CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 4ª XDA DA 3ª DA COSTA : “VOLANTES, MALPICA E SOFÁN B, SIGUEN MARCADO TERRITORIO”.

 

Volantes e Malpica sumaron a cuarta vitoria en catro xornadas e seuen comenando a clasificación, desta volta cos sureños liderando por golaveraxe trala “manciña” que lle fixeron o Laxe. Sigue sen puntuar o Seaia que lle plantou cara o terceiro, Sofán B, que se levou os putos da Pedra Queimada pola mínima.

 

3ª DA COSTA

-4ª Xornada-

-06/10/2024-

Sporting Zas 2-1 CD Baiñas

Atlético Pereiriña FC 0-3 UD Cerqueda

Sporting Seaia CF 0-1 SD Sofán B

SD Oza 2-3 SCD Malpica

CD Nantón 0-1 Inter de Brens

SD Laxe 0-5 Volantes de Baño FC

SD Camelle 3-2 CF Muxía B

Descansa : SCD Buño

 

O Sportig Zas levouse un encontro igualado.

 

-CRÓNICAS-

 

Sporting Zas 2-1 CD Baiñas

Duelo de equipos chamados a aestar arriba e que chegaban cos mesmos 4 puntos en 3 xornadas. Nun choque igualdo e xogado de poder a poder conseguían poñerse por diante os de Rubén Forján, que poñían o 1-0 no 40 por medio de Raúl corzón. Con este resultado chegábase o descanso. Xa na volta de vestiarios os de Cerbán buscaban a igualada e obtiveron os premio a hora de xogo, cando Ruli batía a Adrián reborido. Co encontro igualado e ca incertidume de hacia onde caería foi da banda dos zacenses que por medio de Darío facían o definitivo 2-1, (78´).

 

Atlético Pereiriña 0-3 UD Cerqueda

Encontro bastante físico, en especial na segunda metade. Adiantábanse os de Bardanca aos 28 minutos cun gol de Andi, gol que sería o único nos primeiros 45 minutos. Os poucos de comezar a segunda metade Suso Amado poñía terra de por medio, (50´). Non reaccinou o equipo ceense e chegaba o gol da sentenza pasada a hora de xogo, por medio de Alejandro, (68´), para o definitivo 0-3.

 

Sporting Seaia CF 0-1 SD Sofán B

Buscaba o equipo da parroquia malpicana sumar os primeiros puntos da tempada e plantou cara a un dos chamados a loita por todo, pero un tanto de Isma Ramos pasada a media hora de xogo, (37´), era suficiente para que os da parroquia carballesa se levasen os 3 puntos. Encontro controlado na segunda metade polos de Jose Barca, ante un Seaia que nunca perdeu a cara o encontro pero o que se lle notou co paso dos minutos o cansanzo.

 

SD Oza 2-3 SCD Malpica

  Encontro que comezou cun tanto aos 3 minutos de xogo por parte de Fran Montes para o Malpica e a resposta inmediata por parte de Alejandro dous minutos despois para igualar a contenda para os ocenses. Tralos goles pasouse a un tramo moi intenso e no que se viron 4 cartóns en media hora. Hamza xusto antes de irse a vestiarios facía o da remontada para o Oza, (44´). Non foi ata pasada a hora de xogo cando Aday poñía as táboas no marcador, (65´), e pouco despois un penalti a favor do lider era transformado pr Ferreito, (78´), para levarse a cuarta vitoria en 4 embites.

 

Quinto gol de Lucas do Panadeiro en 3 encontros.

 

SD Camelle 3-2 CF Muxía B

Encontro con mitos muxiáns en ambas escadras e no que o filial do Muxía amosou que está crecendo e qu o 0-8 do encontro inicial contra o Buño nas vísperas da Barca foi unha anédota, e xa fai frente a calquera. Desta volta os de Isidro foron quen de igualar un claro 2-0 dos camelláns. Comezou forte o Camelle e creaba ocasións de gol nas que unhas veces as boas intervencións de Ángel Esperante e outras a madeira, (2), evitaban o gol, e así se ían a segunda metade co 0-0 no marcador. Na Os muxiáns trataban de colgar balóns longos no área, pero a defensa camellana respostaba ben, non foi ata o 58 cando un pase antre liñas de Pasteleiro era interceptado por Lucas do Panadeiro para no man a man co meta muxián facer o 1-0. Non tardou en poñer terra de por medio o muxián, sandro, que facía o segundo no 67 tras unha boa xogada por banda. Baixou a intensidade o Camelle e pagouno con dous goles moi parecidos a balón parado materializados por Fabián Sendón e Por Damián Soneira, (74´e 84´). Xa con todos máis pensando no empate que noutra cousa un balón roubado por Dido no medio campo, rebasa o porteiro e dalle o balón a Lucas do Panadeiro que marca a porta baleira o definitivo 3-2.

 

CD Nantón 0-1 Inter de Brens

Segunda vitoria do que vai de liga e segunda como visitante para o recén chegado, Inter de Brens, que tras unha primeira metade na que non se movía o marcador, pasaba a unha segunda na que o camellán, Adrián Pasantes facía o único gol do encontro, (71´), e que a postre lles daría os 3 puntos. O curto do resultado mantivo a incertidume ata o final, pois os nantoneses buscaron a igualada que non chegou.

 

SD Laxe 0-5 Volantes de Baño FC

Non da carburado o Laxe máis internacional dos derradeiros tempos e veuse arroiado polos de Baño na primeira metade na que deixaron o encontro sentenzado cun 0-4 inapelable, cun “Hat-trick” de Barreiro, (5´, 34´, e 44´), e antre eles un tanto de Mariño, (42´). Na segunda metade e nun tempo que sobrou, o propio Jose Barreiro completaba un “Poker de goles”, (76´), para poñer os de Baño no liderato por golaveraxe, por enriba do Malpica, con 4 vitorias de 4 encontros xogados.

O Buño atesoura unha vitoria e un empate.

 

-CLASIFICACIÓN-

 Volantes de Buño FC : 12 puntos

 SCD Malpica : 12 puntos

  SD Sofán B : 10 puntos

4º UD Cerqueda : 7 puntos

 Inter de Brens : 7 puntos

 Sporting Zas : 7 puntos

 SD Camelle : 5 puntos

8º SCD Buño : 4 puntos

 CD Baiñas : 4 puntos

10º CD Nantón : 3 puntos

11º Atlético Pereiriña FC : 3 puntos

12º CF Muxía B : 3 puntos

13º SD Oza : 1 puntos

14º SD Laxe : 1 puntos

15º Sporting Seaia CF : 0 puntos

 

P.D. : Nantón, Oza, Sporting Seaia, e Buño, teñen un encontro menos disputado.

 

 

 

-PREVIA-

-5ª Xornada-

-13/10/2024-

SD Camelle-Sporting Zas

CD Baiñas-Atlético Pereiriña FC

UD Cerqueda-Sporting Seaia CF

SD Sofán B-SD Oza

SCD Malpica-CD Nantón

Inter de Brens-SCD Buño

CF Muxía BVolantes de Baño FC, (Sábado 12/10 ás 17:00 horas)

Descansa : SD Laxe

 

Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª Galega Feminina.

 

P.D. : Por motivos dun problema na vista que me impide estar moito tempo diante da pantalla do ordenador, traémosvos as crónicas deste xeito e non como habitualmente cas opinións dos adestradores. Estas están feitas gracias os comentarios de algúns adestradores, (podedes mandarnolos igual), ou afeccionados e seguindo a cronoloxía dos goles polas actas da RFGF, polo que pode haber algún erro.

 

-Foto Camelle : Lorena López

-Fotos Zas-Buño : Sporting Zas

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies