no minuto 74, nese minuto aparece como o do seu troco.

CD Baio 4-0 Soneira SD

Derbi dominado polos locais, que aproveitaron a súa pegada na reanudación para sentenciar e despedir momentaneamente o Platas Reinoso antes das obras de mellora no céspede e outras. O Soneira non tivo respostas no tramo final.

Goles: 1-0, José Souto (52’); 2-0, José Pazos (84’); 3-0, Rubén (85’); 4-0, Fernando (94’).

CF Mazaricos 2-2 Xallas FC

Choque trepidante e remontada parcial do Xallas que sufriu un expulsión pouco antes do final. O Mazaricos tivo premio polos seus empuxe no tramo decisivo, pero os de Santa Comba rescataron un punto cun gol rápido logo do penalti en contra, cunha resposta rápida como xa pasara tras ebncaixar o 1-0.

Goles: 1-0, Bryan (57’); 1-1, Sergio (58’); 2-1, Kevin (75’, penalti); 2-2, Alberto Jallas (77’).

Incidencias: O Xallas xogou cun menos desde o minuto 73 tras a expulsión con vermello directo de Yago Facal.

UD Monte Louro 1-2 SD San Lorenzo

Encontro igualado resolto nos detalles. O San Lorenzo marcou primeiro tras o descanso e ampliou con penalti e pola sua banda o Monte Louro reduciu no desconto sen tempo para máis.

Goles: 0-1, Marcos Corral (50’); 0-2, Javier Pérez (80’, penalti); 1-2, David (94’).

Incidencias: Partido con intensidade e resolución no tramo final.

Ponteceso SD 0-1 SD Sofán “B”

Triunfo in extremis do Sofán “B” grazas a un penalti no minuto 94. O Ponteceso sufriu tamén pola lesión de Puente, que saíu lesionado tras un golpe no nariz feito polo que remataron con dez nos últimos instantes por ter esgotadas as posibilidades de troco. Na xogada da lesión reclamaron penalti.

Goles: 0-1, Dani Calvete (94’, penalti).

Clasificación 7ª xornada

1️⃣ Xallas FC – 16
2️⃣ SCD Malpica – 15
3️⃣ CD Baio – 14
4️⃣ UD Corcubión – 13
5️⃣ SD San Lorenzo – 13
6️⃣ Outes CF – 12
7️⃣ Ponteceso SD – 10
8️⃣ CF Corme – 10
9️⃣ CF Porteño – 9
CD Muros – 9
11️⃣ SD Sofán “B” – 8
12️⃣ UD Monte Louro – 7
13️⃣ Sporting Zas – 7
14️⃣ Soneira SD – 6
15️⃣ CF Mazaricos – 6
16️⃣ Cabana SD – 4

LIGA DA COSTA
8ª xornada 
Domingo 02/11/2025

UD Corcubión UD Monte Louro

Sporting Zas  Outes FC

CF Corme– SCD Malpica

CD Muros– Cabana SD

SD Sofán “B” CF Porteño

Soneira SD Ponteceso SD

Xallas FC – CD Baio

SD San Lorenzo  CF Mazaricos

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Fotos : Sporting Zas