Isaac Fábregas, 89), fixo o gol do Fisterra.
Duas vitorias, dous empates, e duas derrotas foi a bagaxe dos nosos na 6ª xornada da Primeira Futgal.
PRIMEIRA FUTGAL
-6ª Xornada-
-13/10/2024-
San Lorenzo 1-4 FC Boimorto
Club do Mar 2-1 CF Muxía
SCDR Esteirana 1-1 Bastavales UD
SR Calo 1-1 SD Fisterra
Vista Alegre SD 1-2 Vea CF
SD Castriz 4-3 Vizoño SD
Bertamiráns FC 2-0 SD Tordoia
CF Dumbría 2-1 SD Agolada
Praiña Sporting Club 0-0 UD Carral
O Muxía mereceu máis ante o lider.
Club do Mar 2-1 CF Muxía
Facía moitos anos que o Muxía non se enfrontaba ao Club do Mar de Caión e na sua visita ao Municipal da Larcacha, no que se xogou o encontro foi Manu Nogueira o que poñía por diante aos muxiáns aos poucos do comezo, (6´). Rubén Pallín empataba para os caioneses no ecuador da primeira metade, (25´), e non sería ata pasada a hora de xogo cando Tiago Médes conseguía o gol que lle daba os 3 puntos aos de Daniel Sánchez. Non desistiron ata o final os de Sergio “Pataca”, que fixeron méritos para polo menos sacar algo positivo da sua visita a casa do lider.
SR Calo 1-1 SD Fisterra
Encontro xogado de poder a poder e no que se adiantaban os fisterráns pasada a media hora de xogo, cando Isaac Fábregas batía a Antón López dende o punto de penalti, a falla do seu compañeiro e lanzador do Fisterra, Adrián 2Makaay”. Non foi ata pasada a hora de xogo cando Rosendo, (65´), batía a Joselu para acadar o empate, un Joselu que acabaría expulsado con dobre cartón no desconto final.
O final do primeiro tempo “matou” o San Lorenzo.
SD San Lorenzo 1-4 Boimorto CF
Comezou ben o chqoue para os de Berdillo que se adiantaban aos 9 minutos de xogo por medio de Javi Pérez, e tiveron o segundo cun tiro a madeira e unha boa ocasión a balón parado pero víronse superados despois polos visitantes que conseguían remontar antes do descanso con goles de Alexandre, (23´), Diego Quintas, (41), e Manuel, (44´). Na segunda metade os visitantes controlaron ebuscaron matar o choque, algo que acadaron no 70 cun tanto materializado por Borja.
SD Castriz 4-3 Vizoño SD
Partido que parecía que levaba a un choque prácido para os de Miguel Chouza cando a volta de vestiarios se poñían 3-0 cun tanto de Borja, (54´), que se unía aos dous acadados na primeira metade polo propio Borja, (1´) e Brais, (37´). Tralo terceiro dos castricenses chegaba de maneira inmediata o 3-1 por medio de Ois, (55´) e puco despois o 3-2, obra de Diatta, (64´). Un gol de Samuel no 71 daba certa tranquilidade, peo Diatta respondía cun novo gol, (83´), e no desconto quedaban cun menos por expulsión do meta Álvaro.
SCDR Esteirana 1-1 Bastavales UD
Tivo ocasións dabondo a esteirana para levarse o encontro pero non era o día. Rubén Portos poñía por diante aos santiagueses na única que tiña, xusto antes do descanso e pouco despois empataba para os de steiro, Roberto Rama, (40´) o transformar un penalti. Na segunda metade buscaron o segundo e tiveron ocasións pero non se movería o marcador.
CLASIFICACIÓN
-Equipos da costa-
Lider : Club do Mar : 16 puntos
4º CF Dumbría : 12 puntos
5º SD Castriz : 11 puntos
6º SCDR Esteirana : 9 puntos
9º CF Muxía : 9 puntos
10º SD Fisterra : 8 puntos
18º SD San Lorenzo : 1 puntos
O San Lorenzo vista o lider na vindeira xornada.
-7ª Xornada-
-20/10/2024-
San Lorenzo-Club do Mar, ás 16:30 horas
CF Muxía-SCDR Esteirana, ás 17:00 horas
SD Fisterra–Vista Alegre SD
Vea CF–SD Castriz
SD Tordoia-CF Dumbría
Bastabales UD-SR Calo
Vizoño SD-Bertamiráns FC
SD Agolada-Praiña Sporting Club
FC Boimorto–UD Carral
P.D. : Por un problema de saúde ata recuperarse as crónicas farémolas sobre as actas dos encontros e o que nos contan, para cando se poida, facelas de novo coas palabras dos adestradores, que teñen aberta a porta a mandarnos o comentario..
-Foto : Luis González Botas
Fotos e Texto : Xosé Búa “Pirata”