O Soneira celebrou o seu primeiro trunfo.
Esta xornada antes do descanso polo Sameín, ou “Difuntos”, (a liga reanúdase o 10 de Novembro), se alguén a vai lembrar será o Soneira Feminino, xa que acadaba o primeiro trunfo da sua historia, que comezou este pasado verán ca confección do equipo. As rapazas que dirixe Rolán Caamaño derrotaban nun intenso encontro ao Fisterra por 4-3. No que se refire o resto da xornada, marcáronse 36 goles e tan só dous equipos quedaron sen ver porta. Corme, EF Juan Cabrejo e Mazaricos, non fallaron e siguen da man por ise órde ao fronte da clasificación con pleno de vitorias. Tampouco fallou o Ponteceso que se situa a 3 puntos dos primeiros e que suma o cuarteto de equipos invictos, do que se descolgou o Muxía ao caer ante as camariñanans no “Derbi da ría”, nun encontro que puido caer de calquer banda e no que un penalti nos derradeiros instantes de encontro decideu todo. Por abaixo A Baña e Cerqueda continuan sen estrear o casilleiro de puntos.
A máxima goleadora da xornada foi Nerea, (Sorting Zas), cun “poker” de goles ante o A Baña. Lidera a táboa de goleadoras, Julia Varela do Bergantiños B con 6 nos 4 choques disputados, os mesmos ca Graciela Arcos do Mazaricos.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
3ª GALEGA FEMININA G2
-4ª Xornada-
(27/10/2024)
CF Mazaricos 3-0 Cabana SD
Sporting Zas 5-3 SD A Baña
Corme CF 4-1 Bergantiños CF B
Soneira SD 4-3 SD Fisterra
UD Corcubión 2-3 Ponteceso SD
UD Cerqueda 0-5 SCD Pastoriza B
EFCC Juan Cabrejo 2-1 CF Muxía
-CRÓNICAS-
CF Mazaricos 3-0 Cabana SD
José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Empezou o encontro mui igualado cos dous equipos tentando acercarse as porterias contrarias con alternativas e buscando chegar a base de xogo combinativo. O Cabana non acabou de concretar as suas chegadas e pola contra o Mazaricos golpeou ata tres veces cunha efectividad perfecta e precisión nos remates que tocaron nas madeiras antes de entrar. Xa no segundo tempo as visitantes tentaron acercarse e recurtar distancias pero non tuveron o acerto necesario nas ocacion das que dispuxeron, algunha delas mui clara. Por contra o Mazaricos sacou algunha contra ben resolta por Miriam. Resultado demasiado abultado po visto no campo de A Picota”. Xogamos con : Miriam, María, Sheila (Saray), Laura, Valeria (Begoña), Inma, Alejandra (Natalie), Iria (Nuria), Adriana (Aitana), Antia Pazos, e Irene.
Goles : 1-0, Raquel, (19´); 2-0, Graciela, (31´); 3-0, María Senra, (45+1´).
Sporting Zas 5-3 SD A Baña
Ánxo Garrido, (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido moi igualado durante a primera parte, dónde non había moitas ocasións claras , chegaria o descanso con empate a 1 despois que se adelantarán as visitantes a saida dun corner pero nos empatamos rápido. Na segunda o partido foi menos táctico e confiábamos no noso físico para chegar ben o final, xa había mais ocasións e tuvemos moi acertadas de cara a portería que foi o que nos estaba faltando as anteriores xornadas. Victoria merecida e a primera da historia da sección femenina”.
Goles : 0-1, Alexia, (20´); 1-1, Nerea, (36´); 2-1, Nerea, (63´); 2-2, Xastia, (67´); 3-2, Nerea, (70´); 4-2, Nerea, (71´); 5-2, Inés, (80´); 5-3, Xastia, (83´).
Corme CF 0-7 Bergantiños FC B
Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF Feminino) : “Partido moi intenso contra o equipo que mais me gustou dos que xogamos en pretemporada, xente xoven con moitas ganas de Competir e crecer que fai que todos os balons sean duelos intensos. Moi ordenado éste Bergan B, e propoñendo sempre xogar o fútbol, sin duda partidos moi bonitos os de xogar contra elas.
Pola Nosa parte seguimos adaptandonos o que buscamos ser dando pasiños adiante cada Domingo, partido Dominado e con moitas mais ocasions dos goles marcados, quizá a efectividad está sendo o que mais debemos mellorar.
Magoa do regalo do gol en contra, fallo noso que rompe a racha de Porterias a cero.
Partido de fútbol moi bonito, con dous equipos que penso que estaban disfrutando moito de xogalo, hasta que o colexiado decidiu estropealo, roxa directa a un entrenador por reclamar Unha falta con estás palabras: ” Pero cantas faltas levan así oh”.
A primeira vez que me dirixia o árbitro en todo o partido, e sin previo aviso, nin advertencia, nin amarilla, decidiu expulsarme nun partido no que estábamos dominando e tiñamos controlado, solo debía de facer o seu traballo que era protexer as xogadoras de algunhas entradas con excesiva dureza (acabamos o partido con duas lesionadas)
Sintoo, pero si defender as miñas xogadoras ante a dureza rival e a pasividade arbitral que lles permite facerlles daño o meu equipo todo o partido me Vai acarrear tarxetas roxas, seguireino facendo sin dudar”. Xogamos con : Lucía, Saskia, Irene, Lucía (Nerea), Candela (Laura), Olalla, Ana (Salomé), Zeltia.
Cris, Naroa e Carla.
Goles :Goles : 1-0, Carla, (7´); 2-0, Cris, (10´); 3-0, Naroa, (54´); 3-1, Julia, (61´); 4-1, Naroa, (80´).
Incidencias : O colexiado Luis Mourelle, expulsou con vermello direto no 68 a Rubén Souto do Corme.
Primeiro trunfo do Soneira Feminino.
Soneira SD 4-3 SD Fisterra
Roland Caamaño, (Adestrador do Soneira SD) : “Foi un partido moi competido e igualado, cun Soneira que con moitas gañas trataba cara a cara a un cadro fisterrán. Pronto Uxía lograría abrir o marcador. A porteira Lucía aparecia para desbaratar un par de accións. Nos primeiros compases pouco chegaba o cadro fisterrán á área local, pero ainda asi estaba Paula Casti, xogadora de campo que por as baixas tivo que enfundar os guantes para facer varias paradas de mérito. No minutos 39 Uxia ampliaria a ventaxe pero antes do descanso Maria seria quen de batir a meta loca para deixar o 2-1.
A volta do descanso o Fisterra saiu forte, e Leni empataba cun golazo de falta. Pero casi sin tempo para celebracions Ana centra e Kenny no segundo pau fai o 3-2. De seguido chega o cuarto tras un roubo no medio de Uxia xoga con Kenny esta vaise de duas rivais dispara o balón vai o longueiro e o rechace colleo Sara que sin angulo fai unha vacelina a Lucia faria o 4-2. Pouco durou a alegría no Soneira porque Paula de falta volvía meter ao Fisterra no partido. O fisterra volcouse a busca do empate pero o longueiro e a meta Paula salvaron a primeira vitoria do Soneira“.
Goles : 1-0, Uxía, (13´); 2-0, Uxía, (39´); 2-1, María Díaz, (43´); 2-2, María Elena, (60´); 3-2, María Villaverde, (61´); 4-2, Sara, (65´); 4-3, Paula, (68´).
Incidencias : O colexiado Manuel Trillo expulsou con dobre cartón a Fran Pequeño, (23´e 90´).
Corcubión e Ponteceso no “Novo Cubaleiro”.
UD Corcubión 2-3 Ponteceso SD
Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Primeiro desprazamento fóra do concello para viaxar a Corcubión, un campo bastante complicado para as xogadoras polas dimensións. A pesar diso entraron ao campo con forzas buscando insistentemente, ante un rival forte, abrir o marcador. Sería no minuto 15 cando Eva Lago a que aproveitaría un rexeitamento dun saque de banda de Ainhoa para anotar o primeiro tanto.
O segundo chegaría minutos despois, no 23. Claudia rouba o esférico fóra da área e fai un lanzamento pegado ao poste marcando un gol que sorprendeu a moitos dos presentes, que xa contaban con que iría fóra do terreo de xogo. Gran actuación tamén de María no encontro que fixo unhas grandes paradas que evitaron que as rivais anotaran con facilidade. No minuto 31 as de Corcubión metéronse no partido tras un tiro no que a gardameta pontecesá non puido facer nada indo ao descanso 1-2.
Tras o tempo de lecer as de Curro non eran as mesmas que nos primeiros minutos e as de Corcubión comezaban a apretar máis para intentar igualar o partido e así foi pouco despois da hora de partido. Un resultado, a pesar das múltiples ocasións para ambos equipos, que finalmente acabaría 3-2 tras un gol, de novo de Eva Lago.
Un encontro complicado no que ao final se puido volver a casa cos tres puntos. A semana que vén toca descansar e xa para o 10 de novembro, contra o Cerqueda”.
Xogamos con : María, Berdeal, Eva, Ainhoa, Noe (Lara 65′), Silvia (Laura R 84′), Lago, Oanes, Muíño, Claudia, Andrea (Myre 65′).
Goles : 0-1, Eva, (16´); 0-2, Claudia, (24´); 1-2, Helena, (31´); 2-2, Noa, (62´); 2-3, Eva, (81´).
Incidencias : O colexiado Manuel Trillo expulsou no 75 de encontro con vermello direto aos membros do banco do Ponteceso, Miguel e Jesús.
UD Cerqueda 0-5 SCD Pastoriza B
Goles : 0-1, Noa, (22´); 0-2, Luna, (32´); 0-3, Noa, (34´); 0-4, Joseimar, (37´); 0-5, Luna, (62´).
O Camariñas levouse o derbi da ría no “Vicente Carril”.
EFCC “Juan Cabrejo” 2-1 CF Muxía
Juan Cabrejo, (Adestrador do Escola de Fútbol Concello de Camariñas “Juan Cabrejo”) : “Derbi contra o Muxía nun partido moi disputado no q se decidío cun penalti nos minutos finales a favor noso. O partido púxosenos de cara cun gol de Paula. A partir de aí tratamos de controlar o Muxía que buscaba a velocidade diante para facernos dano, e tivo unha ocasión clara que Maira parou moi ben, e nós tivemos unha acción a balón parado para ampliar o marcador.
No segundo tempo mais do mesmo, non hubo ocasións claras pero tíñamos o partido controlado pero nun córner o Muxía empataríanos. Non nos descompuxemos e no treito final un penalti transformado por Yara dounos a vitoria que nos serve para seguir sumando”.
Goles : 1-0, Paula, (15´).; 1-1, Andrea, (70´); 2-1, Yara, (90´de penalti).
Incidencias : O colexiado Luis Mourelle, expulsou con vermello direto no 80 a Juan Cabrejo.
-CLASIFICACIÓN-
1º Corme CF : 12 puntos
2º EFCC “Juan Cabrejo” : 12 puntos
3º CF Mazaricos : 12 puntos
4º Ponteceso SD : 9 puntos
5º CF Muxía : 7 puntos
6º Bergantiños FC B : 6 puntos
7º Cabana SD : 6 puntos
8º UD Corcubión : 4 puntos
9º SCD Pastoriza B : 4 puntos
10º Soneira SD : 4 puntos
11º SD Fisterra : 3 puntos
12º Sporting Zas : 3 puntos
13º SD A Baña : 0 puntos
14º UD Cerqueda : 0 puntos
-PREVIA-
-5ª Xornada-
(10/11/2024)
CF Mazaricos-Sporting Zas
SD A Baña-Corme CF
Bergantiños CF B-Soneira SD
SD Fisterra-UD Corcubión
Ponteceso SD-UD Cerqueda
SCD Pastoriza B-EFCC Juan Cabrejo
Cabana SD–CF Muxía
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina.
-Foto Cabrejo-Muxía : Dulce “Corcu”
-Fotos Ponteceso : Marcos “Curro”
-Foto : Corme CF : Fin Lema
-Fotos SP Zas : O clube
-Fotos Soneira : Roland Caamaño
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”