CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 5ª XDA DA LIGA DA COSTA : “O CAMARIÑAS APROVEITA OS PINCHAZOS DOS DA ZONA ALTA PARA POÑERSE LIDER EN SOLITARIO”.

Vicente Carril espectador de luxo no Porteño-Baio na Grixa.

 

O Camariñas vence a domicilio e sigue a ser o único equipo invicto da categoría, e ademáis tralo segundo pinchazo do Soneira consecutivo, (non pasaba do empate en Cee), deixa aos camariñáns máis líderes con 3 puntos máis, sumando 13 de 15 posibles. O equipo vimaincés víase favorecido pola derrota do Monte Louro en Santa Comba, para seguir mantendo a segunda praza e acércase a esta loita o Corme que derrotaba a domicilio o Lira. Por abaixo nada novo, o colista Corcubión sumaba unha nova derrota e o Outes a segunda do curso mo que leva 3 empates, eido no que está a ser polo de agora o Cabana o que máis empata, con 4 de 5 encontros, o que fai que sumándolle a derrota do Cee, o empate do Muros e a derrota do Porteño o sábado nun gran partido vibrante co Baio, estén todos nun pano.

 

LIGA DA COSTA

-5ª Xornada-

-13/10/2024-

CD Muros 1-1 Cabana SD

Outes FC 0-2 Corme CF

CF Lira 2-3 Camariñas FC

CF Mazaricos 3-2 SD Coristanco

Ponteceso SD 5-1 UD Corcubión

CF Porteño 2-3 CD Baio

UC Cee 1-1 Soneira SD

Xallas FC 2-1 UD Monte Louro

 

-CRÓNICAS-

 

UC Cee 1-1 Soneira SD

Poucos goles os vistos no San Paio de Refoxos, para o que se veu no terreo de xogo. Pido gañar calquera pero o reparto de puntos foi o máis xusto. Adiantouse o Soneira aos 11 minutos de xogo por medio de Adrián e empataba para os ceenses pouco despois, Ezequiel, (19´).

 

CF Lira 2-3 Camariñas FC

Comezou mellor o Camariñas e consigueu poñerse por diante cun tanto de Soule. Puido sacar maior vantaxe pero serían os lirachos os que vían porta por medio de Pablo Leis, (31´). Co empate foise o descanso. Na segunda metade volveu a sair mellor o equipo camariñán e nunha incursión de Soule no área, era derribado o Djibril non fallaba desde os 11 metros, (65´). Non se viña abaixo o equipo local e a veteranía de Roberto Amoedo traía de novo o empate o marcador, (69´). Puido caer o resultado de calquer banda pero foi Antelo o que no 82 lle daba o trunfo aos de Juanillo e o liderato en solitario.

 

CD Muros 1-1 Cabana SD

Encontro bronco con moitos paróns e contacto físico cas conseguintes cartulinas que tivo que ensinar Narcos Martínez, 8 delas aos muradáns e delas duas vermellas, unha por dobre cartón a Javier García, (67´), e ourta dirata no descotno final a Fran Rodríguez. Foi dominador do encontro e da maioría das ocasións o Cabana, pero sería Martín o que adiantaría aos de Muros o fío do descanso, (42´). Pasada a hora de xogo Aarón acadaba o empate, nun choqe no que tiveron ocasións de tódolos colores, pero nin a madeira, 82), nin o porteiro local, Aitor, nen a falla de puntería lles permitiron aos de Mingui levarse os 3 puntos, e puideron ir de baleiro se os muradáns non erraran nunha contra final.

 

Clebración do 2-3 dos baieses.

 

CF Porteño 2-3 CD Baio

Encontro xogado de poder a poder e con moita intensidade no que Martín MC marcou a diferenza. Paredes aos 6 minutos de xogo poñía por diante aos da Ponte do Porto, nun A Grixa abarrotado. Non tardou en aparecer a estrela do encontro, Martín MC, que empataba no 12. Xusto antes de irse a vestiarios, Yuyo de penalti batía a Rodrigo para o 2-1, resultado co que se ía a vestiarios. A volta do descanso Sergio empataba o choque, (55´). O encontro volveuse nun ir e vir con chegadas perigosas duns e doutros e podendo chegar o gol para calquera, pero apareceu de novo MC no 88 para batir a Lema e facer o gol que lles daba os 3 puntos, nun choque no que como decimos puido caer de calquer banda.

 

Outes FC 0-2 Corme CF

  Encontro de empate que se trocou nos derradeiros minutos cando Borja Torrado batía a Ryan, (4´). Xa no desconto cos outeses a desesperada chegaba un penalti que transformaba Lucas Rial, (93´), para levarse o trunfo e engancharse a zona de arriba. 

 

CF Mazaricos 3-2 SD Coristanco

Encontro que puido ter máis ca resolto o Mazaricos que se ía 2-0 o descanso, con goles de Manuel, (22´), e Bryan, (25´), e que creara ocasións para máis. Un gol de sergio Regueira en propia porta dáballe unha suculenta ventaxe os mazariquenses, pero esa diferenza comezou a tambalearse no 84 cando Dani Castiñeiras facía o 3-1, e as cousas poñíanse máis apuradas o facer o 3-2 Dani Vázquez, (94´), tras transformar un penalti.

 

Ponteceso SD 5-1 UD Corcubión

Non acaba de collerlle o tino a competición o Corcubión, que no o fixo mal na primeira metade na que se adiantaban os de Vila aos 18 minutos cun tanto de Camilo. Empataba César Lojo para os de lema, (38´), e un gol en propia porta de Eloy,44´), antes de irse o descanso afectáballes aos corcubioeses. Controlou o equipo pontecesán na segunda metade e matou o encontro cun tanto de Luca, 876´), e o propio xogador faría o definitivo 5-1 xa no desconto.

 

Xallas FC 2-1 UD Monte Louro

Encontro brusco con moitos paróns en especial na segunda metade na que houbo un expulsado por equipo, Adrián López, (56´), polo Xallas, cando levaba 10 minutos no terreo de xogo, e Martín Rama, polo Monte Louro, cando levaba no campo 5 minutos, neste caso por dobre cartón, (77´e 80´). Un total de 13 cartóns amosou Bruno Méndez, 11 deles no segundo periodo. Xián adiantaba os loureses aos 13 minutos de xogo e sería o único gol que se veu na primeira metade, na que os de Louro puideron levar unha maior diferenza a vestiarios. Na segunda Adrián “Erre”, empataba para os xalleiros, (53´), e xa no tempo de desconto, o sempre presente Doro facía o definitivo 2-1, (95´), tras materializar un libre direto dende o borde do área.

 

-CLASIFICACIÓN-

-5ª Xornada-

 Camariñas CF : 13 puntos

 SD Soneira : 10 puntos

 UD Monte Louro : 9 puntos

 Corme CF : 9 puntos

 Xallas FC : 8 puntos

 CF Lira : 8 puntos

Ponteceso SD : 7 puntos

 SD Coristanco : 7 puntos

 CD Baio : 7 puntos

10º CF Mazaricos : 7 puntos

11º CF Porteño : 6 puntos

12º CD Muros : 5 puntos

13º Cabana SD : 4 puntos

14º UC Cee : 4 puntos

15º Outes FC : 3 puntos

16º UD Corcubión : 1 puntos

 

Manolo e Vanesa un trato exquisito no bochince do CF Porteño.

 

-PREVIA-

-6ª Xornada-

-20/10/2024-

Cabana SD-Xallas FC

Corme CF-CD Muros

Camariñas FCOutes FC

SD Coristanco-CF Lira

UD Corcubión-CF Mazaricos

CD Baio-Ponteceso SD

Soneira SD-CF Porteño

UD Monte Louro-UC Cee

 

P.D. : Por mor dunha operación nun ollo e ata que todo quede ben non podo estar moito tempo fronte o ordenador, este é o motivo de non traer as crónicas coma normalmente. Tiramos de actas e dalgún comentario que nos chega. De todos modos o adestrador que queira mandarnos o seu comentario, (como xa fan algúns), será leido e resumido dentro do posible.

 

-Fotos eTexto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies