As rapazas da Esteirana tiveron dobre celebración tralo encontro.
Nesta pasada xornada e debido a forte borrasca “Bert” tan só se xogaron 2 encontros da 7ª xornada na 3ª Galega Feminina G4, nun día no que como noutras ligas foron moitos os encontros suspendidos, tal e como xa vos contamos na “Axenda Pirata de resultados”. A borrasca explosiva que nos trouxo ventos por enriba dos 170 Kms/h e fortes chuvias na “virazón”, foi todo un perigo e deberían ser suspendidos tódolos encontros, pero faltou cordura nos que deciden e gracias a Deus non pasou nada nin nos campos nen nos desprazamentos, (que saibamos).
Dos dous encontros que se xogaron un deles era o encontro da xornada o que enfrontaba o Chispa e a Esteirana, dous dos equipos de arriba e foron as nosas as que se levaron o encontro e quedan momentaneamente como líderes en solitario tras gañar con solvenvia, (1-5). O outro encontro era o que enfrontaba ao terceiro, Juventu Cambados co colista, Catoria, e nese encontro houbo temporal de goles ademáis do de vento, (0-12).
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047.
3ª GALEGA FEMININA G4
-6ª Xornada-
-24/11/2024-
Céltiga FCF-EFF Sonnoia Portus Apóstoli, Suspendido
Catoira SD 0-12 Juventud Cambados
CD Mosteiro-Outes FC, Suspendido
Bastavales UD-EFMC Boiro B, Suspendido
Milladoiro SD-CD Rois, Suspendido
CCD Taragoña-ED As Miúdas, Suspendido
SD Chispa 1-5 SCDR Esteirana
-CRÓNICAS-
SD Chispa 1-5 SCDR Esteirana
Fran Figueroa, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Dos poucos choques que se puideron disputar pese a alerta laranxa nesta xornada por culpa do temporal de vento nesta xornada.
A temperatura era inusual pasando dos 20 graos, e o aire provocou que ambos equipos propuxeran un duelo sin levantar o balón, cousa que na miña opinión favoreceu para ver a dous conxuntos combinando sobre o verde con un xogo moi entretenido e vistoso.
Pese ó resultado ó equipo de Corón fixo que as roxazuis tuveran que doblar axudas para traer para Esteiro os 3 puntos mostrando moito oficio en cada liña.
Lara de córner directo, Marta de penalti cometido sobre Bárbara cando encaraba a porteira e Rut tras un roubo, permitiron ir ó descanso con 0-3, sendo Naira a que desbarataría un man a man cunha bonita estirada para evitar recurtar distancias ás locales.
Tan pronto santaban o campo na segunda parte Sara comete penalti tras unha boa internada dunha atacante, poñendo así o 1-3 no marcador, pero a máxima realizadora da categoría poría de volta distancia con 2 tantos, ata facer o definitivo 1-5, ainda pudo ser menor a renda, pero noutro man a man das arousanas, desta volta ante Maruxa, dou conta de que a meta das visitantes ten duas guardianas de nivel para dar tranquilidade dende atrás.
Partido moi serio e competido, onde se puideron ver variantes de confianza para afrontar a competición que cada semana se volve máis esixente, pero que da mostras do traballo de cada semana nos adestramentos”.
Xogamos con : Naira, Nerea, Marta, Terre, Sara, Martina, Lara, Leti, Bárbara, Lidia e Rut. Tamén xogaron : Maruxa, Gina, Inés e Noa.
Goles : 0-1, Lara, (9´); 0-2, Marta, (36´); 0-3, Rut, (44´); 1-3, Laura, (46´de penalti); 1-4, Rut, (62´); 1-5, Rut, (81´).
Catoira SD 0-12 Juventu Cambados
A primeira metade acabou co resultado de 0-9. Marcaron : Alba, (3), Nerea, Aldara, (4), Sara, Laura, Andrea, e Sonia.
-CLASIFICACIÓN-
1º *SCDR Esteirana : 21 puntos
2º Céltiga FC : 18 puntos
3º *Juventud Cambados : 16 puntos
4º CCD Taragoña : 13 puntos
5º *SD Chispa : 13 puntos
6º EFF Sonnola Portus Apóstoli : 9 puntos
7º ED As Miúdas : 7 puntos
8º CD Mosteiro : 6 puntos
9º CD Rois : 6 puntos
10º Outes FC : 6 puntos
11º EFMC Boiro B : 6 puntos
12º Bastavales UD : 6 puntos
13º Milladorio SD : 3 puntos
14º *Catoria SD : -3 puntos
-PREVIA-
-8ª Xornada-
-01/12/2024-
EFF Sonnoia Portus Apóstoli-SD Chispa, ás 12:00 horas
Juventud Cambados-Céltiga FCF, ás 17:00 horas
Outes FC-Catoira SD, ás 17:00 horas
EFMC Boiro B-CD Mosteiro, ás – horas
CD Rois-Bastavales UD, ás 12:45 horas
ED As Miúdas-Milladoiro SD, ás 18:00 horas
SCDR Esteirana-CCD Taragoña, ás 12:00 horas
AVISO : Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais porémolos na AXENDA PIRATA dos venres.
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, 3ª da Costa, División de Honra e 1ª Galicia de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina, así coma do Depor e de todo o deporte da costa que nos chega.
-Foto Esteirana : Fran Figueroa
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”