CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 6ª XDA 3ª DA COSTA : “MALPICA E SOFÁN B APROVEITAN O “DESCANSO” DO VOLANTES”.

Cuarto trunfo consecutivo do Sporting Zas. 

Malpica e Sofán B non fallan e aproveitan que o Volantes, (ía o par cos malpicáns no máis alto), decansou esta semana para distanciarse deles. Os de Baño, único equipo da zona sur, son os únicos que descansaron dos 7 primeiros da clasificación. O Sporting Zas goleou ao filial do Muxía e sigue a tiro dos de arriba subindo a cuarta praza, e destacar a vitoria do Sporting Seaia sobre o CD Baiñas, (2-1), que fai que xa non haxa equipos sen puntuar. Nesta xornada tamén puntuaban Laxe e Oza, que cos seus empates suman 2 puntos e vense superados polos seaieses.

Segundo nos vaian chegando máis comentarios iremos sumándoos as crónicas, polo que estas non quedan pechadas.

 

3ª DA COSTA

-6ª Xornada-

-20/10/2024-

Sporting Zas 6-1 CF Muxía B

Atlético Pereiriña FC 4-1 SD Camelle

Sporting Seaia CF 2-1 CD Baiñas

SD Oza 3-3 UD Cerqueda

CD Nantón 1-4 SD Sofán B

SCD Buño 0-1 SCD Malpica

SD Laxe 1-1 Inter de Brens

Descansa : Volantes de Baño FC

 

-CRÓNICAS-

O Pereiriña sumou ante o Camelle o seu terceiro trunfo.

 

Atlético Pereiriña FC 4-1 SD Camelle

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Escomezamos co vento a favor,  chegando cun par de ocasións desbaratadas polo porteiro, e cunha ocasión que saca o defensa debaixo dos paus, os segintes minutos foron do Pereiriña no que con 2 xogadas case idénticas con balóns en longo, nas que nunha o dianteiro regatea o porteiro, e o noso defensa logra cortar o balón, e na outra, os mesmos protagonistas, outra vez logra roubarlle o balón, pero empuxao e o árbitro entende que non hai nada, e o dianteiro da o pase da morte para asi marcar gol, a partires de aí eles apenas terían ocasións, e nós con moitas chegadas e non acertamos ningunha.

Segunda parte dominada polo Pereiriña na que eles acertarían mellor co aire a favor poñendo balóns en largo e nun deses marcarian o 2-0. Recortariamos distacia o remate dunha falta. O gol do 3-1 lograríano logo dun mal despexe do noso porteiro, ainda así dispuxemos dalgunha ocasión clara, pero non era o dia, e case o final lograrían o 4-1, o remate dun corner”. Xogamos con : Joel, Pastelero, Dido, Ruso, Chans, David V, Fabián,Sergio, Sandro, Kampi, (Raiku),
e Lucas.

Goles : 1-0, Fabián, (18´); 2-0, José M., (63´); 2-1, Ruso, (65´); 3-1, José M., (78´); 4-1, Carlos, (85´).

AVISO : A espera dos comentarios que serán postos cando nos cheguen, (contacto whatssap para adestradores e diretivos : 626 72 00 47).

 

 Sporting Seaia CF 2-1 CD Baiñas

AVISO : A espera dos comentarios que serán postos cando nos cheguen, (contacto whatssap para adestradores e diretivos : 626 72 00 47).

Goles : 1-0, Alejandro, (48´); 1-1, Kevin, (41´); 2-1, Manuel, (93´).

 

SD Oza 3-3 UD Cerqueda

Adrián “Gurita”, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Unha parte para cada equipo, nos na primeira non aparecemos no campo por falta de ritmo, imprecisións no pase e o resultado así o decía ó 3-0. O descanso foi un punto de inflexión para todos, a actitude foi outra, e o fútbol en consecuencia tamén. Tivemos infinidade de ocasións para poder levar o partido pero só fomos capaces de sacar un empate que nos deixa un sabor agridoce”.

Goles : 1-0, Nacho Pose, (6´); 2-0, Mohamed, (33´); 3-0, Nacho Pose, (43´); 3-1, Iván Mato, (46´); 3-2, Suso Amado, (50´); 3-3, Iván Mato, (70´). 

AVISO : A espera dos comentarios que serán postos cando nos cheguen, (contacto whatssap para adestradores e diretivos : 626 72 00 47).

 

SCD Buño 0-1 SCD Malpica

Goles : 0-1, Fran Montes, (33´).

AVISO : A espera dos comentarios que serán postos cando nos cheguen, (contacto whatssap para adestradores e diretivos : 626 72 00 47).

 

O Zas deuse un festín ante o Muxía B.

 

Sporting Zas 6-1 CF Muxía B

Rubén Forján, (Adestrador Sporting Zas) : “O Zas recibía ao filial do Muxía nun encontro onde os visitantes comezaron mellor, buscando constantemente as espaldas da defensa local. A pesar deste inicio, o Zas pronto recuperou o control e logrou abrir o marcador rapidamente, grazas a un inspirado Raúl que, nos primeiros 10 minutos, anotou dous goles para poñer o 2-0. Con esta vantaxe, o Zas seguiu presionando, aínda que sen demasiado xogo fluído, chegando a crear algunhas ocasións que ben eran detidas polo porteiro visitante ou marchaban fóra.

Ao descanso, o marcador mantíñase no 2-0 e, tan só 7 minutos tras a reanudación, Raúl volveu a aparecer para marcar o terceiro tanto nunha contra perfectamente executada. Este terceiro gol foi un golpe para o Muxía, que viu como o Zas gañaba en vitalidade tras os cambios, especialmente en ataque. Dario ampliou a vantaxe cun gol a balón parado, pero o Muxía conseguiu recortar distancias transformando un penalti que situaba o 4-1 no marcador.

A pesar de ter o partido controlado, o Zas aínda gozou de máis ocasións, incluíndo un penalti que Raúl non logrou converter. Con todo, Redondo e o propio Raúl marcarían de novo nos minutos finais, deixando o definitivo 6-1 no marcador”.

Goles : 1-0, Raúl, (8´); 2-0, Raúl, (9´); 3-0, Raúl, (53´); 4-0, Darío, (63´); 4-1, Eloy Sambad, (67´de penalti); 5-1, Iván Redondo, (77´); 6-1, Raúl, (81´).

AVISO : A espera dos comentarios que serán postos cando nos cheguen, (contacto whatssap para adestradores e diretivos : 626 72 00 47).

SD Laxe 1-1 Inter de Brens

Goles : 0-1, Castreje, (50´); 1-1, Abdennaji, (desconto final).

AVISO : A espera dos comentarios que serán postos cando nos cheguen, (contacto whatssap para adestradores e diretivos : 626 72 00 47).

 

CD Nantón 1-4 SD Sofán B

Adrián Varela, (Adestrador do CD Nantón) : “Primeira parte igualada con ida e volta dos 2 equipos pero quizais o Sofán un pouco máis dominador pero sin serios peligros na nosa área. Nun corner adelantaríase o Sofán despois dun balón mal rexeitado, e minutos despois Yago Torres cunha acción individidual consigue empatar de vaselina e poñer o 1-1 para ir o descanso.

Na segunda parte o Sofán saliu moi enchufado e no minuto 49 meten o 1-2 de falta despois de non tocala nadie, colouse na porteria. Ainda nos estabamos repoñendo dese golpe, e nunha contra mal defendida meten o 1-3, que nos deixou xa noqueados. De aí ata o final o Sofán foi dono do partido, incrementando con outro balón parado o definitivo 1-4. Nós tentámolo con máis corazón que cabeza, pero non tivemos máis acerto de cara a gol”.

Goles : 0-1, Adrián, (24´); 1-1, Iago Torres, (27´); 1-2, Nacho Moreno, (50´); 1-3, Saydou, (53´); 1-4, Raúl, (63´).

AVISO : Todo aquel adestrador que queira mandarnos o seu comentario pode facelo, só pedimos que por motivos de saúde me cheguen redactados.

 

-CLASIFICACIÓN-

 SCD Malpica : 18 puntos

*SD Sofán B : 16 puntos

  Volantes de Buño FC : 15 puntos

4º Sporting Zas : 13 puntos

 UD Cerqueda : 11 puntos

  Atlético Pereiriña FC : 9 puntos

 Inter de Brens : 8 puntos

*SCD Buño : 7 puntos

 SD Camelle : 5 puntos

10º CD Baiñas : 4 puntos

11º *CD Nantón : 3 puntos

12º *Sporting Seaia CF : 3 puntos

13º CF Muxía B : 3 puntos

14º *SD Oza : 2 puntos

15º *SD Laxe : 2 puntos

*Asterisco: Os equipos con asterisco teñen un encontro menos disputado.

 

-PREVIA-

-7ª Xornada-

-27/10/2024-

Sporting Zas-Atlético Pereiriña FC

SD Camelle-Sporting Seaia CF

CD Baiñas-SD Oza

UD Cerqueda-CD Nantón

SD Sofán B-SCD Buño

SCD Malpica-SD Laxe 

Inter de Brens-Volantes de Baño FC

Descansa : CF Muxía B

 

Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª Galega Feminina.

 

P.D. : Por motivos dun problema na vista que me impide estar moito tempo diante da pantalla do ordenador, traémosvos as crónicas deste xeito e non como habitualmente cas opinións dos adestradores. Estas están feitas gracias os comentarios de algúns adestradores, (podedes mandarnolos igual), ou afeccionados e seguindo a cronoloxía dos goles polas actas da RFGF, polo que pode haber algún erro.

 

-Foto Pereiriña-Camelle : Lorena López

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies