LIGA DA COSTA
6ª xornada
Domingo 19/10/2025
Xallas FC 4-0 SD San Lorenzo, Crónica
SD Sofán “B” 1-1 CD Baio
Outes FC 4-2 UD Monte Louro
UD Corcubión 3-2 SCD Malpica
CF Corme 3-0 CF Porteño
CD Muros 0-2 Ponteceso SD
Soneira SD 5-0 CF Mazaricos
Sporting Zas 3-2 Cabana SD
Crónica xeral
O Xallas FC consolídase como líder en solitario da Liga da Costa tras golear o sábado e aproveitar os tropiezos dos seus inmediatos perseguidores no domingo.
Foi unha xornada marcada por partidos con moito gol, 832 marcados cunha media de 4 por encontro), nos que Outes, Corme e Soneira saíron reforzados. O Corcubión acadou unha vitoria de mérito ante o Malpica, mentres que Baio e Sofán “B” repartiron puntos nun encontro moi disputado.
CRÓNICAS
Xallas FC 4-0 SD San Lorenzo
(Crónica publicada o sábado tralo encontro)
O Xallas reafirmou o seu gran momento cunha vitoria clara que o coloca na cabeza da táboa en solitario.
SD Sofán “B” 1-1 CD Baio
Reparto de puntos en Carballo nun partido de moita loita e poucas ocasións. Os locais adiantáronse nunha acción a balón parado e o Baio, que xogou toda a segunda metade cun menos, logrou salvar un punto no tempo engadido tamén tras unha xogada a balón parado.
Goles: 1-0, Nacho (26´); 1-1, Damián (92´).
Incidencias: O Baio quedou cun menos no 48´ tras ver Manuel Vila o segundo amarelo.
Outes FC 4-2 UD Monte Louro
Derbi do sur da Costa con moitos goles e emoción. O Outes foi moi superior no primeiro tempo, no que deixou practicamente sentenciado o choque con catro tantos en media hora. Na segunda metade o Monte Louro recurtou distancias e amosou orgullo, pero non lle chegou para evitar a derrota.
Goles: 1-0, Hugo (12´); 2-0, Sanchiño (29´); 3-0, Sanchiño (36´); 4-0, Sergio (45´); 4-1, Óscar (48´); 4-2, Íker (82´).
UD Corcubión 3-2 SCD Malpica
Partido intenso e con moita historia no campo do Corcubión. O equipo local foi moi superior no primeiro tempo, co acerto de César Lojo, autor dun hat-trick que parecía deixar todo resolto.
O Malpica reaccionou na recta final e chegou a poñer o 3-2, pero a expulsión local e os numerosos cartóns converteron o tramo final nun sufrimento para os corcubioneses, que acabaron resistindo para sumar tres puntos moi traballados.
Isidro Trillo, 2º adestrador do Corcubión:
“Fomos moi superiores ao Malpica na primeira metade e pronto chegaría o primeiro gol, nunha xogada na que só César Lojo confiou e chegou para marcar pegado ao pau. Os malpicáns trataban de xogar por bandas pero nós tapamos moi ben e anulamos aos seus xogadores de ataque.
Fixemos moito perigo cas contras e nun roubo de balón no medio chegou outra xogada que culminaba con éxito César. O Malpica tratou de crear perigo a balón parado e tiveron unha moi boa antes do descanso.
Na segunda metade saímos igual e aos poucos houbo un claro penalti do porteiro a Jon que materializou César. Co encontro controlado chegou un penalti en contra nosa feito por Andrés, que viu amarela e protestou e veu a segunda.
Ata o final, cun menos, sufrimos e tralo 3-2 pasamos moitos apuros. Quizais a arbitraxe non me gustou, amosando moitos cartóns. Cun menos puidemos matar o encontro cunha de Manu e unha de César. Partido que se complicou coa expulsión e que puidemos ter gañado sen pasar apuros se non fose por iso”.
Goles: 1-0, César Lojo (9´); 2-0, César Lojo (40´); 3-0, César Lojo, de penalti (60´); 3-1, Saydo, de penalti (70´); 3-2, Fran (82´).
Incidencias: O Corcubión quedou cun menos no 70´ pola expulsión de Andrés Vigo (dobre amarela). O equipo local viu 9 cartóns amarelos, todos na segunda metade. No Malpica foi expulsado o meta suplente Joel (57´).
CF Corme 3-0 CF Porteño
Gran vitoria do Corme, que se mostrou moi serio e eficaz na segunda metade. O Porteño resistiu ata o descanso, pero os locais romperon o partido tras o paso polos vestiarios con tres tantos que lles devolven confianza e puntos importantes.
Goles: 1-0, Samu Costa (52´); 2-0, Israel (66´); 3-0, Hugo Paredes (87´).
CD Muros 0-2 Ponteceso SD
Golpe de autoridade do Ponteceso, que sorprendeu cun tanto nada máis comezar o partido e soubo administrar a vantaxe con moita órde defensiva. O Muros tentou reaccionar, pero o segundo tanto visitante, mediada a segunda parte, foi definitivo.
Goles: 0-1, Alberto Recarey (1´); 0-2, David Lema (64´).
Soneira SD 5-0 CF Mazaricos
Festival goleador do Soneira, que volveu amosar a súa mellor cara no estreo do Municipal de Vimianzo que tralas obras pasa a chamarse “Irmandiño”. O Mazaricos non puido frear o acerto dos locais, con Adrián Lema como gran protagonista, autor de tres de 4 goles.
Goles: 1-0, Adrián Canosa (2´); 2-0, Adrián Lema (59´); 3-0, Adrián Lema (73´); 4-0, Adrián Lema (80´); 5-0, Gabriel (86´).
Sporting Zas 3-2 Cabana SD
Partido de moita emoción e alternancias no marcador. O Zas comezou mellor e chegou a ir 2-0, pero o Cabana empatou antes do descanso con dous goles de David Rey. Na segunda metade, Touriñán deu o triunfo aos locais cun tanto decisivo.
Goles: 1-0, Redondo (15´); 2-0, Salah (26´); 2-1, David Rey (36´); 2-2, David Rey, de penalti (45´); 3-2, Touriñán (52´).
PREVIA
7ª xornada
Domingo 26/10/2025
Outes FC – UD Corcubión
SCD Malpica – Sporting Zas
Cabana SD – CF Corme
CF Porteño – CD Muros
CD Baio – Soneira SD
CF Mazaricos – Xallas FC
UD Monte Louro – SD San Lorenzo
Ponteceso SD – SD Sofán “B”
-Fotos : Prensa Sporting Zas
-Texto : Xosé Búa/Adestradores

