LIGA DA COSTA
4ª xornada
Domingo 05/10/2025
SCD Malpica 0-2 UD Monte Louro
Outes FC 1-2 Cabana SD
UD Corcubión 2-1 CF Porteño
Corme CF 1-2 CD Baio
C.D. Muros 3-1 CF Mazaricos
Sofán SD “B” 1-2 SD San Lorenzo
Sporting Zas 2-4 Ponteceso SD
Xallas FC 3-2 Soneira SD
- AVISO : Todo aquel adestrador que queira deixarnos a sua visión do encontro do seu equipo pode facelo no whatsapp 626 72 00 47. Só poñeremos as impresións dos que nolos manden.
Resumo da xornada
A cuarta entrega da Liga da Costa deixou un total de 28 goles, cunha media de 3,5 por encontro, e moita igualdade nas primeiras posicións. Ata catro equipos , (Outes, Xallas, Malpica e Muros), comparten liderado con 9 puntos, aínda que o Outes conserva o primeiro posto pola mellor diferenza de goles.
O Ponteceso deu a sorpresa ao impoñerse en Zas (2-4) cun gran Abel, autor de dous tantos. O Baio sumou un valioso triunfo en Corme (1-2) e segue ás portas dos postos altos. O Corcubión mantén a súa condición de invicto grazas a un gol de César Lojo no desconto ante o Porteño, mentres o Muros impúxose con solvencia ao Mazaricos (3-1), con dobrete de Dani.
O San Lorenzo levouse o derbi carballés en Sofán (1-2), o Monte Louro venceu nun choque moi trabado ante o Malpica (0-2), e o Cabana sorprendeu ao Outes no seu feudo (1-2), nun encontro con moitos cartóns. O Xallas, pola súa banda, mantén o pulso na cabeza tras derrotar o Soneira (3-2) nun duelo con un expulsado por equipo.
CRÓNICA
Sporting Zas 2-4 Ponteceso SD
O Ponteceso sumou o seu primeiro triunfo do curso tras un encontro trepidante en San Andrés. Os visitantes impuxéronse pola súa eficacia, con Abel como gran protagonista asinando un dobrete. O Zas chegou a empatar por dúas veces, pero o penalti de Martín Puente e o tanto final de Abel sentenciaron un duelo no que tamén foi expulsado o técnico local no tramo final.
Goles: 0-1, (8´) Abel; 1-1, (22´) Juan Touriñán; 1-2, (35´) Javino; 2-2, (50´) Redondo; 2-3, (56´) Martín Puente (p.); 2-4, (90´) Abel.
Expulsado: o adestrador local por dobre amarela (82´).
CF Corme 1-2 CD Baio
O Baio impúxose o Corme nun encontro moi disputado e decidido nun gran tramo visitante mediada a segunda metade. Sergio e Damián puxeron un 0-2 que parecía definitivo, aínda que o Corme non se rendeu e recurtou distancias por medio de Aitor. O Baio soubo sufrir no tramo final para levar tres puntos de ouro.
Goles: 0-1, (63´) Sergio; 0-2, (68´) Damián; 1-2, (75´) Aitor.
UD Corcubión 2-1 CF Porteño
O Corcubión mantén a súa boa dinámica cun triunfo agónico ante o Porteño. O cadro local adiantouse na primeira metade cun tanto de Samu Rama e parecía ter o encontro controlado, pero Alfredo empatou no 87´ e todo apuntaba ao reparto. Cando o reloxo marcaba o 94´, César Lojo apareceu para dar tres puntos que manten como os únicos invictos aos corcubioneses.
Goles: 1-0, (25´) Samu Rama; 1-1, (87´) Alfredo; 2-1, (94´) César Lojo.
CD Muros 3-1 CF Mazaricos
O Muros segue firme na parte alta tras superar o Mazaricos cun gran segundo tempo. Benjamín abriu o marcador nada máis volver do descanso, Dani ampliou e mesmo asinou un dobrete despois de que Kevin recurtase distancias de penalti. O partido pechouse con dúas expulsións locais no tramo final.
Goles: 1-0, (49´) Bejamín; 2-0, (67´) Dani; 2-1, (69´) Kevin (p.); 3-1, (73´) Dani.
Expulsados (Muros): Daniel Fernández (82´, vermello direto) e Juan “0 vello” (92´, segunda amarela).
SD Sofán B 1-2 SD San Lorenzo
O derbi carballés foi para o San Lorenzo, que soubo reaccionar e remontar na segunda metade. Isma Ramos adiantou aos locais, pero Marcos Corral igualou á volta de vestiarios e Iago culminou a viraxe no marcador cun tanto de gran valor que dá aos de Verdillo tres puntos moi importantes.
Goles: 1-0, (25´) Isma Ramos; 1-1, (50´) Marcos Corral; 1-2, (78´) Iago.
SCD Malpica 0-2 UD Monte Louro
O Monte Louro impúxose nun duelo bronco e con moitos paróns, sobre todo na segunda metade. Os visitantes mostraron máis oficio e aproveitaron as súas opcións, con goles de Óscar Farinós e Flavio. O árbitro Caamaño mostrou ata dez cartóns, oito deles tras o descanso.
Goles: 0-1, (20´) Óscar Farinós; 0-2, (60´) Flavio.
Cartóns: 10 en total (4 locais, 6 visitantes; 8 deles na segunda metade).
Outes FC 1-2 Cabana SD
O Cabana sorprendeu en Outes e logrou o seu primeiro triunfo nun encontro moi intenso e con moita disciplina defensiva. Os locais adiantáronse cedo, pero o Cabana reaccionou con dous goles antes do descanso, un deles de penalti, e resistiu as embestidas finais dun Outes.
Goles: 1-0, (9´) Martín; 1-1, (23´) Diego Castro; 1-2, (41´) David Rey (p.).
Cartóns: 9 en total (4 locais, 5 visitantes; 6 na segunda metade).
Xallas FC 3-2 Soneira SD
Partido tolo no Fontenla, con emoción ata o final e duas expulsións. O Xallas dominou e chegou a poñerse 3-0, pero o Soneira non baixou os brazos e recurtou nos últimos minutos. O tanto de Pichi de penalti no 93´ puxo o susto no corpo dun Xallas que acabou con dez, igual que o rival, por dobres amarela.
Goles: 1-0, (27´) Bryan; 2-0, (64´) David Pereirao; 3-0, (77´) Rubén Sande; 3-1, (85´) Héctor; 3-2, (93´) Pichi (p.).
Expulsados: Rubén Sande (Xallas, 56´ e 84´); Adrián Canosa (Soneira, 73´ e 84´).
PREVIA
5ª Xornada
12/10/2025
CF Porteño – Sporting Zas
CD Baio – CD Muros
UD Monte Louro – Xallas FC
SD San Lorenzo – Soneira SD
Cabana SD – UD Corcubión
CF Mazaricos – SD Sofán “B”
SCD Malpica – Outes FC
Ponteceso SD – CF Corme
-Fotos : Prensa Sporting Zas
-Texto : Xosé Búa “Pirata”


