3º DA COSTA
-3ª XORNADA-
Domingo 28/09/2025
-
Camelle SD 2-3 CD Nantón
-
Atlético Pereiriña FC 2-1 UC Cee
-
CD Baiñas 3-1 Inter de Brens
-
SCD Buño 1-0 Muxía CF “B”
-
SD Laxe 0-2 UD Cerqueda
-
Volantes de Baño FC 0-2 SD Coristanco
-
SD Oza 5-1 Lira CF
-
Descansa : Sporting Seaia CF
AVISO : Todo aquel adestrador que queira deixarnos a sua visión do encontro do seu equipo pode facelo no whatsapp 626 72 00 47. Só poñeremos as impresións dos que nolos manden.
CRÓNICA XERAL
Oza e Cerqueda fan pleno
Pereiriña sorprende ao UC Cee no derbi do San Paio de Refoxos e o Oza asina unha goleada para coller o liderato co Cerqueda de colider con 3 de 3 ao igual cos ocenses. A 3 puntos está o Coristanco pero tamén con pleno o ter xogado só 2 encontros.
A terceira xornada da 3ª da Costa deixou emoción, goles e resultados de peso. O gran titular estivo no San Paio de Refoxos, onde o Atlético Pereiriña dobregou ao UC Cee (2-1) nun derbi cargado de intensidade, con expulsións e moita tensión. O feudo ceense, compartido tamén polo Inter de Brens, vai ser o escenario máis visitado de todo o futbol da costa.
Outro dos nomes propios foi o SD Oza, que arrasou ao Lira cun contundente 5-1, mentres que o Nantón remontou en Camelle para levar un triunfo épico (2-3). O Buño fixo valer un solitario tanto para sumar tres puntos ante o Muxía “B”, e o Cerqueda levou o choque en Laxe con eficacia. O Coristanco mantense firme tras vencer no campo do Volantes, e o Baiñas superou con solvencia ao Inter de Brens.
-CRÓNICAS-
Camelle 2-3 Nantón
O Camelle puxo terra de por medio con dous goles de Fabián (m.18 e m.48), pero o Nantón reaccionou con carácter. Jorge recortou distancias no 71, e Álex López, protagonista da tarde, asinou o empate no 77 e a remontada definitiva no 83.
Sergio “Crejo”, adestrador do Camelle:
“O partido comezou igualado, con ocasións para os dous, aínda que o Nantón creaba máis perigo. Tivemos un balón ao pau e outra ocasión clara antes do descanso. Na segunda parte fixemos o 2-0 cun disparo exterior, pero baixamos a intensidade e eles aproveitaron. Chegamos a mandar outro balón ao pau, mais foron eles quen sentenciaron á contra.”
Adrián Varela, adestrador do Nantón:
“Empezou o partido un pouco tranquilo sin moita presencia nas areas e mais disputado en zona de centro do campo… e nunha xogada aislada o Camelle ponse por diante despois de finalizar unha segunda xogada mal defendida por nòs.
O equipo en ese momento dou un paso adiante e empezou a facerse mais dueño do balón e a ter más presencia en area. Añon de cabeza, Yago con 2 disparos rozando o pau e Jorge e Benbe en varios corners poideron empatar pero non eramos efectivos.
Na segunda parte saliamos ca misma idea, de seguir sendo superiores pero o Camelle ampliaria distancias no 48 cun disparo dende fora da area qe entra axustado o poste inferior.
Os nosos chavales non se viñeron abaixo e seguiron intentandoo pero sin resultado nos metros finales, ata que Jorge no 60 enganchou un rechace da defensa e dende fora da area marcou con outro disparo axustado o pau para recortar distancias.
Yago tivo un man a man e Jorge outro remate dentro da area para empatar.
Un empate que chegaria no 77 tras unha falta sacada por Alex Lopez que entra polo segundo pau sin que nadie conseguira tocala.
E o premio chegou uns minutos despois despois dun sensacional pase de Jorge para Alex que o deixa man a man co porteiro e despois de superalo en velocidade remata a porteria vacía para poñer o definitivo 2-3, que baixo o meu punto de vista, foi un resultado xusto visto as ocasions xeradas por nos durante todo o partido”
Atlético Pereiriña 2-1 UC Cee
O derbi de San Paio estivo cargado de intensidade. Oli abriu a conta de penalti no 30 e Brais Lagoa ampliou no 49. O Cee recortou no 88 por medio de Josiño, pero non houbo tempo para máis. O Pereiriña acabou con varias expulsións: o adestrador Julio Domínguez (m.5), Adán Leis por dobre amarela (25 e 63) e José Suárez (73 e 85).
CD Baiñas 3-1 Inter de Brens
O Baiñas golpeou primeiro cun tanto de Santiago Moreira no 6. Ruly ampliou no 48, e aínda que Álex Castro acurtou no 56, o propio Ruly sentenciou no 84 para deixar os tres puntos na casa.
SCD Buño 1-0 CF Muxía “B”
O Buño venceu grazas a un tanto de Andrés Suárez no 28. Un duelo moi intenso no que houbo duas expulsións directas no equipo oleiro: Alan Moscoso (54), e o adestrador, Pablo Mallón (68).
SD Laxe 0-2 UD Cerqueda
O Laxe, que afrontaba o partido con só 13 xogadores, aguantou unha hora, pero Andrés abriu a conta no 61 e Gustavo ampliou no 75 para o Cerqueda.
Volantes de Baño 0-2 SD Coristanco
O Coristanco segue firme e venceu a domicilio. Daniel Castiñeiras marcou de penalti no 54 e Pablo Pose sentenciou no 89.
O Oza lider por golaveraxe.
SD Oza 5-1 CF Lira
O Oza asinou unha das goleadas da xornada. Salah inaugurou o marcador no primeiro minuto e Saad fixo o segundo no 3. Carlos Cortizo recortou no 70, pero Fernando (71), Roberto (85) e Nacho (90) fixeron o resto.
Gonzalo Novo, segundo adestrador do Oza:
“Un partido no que empezaríamos moi moi ben, tan ben que no segundo 14 de xogo, Salah ganalle ben a partida o lateral do Lira e adelantarianos no marcador. Prácticamente na seguinte xogada, un balón en longo de Davicillas aproveitaria a sua velocidad Nacho para chegar a linea de fondo e poñer un pase o segundo pau, na que Saad non perdoa.
Intentaría ahi o Lira despertar algo, xa que entrou bastante dormido no partido pero sin crearnos gran perigo, debido o xogo que estaban facendo os nosos e quitando unha falta de Lagoa o pau, pouco mais que destacar desta primeira metade, na segunda o Lira parecía que quería recurtar distancias, primeiro con un tiro do seu dianteiro ante un paradon de Benjamín e conseguiriano nun saque de esquina no que reclamos unha falta a Raúl no intento de despexe(que para min e moi clara, xa que o empurran e nn lle deixan despexar o balón) conseguirían marcar eles o primeiro.
Reaccionaríamos moi ben e na seguinte xogada unha fantástica carreira de Nacho regatea o porteiro casi no banderín de córner e poñeria un balón atrás para que Fernando sentenciara o choque a falta de pouco mais de 15 minutos para o final, a partir de ahí, con un Lira desgastado e intentando facer algo de dano chegaron os goles de Rober e Nacho para cerrar un marcador creo que merecido polo visto nos 90 minutos de xogo.”
CLASIFICACIÓN
CD Nantón
Previa 4ª xornada
(05/10/2025)
-
Muxía “B” – Oza
-
Inter de Brens – Volantes de Baño
-
Lira – Baiñas
-
UC Cee – Buño
-
Cerqueda – Atlético Pereiriña
-
Coristanco – Sporting Seaia
-
Nantón – Laxe
-
Descansa: Camelle
-Fotos : CD Nantón e SD Oza
-Texto : Xosé Búa “Pirata”

