O UC Cee engánchase a zona nobre.
6º XORNADA
UC Cee 2-0 CD Unión
Encontro que deixou solventado o equipo ceense cos dous goles, o primeiro obra de Saray aos 21 minutos de xogo e o segundo da muxiana de Añobres, Lucía Canosa, (26´), nun gran intre de forma, que se engancha a loita polo pichichi con 5 goles en 5 encontros que xogou, a 1 das que van por enriba. Na segunda metade fútbol control ata o pitido final, buscanco un terceiro que non chegou. Engánchase así a loita por todo o equipo ceense, con 12 puntos, a 4 do lider CF Noia, pero con un encontro menos.
ED As Miúdas 0-2 Praiña Sporting Club
Matou o xove equipo muradán o treito final do encontro no que encaixou os dous goles que daban o trunfo as rapazas de Teo. Adiantábanse por medio de María Rodríguez no 63, e coas muradanas a procura do empate chegaba o segundo, por medio de María Valladares no 77.
Xallas FC 7-0 Amio SD
Desmelenáronse as rapazas xalleiras nun choque no que lle pasaron por enriba ao Amio, nun encontro no que xa se foron ao descanso co resultado de 4-0, con goles de Yolanda, nada máis comezar o encontro, (1´), Xastai, (5´), un dobrete de Yasmina, (25´e 28´), para na segunda metade completar a goleada con goles de : Michele, (61´), e Xastia, que completaría o seu, “Hat-trick” persoal, facendo dous goles máis, (71´e 87´).
RESTO DE RESULTADOS
SD Calo 2-2 CF Noia
Victoria FC “C” 0-4 SD Cacheiras
Descansou : UD Cerqueda
CLASIFICACIÓN
7º XORNADA
-4, 5 e 8 de Nadal do 2021-
UC Cee-ED As Miúdas, 04/12 ás 16:00 horas
Praiña Sporting Club-Xallas FC, 05/12 ás 11:00 horas
Amio SD-SD Calo, 08/12 ás 16:00 horas
-CF Noia-Victoria FC “C”, 05/12 ás 17:30 horas
SD Cacheiras-UD Cerqueda, 05/12 ás 12:00 horas
Descansa : CD Unión
-Foto : Arquivo/UC Cee
-Texto : piratasdemuxia