3º GALEGA FEMININA G3 A COSTA
7ª Xornada
23/11/2025
EFCC Juan Cabrejo 2-3 Soneira SD
Sporting Zas 3-1 Outes FC
Xallas FC “B“ 0-5 ED As Miúdas
UD Corcubión 3-0 Ponteceso SD
UD Cerqueda 6-1 SD A Baña
SD Dubra 0-1 Cabana SD
AVISO : Só poñemos os comentarios dos que nolos queiran mandar. O noso whatsapp : 626 72 00 47 está aberto a todo aquel pertencente a un club que nos queira mandar información, fotos, comentarios, vídeos, etc…
CRÓNICA XERAL
A sétima xornada deixou unha paisaxe ligueira totalmente comprimida na zona alta, cun feito salientable: chegou a primeira derrota da tempada para o EFCC Juan Cabrejo, que caeu na casa diante dun Soneira moi sólido e que continúa invicto. Esta combinación de resultados provoca que ata cinco equipos queden separados por só cinco puntos. Ademais, foi unha xornada moi goleadora: marcáronse 28 goles en seis encontros, cun UD Cerqueda-SD A Baña que deixou sete tantos e a goleada das Miúdas en Santa Comba.
Crónicas
EFCC Juan Cabrejo 2-3 Soneira SD
Goles:
0-1, Sara Agra (34’)
1-1, Yara, penalti (52’)
2-1, Paula Mouzo (60’)
2-2, Kenny, (68’)
2-3, Uxía (84’)
Incidencias: expulsada María García (94’), vermello directo.
Adrian Oli (adestrador do Soneira SD):
“Visitábamos ás líderes na mañá do domingo, que contaban todos os seus partidos por vitorias.
Comezamos a primeira parte con vento a favor, saíndo fácil con balón desde atrás e xerando ocasións que lograría rexeitar Desiré. Especial mención a unha falta directa de Kelly que ía á escuadra. Seguiamos cómodas, con balón, sendo intensas e recuperando rápido tras perda. No minuto 35 chegaría o primeiro gol do partido, obra de Sara Agra cun tiro dende fora da área, e así iriamos ao descanso.
Na segunda metade elas soben liñas, e así chegaría o seu primeiro gol nun penalti bastante discutido. Karen parouno, pero no rexeite o árbitro volvería pitar penalti, e desta vez Yara non fallaría. Poucos minutos despois marcaríamos nunha boa xogada, pero o árbitro sinalaría fóra de xogo (discutido tamén pola nosa parte) e na xogada seguinte elas adiantábanse por mediación da capitá Paula.
Non baixamos os brazos, demostrando paixón e coraxe, e Kenny empataría o encontro de córner directo. Seguiamos insistindo e, noutra falta directa tirada por Kelly, desta vez ao largueiro, Uxía aproveitaría o rexeite para facer o 2-3 final.
Tres puntos que veñen para Vimianzo nun partidazo das nosas, arroupadas por unha gran afección.”
Sporting Zas 3-1 Outes FC
Goles:
0-1, Alicia (18’)
1-1, Lucía (55’)
2-1, Nuria (86’)
3-1, Nuria (92’)
Ánxo Garrido (adestrador do Sporting Zas):
“Dúas partes para cada equipo. Na primeira estivemos ben replegadas, deixando o balón ás visitantes. As primeiras grandes ocasións foron nosas nos pés de Nuria, que non acertou na definición. O Outes dominaba, movía o balón, pero sen demasiadas ocasións claras, ata que atopou o gol nun remate de falta mal defendido pola nosa banda.
Na segunda parte saímos cun plan máis ofensivo e presión alta, recuperando balóns e creando perigo. Nunha combinación entre Nerea e Lucía chegaría o empate. A partir de aí houbo ocasións para ambos lados, pero no tramo final unha recuperación de Tania deixou a Carlota para habilitar a Nuria, que fixo o 2-1. Xa no último minuto, de novo Nuria marcou o 3-1 á saída dun córner.”*
Dani Salgueiro (adestrador do Outes FC):
“Saída complicada polos bos resultados do Zas na casa. O campo estaba moi mollado, dificultando o xogo raso, e atopamos un Zas moi recollido e con boa estrutura defensiva. Tivemos o control da primeira metade e varias ocasións claras; Laura marcou no minuto 20.
Na segunda parte o Zas estivo mellor ca nós. Empatáronnos e non nos saían as cousas. Cando buscabamos o gol da vitoria, colleronnos nun despiste e fixéronnos o segundo.
Non hai excusas: as rivais fixeron un bo partido e nós estivemos nun mal día. Toca preparar o seguinte.”
Xallas FC “B” 0-5 ED As Miúdas
Goles:
0-1, Sofía (13’)
0-2, Sofía (30’)
0-3, Sofía (50’)
0-4, María González (73’)
0-5, María González (85’)
UD Corcubión 3-0 Ponteceso SD
Goles:
1-0, Antía (23’)
2-0, Alexandra (40’)
3-0, María Castro (50’)
UD Cerqueda 6-1 SD A Baña
Goles:
1-0, Uxía (1’)
1-1, Raquel Castro (22’)
2-1, Uxía (26’)
3-1, Valeria (59’)
4-1, Uxía (81’)
5-1, Valeria (85’)
6-1, Valeria (89’)
Jorge Ardeira (adestrador do UD Cerqueda):
“Foi un partido máis competido do que reflicte o marcador. Saímos ben e marcamos moi pronto, pero iso fixo que nos relaxásemos e fumos un pouco do partido. En unha mala saída de balón chegou o empate e custábanos enlazar xogadas. Só nunha falta ao borde da área, sacada maxistralmente por Uxía, (a mellor do encontro), logramos ir con vantaxe ao descanso.
Na segunda parte si que saímos mellor e, cos cambios, sentenciamos o encontro con tres goles da cadete Valeria.”
SD Dubra 0-1 Cabana SD
Gol:
0-1, Adriana (40’)
José Manuel Vázquez (adestrador do Cabana SD):
*”Comezamos algo despistadas, con algunha perda en defensa que puido xerarnos problemas, pero fomos entrando no partido e collendo o mando ante un Dubra ben plantado e combativo. Adriana, cun tiro cruzado, adiantounos antes do descanso.
Na segunda parte seguimos levando o peso do encontro, pero o Dubra tamén chegou con perigo e Miriam tivo que aparecer. No tramo final manexamos ben a situación e levamos tres puntos importantes.”
CLASIFICACIÓN
1º EFCC Juan Cabrejo : 18 pts
2º Cabana S.D. : 16 pts
3º Soneira S.D. : 15 pts
4º Outes C.F. : 14 pts
5º U.D. Corcubión : 13 pts
6º U.D. Cerqueda : 10 pts
7º Sp. Zas : 10 pts
8º E.D. Os Miúdos : 8 pts
9º Ponteceso S.D. : 6 pts
10º S.D. Dubra : 6 pts
11º Xallas F.C. B : 4 pts
12º S.D. A Baña : 0 pts
3º GALEGA FEMININA G3 A COSTA
8ª Xornada
Diferentes días :
Outes FC – EFCC Juan Cabrejo, 29/11 ás 16:00
SD A Baña – Sporting Zas, 30/11 ás 17:30
Cabana SD – Xallas FC “B“, 30/11 ás 18:15
Ponteceso SD – SD Dubra, 07/12
Soneira SD – UD Corcubión, 07/12
ED As Miúdas – UD Cerqueda, 07/12
(Os horarios son oficiosos os definitivos poñerémolos na nosa AXENDA PIRATA da fin de semana)
Os comentarios dos adestradores son propios e intrasferibles dos propios protagonistas polo que piratasdemuxia.es non se fai responsable dos mesmos.
-Foto Outes : Dani Salgueiro
-Foto Soneira : Adrián Oli
-Foto Cerqueda : Jorge Ardeira
-Foto Juan Cabrejo : Dulce Corcu
-Foto Zas : Prensa Sp Zas
-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata
-Comentarios : Adestradores







