CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 5ª XDA DA 1ª FUTGAL G2 : “MUXÍA LÉVANSE OS DERBIS, CASTRIZ VENCE, E DUMBRÍA CAE DERROTADO”.

 

Isma Márquez é o máximo artilleiro do Muxía con 4 goles en 5 encontros.

Muxía e Fisterra lévanse os derbis da costa ante San Lorenzo e Esteirana, namentras que o Castriz gañaba a domicilio ao Tordoia e o Dumbría caía na sua visita ó  novo lider, Carral.

 

PRIMEIRA FUTGAL

-5ª Xornada-

-06/10/2024-

CF Muxía 4-1 San Lorenzo

SD Fisterra 3-1 SCDR Esteirana

SD Tordoia 1-2 SD Castriz

UD Carral 2-1 CF Dumbría

Bastavales UD 0-0 Club do Mar

Vea CF 2-2 SR Calo

Vizoño SD 8-3 Vista Alegre

SD SD Agolada 1-4 Bertamiráns

FC Boimorto CF 3-1 Praiña Sporting Club

 

 

O Muxía consigueu golear o San Lorenzo no derbi.

 

CF Muxía 4-1 SD San Lorenzo

Encontro controlado en todo intre polo Muxía que se puxo 2-0 na primeira metade con goles de Fran Moreira, (21´), e Isma Márquez, (39´), e que matou o choque a hora de xogo cun tanto do sempre presente Manu Nogueira, (60´). Acurtou pouco despois Eloy Arantón, (65´), para os de Berdillo, pero un novo gol de Isma, (70´), xa curtaba calquer atisbo de reacción para os visitantes. Terceira vitoria na casa, con pleno, que deixa aos carballeses de pechacancelas.

 

SD Fisterra 3-1 SCDR Esteirana

Tiña ben controlado o equipo de Diego Lobelos o encontro ata o treito final que se lle complicou co tanto dos esteiráns cando o marcador reflexaba un 2-0, con goles de Adrián “Makaay”, (28´), o transformar un penalti antes do descanso, e outro de isaac Fábregas a volta de vestiarios, (47´). O gol de Kevin Rial aos 80 minutos de xogo facía que houbese máis incertidume e que en calquer xogada puidese chegar o empate, pero o que chegou, (92´), foi o gol da tranqulidade para os fisterráns no tempo engadido. Cortan así os fisterráns unha xeira de 3 encontros sen gañar e de paso cóstanlle aos de Esteiro unha de duas vitorias consecutivas.

 

SD Tordoia 1-2 SD Castriz

Vitoria traballada dun Castriz que foi mellor na primeira metade na que se poñía 0-2 con goles de Adrián García, (13´) e Borja, (34´). Na segunda tocou controlar e buscar matar o partido por parte dos de Miguel Chouza pero foi o equipo tordoies o que acurtaba distanzas dende o punto de penalti. Jorge acurtaba distanzas o materializar o penalti no 78, con tempo para olo menos sumar algo, pero non foi así.

 

UD Carral 2-1 CF Dumbría

Plantoulle cara o equipo de Pablo Conde o lider que non foi quen de superar os dumbrieses ata pasada a hora de xogo cando Jacobo batía a Ánxo Lema. Complicouse máis o encontro para os costeiros cando Guillermo facía o segundo para os locais no 86´. No desistiron os dumbrieses e coonseguiron meterlle emoción o desconto final cando Diego Estévez facía o 2-1. 

 

-CLASIFICACIÓN-

-Equipos da costa-

Lider : UD Carral e Club do Mar : 13 puntos

 SCDR Esteirana : 9 puntos

CF Dumbría : 9 puntos

 CF Muxía : 9 puntos

 SD Castriz : 8 puntos

SD Fisterra : 7 puntos

18º SD San Lorenzo : 1 puntos

 

Muxía-San Lorenzo é un dos derbis da 5ª xornada.

 

-6ª Xornada-

-13/10/2024-

San Lorenzo-FC Boimorto

Club do Mar-CF Muxía

SCDR Esteirana-Bastavales UD

SR CaloSD Fisterra

Vista Alegre SD-Vea CF

SD CastrizVizoño SD

Bertamiráns FC-SD Tordoia

CF Dumbría-SD Agolada

Praiña Sporting Club-UD Carral

 

P.D. : Por un problema de saúde ata recuperarse as crónicas farémolas sobre as actas dos encontros e o que nos contan, para cando se poida, facelas de novo coas palabras dos adestradores.

 

-Foto : Luis González Botas

Fotos e Texto : Xosé Búa “Pirata”