CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 6ª XDA DA DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS : “O empate do lider San Ramón fai que se aprete a cabeza da táboa co Cances de segundo”.

DIVISIÓN HONRA VETERANOS

6ª Xornada

Domingo 26/10/2025

SD Oza 1-1 Club Deportivo Razo

Atlético Carballo SD 2-2 ACD San Ramón

Soneira Veteranos 3-0 SCD Buño

ADCV Ponteceso 1-2 Veteranos CF Dumbría

SD San Lorenzo 3-1 Sporting Zas

CF Cances 1-0 SD Coristanco

ACD San Román – SD Castriz, 01/11 

 

Comentario xeral

A sexta xornada da División de Honra de Veteranos deixou emoción, goles e movemento na zona media da táboa, aínda que o San Ramón mantén o liderado con 14 puntos despois do seu empate (2-2) en Carballo fronte ao Atlético.

Por detrás, o Cances continúa como principal perseguidor grazas ao seu triunfo pola mínima (1-0), cun tanto de Iván Torres no 91´ ante o Coristanco, que segue afundido na parte baixa. O Sporting Zas, con 11 puntos, non perdeu comba a pesar da derrota en San Lorenzo (3-1), mentres que o San Román, que xogará o seu partido aprazado o 1 de novembro ante o Castriz, tamén podería situarse nos postos de cabeza se suma algo positivo.

O Soneira asinou unha das vitorias máis sólidas da xornada (3-0) ante o Buño e xa se coloca con 10 puntos, ás portas do grupo perseguidor. Pola súa banda, o Veteranos Dumbría logrou un importante triunfo en Ponteceso (1-2) que lle permite coller aire e afastarse da zona perigosa.

Na parte baixa, Ponteceso (3 puntos) e Oza (4) seguen pechando a clasificación e, a día de hoxe, serían os dous equipos en postos de descenso directo.

A competición continúa moi apertada e, tras seis xornadas, queda claro que esta División de Honra promete loita e emoción ata o final, tanto pola cabeza como pola permanencia.

Parón polo Samaín

A liga para ata o vindeiro dia 9 de Novembro por mor da celebración do Samaín, pero non de todo pois este sábado 1 de novembro xogarase o San Roman-Castriz, adiado nesta xornada que comentamos.

O Cances sube a segunda posición.

CLASIFICACIÓN

PREVIA

7ª Xornada

Domingo 09/11/2025

SD Oza Soneira Veteranos

SCD Buño ADCV Ponteceso

ACD San Ramón ACD San Román

Sporting Zas CF Cances

Club Deportivo Razo SD Coristanco

Veteranos Dumbría  Atlético Carballo SD

SD Castriz  SD San Lorenzo

 

 

-Fotos : Yoli/CF Cances

-Texto : Xosé Búa “Pirata”