A Esteirana mantén o liderato.
A Esteirana vaise o parón de “Difuntos” seguindo como lider por golaveraxe con +23, e igual con +23 do Céltiga, pero facendo dous mais as esteiranas cas arousanas. terceiro está empatado a puntos con ambas o Chispa, (+19). Os tres equipos tamén son os que van invictos, sumando 4 vitorias nas 4 xornadas.
As de Esteiro goleaban o Concello de Boiro, namentras que o As Miúdas sumaban a sua segunda vitoria do campionato tras derrotar ao Rois, (0-2). A única derrota costeira chegaba por medio do Outes que caía ante o Taragoña por 1-6, nun choque cun resultado que non refrexa o que se veu no campo. A liga para ata o día 10 de Novembro.
Os 5 goles de Rut e o gol de Bárbara ao Boiro, (0-6), situan a ambas o fronte da clasificación de goleadoras, con 10 para a primeir e 9 para a segunda.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
3ª GALEGA FEMININA G4
-4ª Xornada-
-27/10/2024-
Catoira SD 0-11 SD Chispa
Céltiga FCF 7-1 CD Mosteiro
EFF Sonnoia Portus Apóstoli 4-0 Bastavales UD
Juventud Cambados 9-0 Milladoiro SD
Outes FC 1-6 CCD Taragoña
EFMC Boiro B 0-6 SCDR Esteirana
CD Rois 0-2 ED As Miúdas
-CRÓNICAS-
EFMC Boiro B 0-6 SCDR Esteirana
Fran Figueroa, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Encontro algo máis difícil do que se ve no marcador, pero que ten moito peso o estado de ánimo e de confianza que veñen demostrando as de Esteiro. Moi bo traballo defensivo, e intensidade en tódalas liñas evitando a fluidez do rival e presionándoas para roubar no seu campo foi a clave para ter o mando do partido, no que destacou Rut facendo 5 tantos e traballando a reo en toda a fronte do ataque.
O Boiro B, mostrouse intenso e disputaba forte cada duelo, pero non atoparon ocos para facer dano nas liñas visitantes. Tamén destacar o debut da máis noviña das roxazuis, Lola que ven chea de ganas a disfrutar do equipo da sua vila.
Gran traballo de todo o plantel, non so das 16 convocadas, e moitos momentos de fútbol vistoso combinando por baixo, que demostra as ganas de todas por aportar nesta temporada de debut“.
11 inicial: Naira, Nerea, Marta, Terre, Sara, Leti, Lara, Sandra, Dara, Bárbara e Rut. Tamén xogaron : Gina, Alba, Noa e Lola.
Goles : 0-1, Bárbara, (10´); 0-2, Rut, (14´); 0-3, Rut, (14´); 0-4, Rut, (14´); 0-5, Rut, (14´); 0-6, Rut, (14´).
CD Rois 1-2 ED As Miúdas
Goles : 0-1, Ximena, (34´); 0-2, Carlota, (88´).
Outes FC 1-6 CCD Taragoña
Dani Salgueiros, (Adestrador do Outes FC) : “Pode sonar a tópico, pero o resultado non reflexa o ocurrido no partido na miña opinión. E certo que os goles recibimolos e nada que quitarlles. Foron 5 minutos moi malos pero antes diso e despois creamos mais ocasions de perigo e disputamos o encontro sen sentirnos inferiores. Melloramos en sensacions e esperamos a volta da liga para seguir crecendo”.
Goles : 0-1, Luna, (34´); 0-2, Marina, (36´); 0-3, Laura, (38´); 0-4, Luna, (43´); 0-5, Laura, (55´); 1-5, Laura Lires, (57´); 1-6, Ainara, (71´).
-CLASIFICACIÓN-
1º SCDR Esteirana : 12 puntos
2º Céltiga FC : 12 puntos
3º SD Chispa : 12 puntos
4º Juventud Cambados : 7 puntos
5º CCD Taragoña : 7 puntos
6º CD Rois : 6 puntos
7º ED As Miúdas : 6 puntos
8º EFF Sonnola Portus Apóstoli : 6 puntos
9º Bastavales UD : 6 puntos
10º EFMC Boiro B : 3 puntos
11º Milladorio SD : 3 puntos
12º CD Mosteiro : 0 puntos
13º Outes FC : 0 puntos
14º Catoria SD : -3 puntos
-PREVIA-
-5ª Xornada-
-10/11/2024-
Catoira SD-Céltiga FCF
CD Mosteiro-EFF Sonnoia Portus Apóstoli
Bastavales UD-Juventud Cambados
Milladoiro SD-Outes FC
CCD Taragoña-EFMC Boiro B
SCDR Esteirana-CD Rois
SD Chispa–ED As Miúdas
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, 3ª da Costa, División de Honra e 1ª Galicia de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina, así coma do Depor e de todo o deporte da costa que nos chega.
-Foto Esteirana : Fran Figueroa
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”