CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 5ª XDA DA PRIMEIRA FUTGAL G2 : “O CAMARIÑAS VANLLE OS DERBIS, ESTEIRANA E MUXÍA EMPATAN E O CASTRIZ SUMA OS PRIMEIROS PUNTOS”.

PRIMEIRA FUTGAL G2

5ª XORNADA 

    • SD Castriz 3-0 Bastavales UD

    • Camariñas FC 2-1 SD Fisterra 

    • SCDR Esteirana 2-2 CF Muxía 

  • AVISO : Todo aquel adestrador que queira deixarnos a sua visión do encontro do seu equipo pode facelo no whatsapp 626 72 00 47. Só poñeremos as impresións dos que nolos manden.

Comentario xeral da xornada

A 5ª xornada da Primeira Futgal Grupo 2 deixa ao SR Calo como líder en solitario con 12 puntos de 15 posibles. Entre os equipos da Costa, o Camariñas FC ascende á 5ª praza con 8 puntos tras un gran triunfo no derbi ante o Fisterra. O CF Muxía mantén a súa peculiar liña de empates (cinco en cinco partidos) e é 13º con 5 puntos, tendo merecido máis. O SD Fisterra sitúase 16º con 4, seguido dun SD Castriz que por fin suma os primeiros tres puntos da tempada. Pecha a táboa a SCDR Esteirana, colista con 2.

Aínda que tres conxuntos costeiros ocupan postos de descenso directo, queda moita liga por diante para reverter a situación.

CRÓNICAS

 

Manu Nogueira fixo ó 1-2 para os muxiáns.

SCDR Esteirana 2-2 CF Muxía

  • Sergio “Pataca” (Muxía CF):
    “Partido igualado nun campo sempre complicado como é o Xose Luis Vara, nos intentando dominar a traves do balón, o Esteirana todo con xogo directo sobre Rober, temos varias chegadas pero nun erro adiantase o rival, conseguimos empatar pronto tras unha boa xogado con gol de Rober
    Tralo descanso arriscamos en busca do partido e poñémonos por diante cun gol de Nogueira. Pouco despois un penalti inexistente fai que o Esteirana volva a empatar
    Intentámolo ata o final pero non puidemos volver poñernos por diante
    “.

Goles: 1-0, Rober Pladur (40’); 1-1, Róber (42’); 1-2, Manu Nogueira (71’); 2-2, Pablo (penalti, 74’).

Camariñas FC  2-1 SD Fisterra

O Camariñas continúa demostrando que se lle dan ben os derbis costeiros. Tras empatar a semana pasada co Muxía na Arliña, (0-0), desta volta o equipo azul superou ao Fisterra nun partido intenso e traballado. Os locais controlaron o xogo e aproveitando dous momentos clave do encontro lograron marcar, mentres que Dani recortou distancias para o Fisterra sen poder evitar a derrota.

Goles: 1-0, Adam (9’); 2-0, Mario (54’); 2-1, Dani (59’).

 SD Castriz 3-0 Bastavales UD

Miguel Chouza, (SD Castriz) :

“Vitoria clara e xusta, nun partido que controlamos e dominamos do primeiro ó último minuto. O principio pecamos de nerviosismo e non fomos quen de materializar as nosas ocasións, pero unha vez abrimos a lata á media hora, todo foi máis doado.

Na segunda parte era cuestión de esperar á sentencia, a cal chegaría no minuto 60. Puideron caer varios goles máis, pero só acertamos unha vez, co 3-0 final. Vitoria moi necesaria e máis facendo un partido tan completo no que non concedimos nin unha soa ocasión ó Bastavales”.

Goles: 1-0, Juanjo (29’); 2-0, Anxo Veiga (60’); 3-0, Jose Rey (69’)

PREVIA 6ª XORNADA 
Domingo 12/10/2025

Os partidos dos equipos da Costa:

  • SD Cacheiras – SD Castriz

  •  SD Fisterra – SCDR Esteirana

  • Boimorto CF – Camariñas FC 

  •  CF Muxía – CCD Queixas

 

-Foto do Castriz : FaceBook do clube

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”