PRIMEIRA FUTGAL G2
5ª Xornada
Domingo 12/10/2025
Os partidos dos equipos da Costa:
SD Cacheiras 3-1 SD Castriz
SD Fisterra 4-0 SCDR Esteirana
Boimorto CF 1-0 Camariñas FC
CF Muxía 3-1 CCD Queixas
Clasificación : PREME AQUÍ
Comentario xeral da xornada
Na 6ª xornada da Primeira Futgal G2, os equipos da Costa tiveron resultados dispares. O SD Fisterra asinou unha goleada incontestable diante da Esteirana (4-0), no derbi. O CF Muxía un dos 4 equipos invictos da categoría, rompeu a racha de 5 empates consecutivos sumando tres puntos ante o CCD Queixas (3-1) e afastándose dos postos perigosos.
Menos fortuna tiveron o Camariñas FC e o SD Castriz: os camariñáns caeron con claridade en Boimorto (4-1), mentres o conxunto equipo xalleiro non puido darlle continuidade á mellora da pasada semana e sucumbiu en Cacheiras (3-1).
Na táboa, o Bertamiráns FC mantén o liderado cun punto máis co Calo e 2 sobre o Arzúa. Os da Costa seguen loitando por estabilizarse: Muxía e Camariñas suman 8 puntos, Fisterra sitúase con 7, mentres Castriz (3) e Esteirana (2) pechan a táboa clasificatoria.
CRÓNICAS
SD Cacheiras 3-1 SD Castriz
Miguel Chouza, adestrador do SD Castriz:
“Derrota xusta en Cacheiras. Foron capaces de xogar ao que lles conviña e nós non demos logrado cambiar esa dinámica. Ademais, os erros individuais condenáronnos, regalando os goles ao rival. Do primeiro regalo repuxémonos e empatamos, pero do segundo, xusto antes do descanso, xa non.
Na segunda parte acentuouse aínda máis o xogo co Cacheiras pechándose atrás e buscando o contragolpe. O partido volveuse moi espeso e só tivemos unha ocasión cada un. Acabarían sentenciando os locais nunha contra.”
Goles: 1-0, Vaamonde (11´); 1-1, Chapela (32´); 2-1, Vaamonde (44´); 3-1, Sandro (73´).
CF Muxía 3-1 CCD Queixas
Sergio “Pataca”, adestrador do CF Muxía:
“Partido no que, quitando os últimos dez minutos da primeira parte, fomos dominadores todo o resto do partido. Adiantámonos despois de xa ter tido tres claras para facelo. Empatáronnos nun erro e chegamos ao descanso.
Na segunda parte eles teñen un tiro ao largueiro na primeira xogada, e a partir de aí o partido é noso completamente. A falta de gol séguenos penalizando nun partido para gañar por cinco ou seis goles”.
Goles: 1-0, Mauro Romaní (20´); 1-1, Hugo Méndez (35´); 2-1, Fran Moreira (60´, penalti); 3-1, Carlos Antelo (95´).
Incidencias: O Queixas quedou cun menos no 85´, cando Kevin viu o segundo cartón amarelo.
SD Fisterra 4-0 SCDR Esteirana
O Fisterra foi moi superior a unha Esteirana que non conseguiu atopar o ritmo en ningún momento. Os de verde puxéronse por diante axiña e controlaron o encontro de principio a fin. O conxunto esteirán segue sen atopar o camiño da vitoria e queda penúltimo con só dous puntos.
Goles: 1-0, Isaac Fábregas (6´, penalti); 2-0, Isaac Fábregas (45+2´); 3-0, Junior (58´); 4-0, Guille (86´).
Boimorto CF 4-1 Camariñas FC
Juan Cabrejo, adestrador do Camariñas FC:
“Partido en Boimorto no que caemos cun marcador máis abultado do que foi o partido en si, pero a derrota foi xusta.
Estivemos desafortunados nas dúas áreas, tanto na defensiva como na ofensiva, e iso penalizounos moito e foi clave na derrota nun campo complicado.
Toca resetear e pensar xa na seguinte xornada, na que teremos que viaxar a Tordoia, outro campo difícil no que esperamos traer algo positivo.”
Goles: 1-0, Borja (22´); 2-0, Iván Calvo (53´); 3-0, Manuel Casal (67´); 3-1, Mario Suárez (71´); 4-1, Samuel (91´).
6ª Xornada
Domingo 19/10/2025
Os partidos dos equipos da Costa:
SD Castriz – Bertamiráns FC
Praiña SC – CF Muxía
CCD Queixas – SD Fisterra
SD Tordoia – Camariñas FC
SCDR Esteirana – Boimorto CF
-Foto : CF Muxía
-Texto : Xosé Búa “Pirata”