Camariñas e Ponteceso non viron claro o resultado ata o final.
Trala derrota do Escolas de Fútbol “Juan Cabrejo” ante o Ponteceso, (0-1), pola mínima o Corme queda como único equipo invicto e con 3 puntos sobre o segundo, que pasa a ser o equipo pontecesán por golaveraxe cos mesmos 15 puntos ca as camariñanas, e Mazaricos. Non desaproveitou o Muxía a derrota das veciñas da ría e colócase a 2 puntos dos 3 equipos que van cos mesmos puntos na 2ª, 3ª e 4ª posición. Por abaixo temos boas novas pois xa non hai equipos co casilleiro a cero trala vitoria do A Baña sobre o Soneira, (2-3), e o empate do Cerqueda c Fisterra, (0-0).
A máxima goleadora sigue a ser Naroa Parga, (Corme CF), con 10 goles en 6 choques, tralos dous acadados nesta xornada, seguida a un gol pola sua compañeira Cristina Veres con 8, (marcou un esta semana). Pasa a terceira praza do podio goleador a muxiana, Patri Romanía que suma 8 en 6 encontros empatando ca segunda, Cristina Veres, tralos 3 goles que lle endosaba a muxiana o Pastoriza B.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
3ª GALEGA FEMININA G2
-6ª Xornada-
(17/11/2024)
Sporting Zas 0-0 Cabana SD
Corme CF 6-1 CF Mazaricos
Soneira SD 2-3 SD A Baña
UD Corcubión 3-0 Bergantiños CF B
UD Cerqueda 0-0 SD Fisterra
EFCC Juan Cabrejo 0-1 Ponteceso SD
CF Muxía 4-2 SCD Pastoriza B
-CRÓNICAS-
As defensas gañáronlle as dianteiras no Zas-Cabana.
Sporting Zas 0-0 Cabana SD
Ánxo Garrido, (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido de dous equipos moi similares. Unha primera parte moi igualada e sin grandes ocasions cara o gol,o déficit dos dous equipos.
Na segunda cos pasos dos minutos e o cansancio físico xa se crearon ocasión claras,con 1gol anulado a Lara moi protestado polas locales. O Cabana fixo perigo en balón parado pero sin remates a portería. No último minuto Nerea iba plantarse sola ante a portería pero a defensa cabanesa parouna con falta que lle costaría a expulsión”.
José Manuel Vázquez, (Adestrador do adestrador do Cabana SD) : “Partido con máis dominio do Cabana pero con un Sp Zas mui ordenado e que poñía en perigo as cabanesas con bos contragolpes que chegaban a meta de Míriam. O Cabana non foi quen de marcar pese a ter algunhas ocasións claras e o Zas con Nerea na punta do ataque traia en xaque a defensa visitante.
Incertidume ata o final xa que o balón rondaba as duas portas. Xa nos últimos minutos o Cabana sufría a expulsión de Mel o cortar unha contra sendo a última xogadora. Resultado xusto polo visto no campo de San Andres”. Polas nosas xogaron : Míriam, Nuria (Valeria), Antía Pazos, Laura, María (Mel), Iria (Saray), Inma, Alejandra, Natalie (Sheila), Irene, e Adriana (Jessie Pose).
Goles : 0-0
Incidencias : O colexiado Tomés Garrido, expulsou no 91 a cabanesa, Míriam.
O Corme que goleou o Mazaricos no “Cairo”.
Corme CF 6-1 CF Mazaricos
Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF Feminino) : “Partido moito mais disputado do que reflexa o marcador, contra un Mazaricos que me gustou moito, quizá algo condicionado pola Baixa de Valería, pero a realidad e que excepto no primer gol, a xogadora que se puxo en portería fixo un bo papel. Penso que fomos capaces de levar o control do partido coa Nosa proposta, pero costounos moito meter o primer gol, e creo que a partir de ahí sí que o rival se descentrou algo e nun fallo defensivo nun corner meteríamos o segundo antes de ir o descanso.
A volta dos vestuarios e recén empezado o segundo tempo marcariamos o terceiro que tamen fixo moito daño e ahí si que se acabou de romper o partido.
Ainda así o Mazaricos seguiu loitando cada balón ata o final, e fruto dese nivel competitivo tan característico delas marcarianos o seu gol.
O dito, partido moito mais complicado do que di o marcador, contra un moi bo Mazaricos, pero no que o meu equipo demostrou que cada vez estamos mellor e todo o traballo que facemos empeza a salir de forma natural nos partidos, moi orgulloso como crecen en personalidad con balón cada Domingo“. Xogamos con : Lucía, Saskia, (Laura), Aroa, Irene, Candela (Nerea), Olalla, Ana, Lucía, Cris (Salomé), Naroa e Carla.
Goles : Aroa (2), Naroa (2), Carla e Cris. A primeira metade rematou 2-0. O gol do Mazaricos chegou no 55 por medio de Graciela e representaba o 4-1.
Soneira SD 2-3 SD A Baña
Roland Caamaño, (Adestrador do Soneira SD) : “Empezaba o Soneira creando perigo e Casti dispuxo de dúas claras ocasións de gol que se foron por pouco. Na primeira chegada das da Baña, marcaría Ines e practicamente seguido Paula faría o 0-2. O Soneira volviu a coller o mando e foi en busca da porteria rival na que Casti faria o 1-2 e seguidamente Kenny faría as táboas no marcador antes do descanso.
Ao inicio da segunda parte a A Baña parecía un pouco máis enchufada e ao Soneira costáballe entrar en xogo. Pouco a pouco fomos despertando, pero cando meior estabamos na segunda parte marcaria Alexia o 2-3. O Soneira envorcaríase polo empate pero entre Xiana e o longueiro evitaron os goles de Kenny e Cris“.
Goles : 0-1, Inés, (17´); 0-2, Paula, (20´); 1-2, María, (41´); 2-2, Noa, (35´); 2-3, Alexia, (77´).
UD Corcubión 3-0 Bergantiños FC B
Goles : 1-0, Noa, (15´); 2-0, Paula, (31´); 3-0, Andrea, (37´).
Manuel Rodríguez cas capitanas de ambos equipos.
EFCC “Juan Cabrejo” 0-1 Ponteceso SD
Juan Cabrejo, (Escola de Fútbol Concello de Camariñas “Juan Cabrejo”) : “Elas tiveron máis o balón pero sen facernos dano, pola contra nós tivemos ocasións diante da porteira que desaproveitamos, en especial dous man a man de Paula nos que a porteira visitante lle gañou a partida. A seguir traballando e pensar no Fisterra”.
Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Partido difícil en Camariñas ante unhas rivais moi intensas como son as xogadoras do Escola Juan Cabrejo. Durante a primeira parte ambos equipos apretaron, as de Ponteceso tiveron máis presenza na área rival pero sen éxito tirando un tiro o longueiro por medio de Lago e tendo en tres saques de curruncho a opción de poñerse por diante.
Na segunda parte mesma dinámica, os dous equipos buscaban facer dano as opoñentes, tendo ocasións ambos bandos nun partido onde a tensión se podía notar. As xogadoras de Curro poideron respirar por un minuto, no minuto 65, cando Silvia, pola escuadra, anota o primeiro e o que sería único gol do partido. Tras iso tocaba manter o resultado, uns tres puntos moi importantes, que fan que as de Ponteceso se sitúen segundas na clasificación.
A vindeira fin de semana o Pinguel recibirá ao Muxía, un equipo que tampouco o poñerá as cousas fáciles dentro do terreo de xogo“…Xogamos con : María, Noe (Laura R 70´), Sarai, Myre, Berdeal, Silvia, Lago, Muiño, Oanes (Lara 67´) , Andrea, Claudia
Goles : 0-1, Silvia, (65´).
Incidencias : O colexiado Manuel Rodríguez, expulsou con vermello direto ao adestrador Juan Cabrejo no 22.
UD Cerqueda 0-0 SD Fisterra
Goles : 0-0
Patri Romaní, a estrela do encontro.
CF Muxía 4-2 SCD Pastoriza B
Goles : 1-0, Patri Romaní, (15´).; 1-1, Andrea, (16´); 2-1, Patri Romaní, (43´); 3-1, Nerea (67´) ; 4-1, Patri Romaní, (80´) ; 4-2, Noa, (83´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Corme CF : 18 puntos
2º Ponteceso SD : 15 puntos
3º EFCC “Juan Cabrejo” : 15 puntos
4º CF Mazaricos : 15 puntos
5º CF Muxía : 13 puntos
6º UD Corcubión : 10 puntos
7º Bergantiños FC B : 9 puntos
8º Cabana SD : 7 puntos
9º SCD Pastoriza B : 4 puntos
10º Sporting Zas : 4 puntos
11º SD Fisterra : 4 puntos
12º Soneira SD : 4 puntos
13º SD A Baña : 3 puntos
14º UD Cerqueda : 1 puntos
-PREVIA-
-7ª Xornada-
(24/11/2024)
Sporting Zas-Corme CF, ás 12:15 horas
CF Mazaricos-Soneira SD, ás 16:30 horas
SD A Baña-UD Corcubión, ás 18:00 horas
Bergantiños CF B-UD Cerqueda, ás 19:30 horas
SD Fisterra-EFCC Juan Cabrejo, ás 16:00 horas
Ponteceso SD-CF Muxía, ás 16:15 horas
Cabana SD–SCD Pastoriza B, ás 12:00 horas
AVISO : Os horarios e datas son oficiosos non oficiais…O venres poremos na Axenda Pirata os oficiais.
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina.
-Foto Corme : Fin Lema
-Foto Juan Cabrejo-Ponteceso : Dulce Corcu
-Foto Ponteceso árbitro : Marcos “Curro”
-Foto SP Zas-Cabana : Sporting Zas
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”