CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 3ª XDA DA LIGA DA COSTA : “OUTES E MALPICA ÚNICOS QUE REPITEN VITORIA”.

Liga da Costa
3ª Xornada

Resultados

  • CF Porteño 0-3 Outes FC

  • CD Baio 1-0 Sporting Zas

  • SD San Lorenzo 4-1 CD Muros

  • UD Monte Louro 0-1 Soneira SD

  • CF Mazaricos 1-1 Corme CF

  • Cabana SD 0-2 SCD Malpica

  • Xallas FC 2-0 Sofán SD “B”

  • Ponteceso SD 3-3 UD Corcubión

Todo aquel adestrador que queira deixarnos a sua visión do encontro do seu equipo pode facelo no whatsapp 626 72 00 47. Só poñeremos as impresións dos que nolos manden.

Homenaxe ao xogador do Sporting Zas, Ánxo,  lesionado contra o Inter de Brens na derradeira xornada da tempada pasada e que será operado por cuarta vez do xeonllo, (2 de cada perna).

Crónicas

CF Porteño 0-3 Outes FC

O encontro mantívose igualado ata a segunda metade, cando o Outes abriu a lata por medio de Manel Carou. Xa no tramo final, Keko e Adrián Liste sentenciaron un choque no que o Porteño rematou con dez pola expulsión de Papa Babacar no desconto.

Goles: 0-1 Manel Carou (68´), 0-2 Keko (83´), 0-3 Adrián Liste (86´).

CD Baio 1-0 Sporting Zas

Derbi veciñal que regresaba tras anos sen disputarse o non coincidir na mesma liga. O tanto decisivo chegou cedo, Rubén Sánchez cazou un rexeite tras un disparo ao pau e fixo o único gol dun encontro aberto ata o pitido final. O Zas reclamou un claro penalti que podedes ver no vídeo que nos pasa o departamento de prensa do Sporting Zas.

Goles: 1-0 Rubén Sánchez (21´).

SD San Lorenzo 4-1 CD Muros

O San Lorenzo dominou desde o inicio. Javi Pérez abriu o marcador, Riki ampliou antes do descanso e na segunda parte ambos repetiron para deixar o partido sentenciado. Dani Jurjo maquillou o resultado no tramo final para o Muros.

Goles: 1-0 Javi Pérez (25´), 2-0 Riky (35´), 3-0 Riky (70´), 4-0 Javier Pérez (74´), 4-1 Dani Jurjo (84´).

 

Gusa deulle os 3 puntos o Soneira.

UD Monte Louro 0-1 Soneira SD

Partido moi igualado, no que o central muxián Gusa aproveitou unha xogada a balón parado para dar os tres puntos a un Soneira que chegaba moi mermado polas baixas. O Louro mereceu máis pero non estivo fino de cara a portería.

Goles: 0-1 Gusa (53´).

CF Mazaricos 1-1 Corme CF

O Mazaricos adiantouse cun penalti transformado por Kevin a cinco do descanso. Cando parecía que se irían por diante ao vestiario, Lucas Rial empatou no tempo engadido da primeira metade. Na segunda non se movería o marcador.

Goles: 1-0 Kevin (40´, penalti), 1-1 Lucas Rial (45+3´).

Cabana SD 0-2 SCD Malpica

O Malpica segue lanzado. Raúl abriu a conta cun lanzamento de falta preto do descanso, e xa na segunda metade Saydo ampliou de penalti para manter aos de Malpica na cima da táboa.

Goles: 0-1 Raúl (41´), 0-2 Saydo (66´, penalti).

Xallas FC 2-0 Sofán SD “B”

Duelo entre recén ascendidos que non defraudou. O Xallas xogou con dez desde o minuto 31 pola expulsión directa de Yago Facal, pero Bryan marcou nada máis volver do descanso. Xa no desconto, Peke fixo o segundo cunha gran falta directa.

Goles: 1-0 Bryan (52´), 2-0 Peke (90´).

Ponteceso SD 3-3 UD Corcubión

Encontro tolo no Pinguel onde o Corcubión comezou arrollador cun 0-2 aos sete minutos, pero o Ponteceso reaccionou. Tras o terceiro visitante de Mario, os locais foron quen de empatar nos últimos instantes. O Corcubión xogou con dez desde o 51´ pola expulsión de Canosa e mesmo foi expulsado tamén Isidro, encargado do material.

Goles: 0-1 Mario (3´), 0-2 Isaac (7´), 1-2 Iván Rodríguez (12´), 1-3 Mario (38´), 2-3 David (53´), 3-3 Eloy Álvarez (91´).

 Clasificación

  1. Outes F.C. – 9

  2. S.C.D. Malpica – 9

  3. Xallas F.C. – 6

  4. C.D. Muros – 6

  5. Sporting Zas – 4

  6. U.D. Monte Louro – 4

  7. S.D. San Lorenzo – 4

  8. Sofán S.D. “B” – 4

  9. C.D. Baio – 4

  10. Corme C.F. – 4

  11. U.D. Corcubión – 3

  12. Soneira S.D. – 3

  13. C.F. Porteño – 3

  14. Mazaricos C.F. – 2

  15. Puenteceso S.D. – 1

  16. Cabana S.D. – 0

PREVIA
4ª xornada 
Domingo 05/10/2025
  • S.C.D. Malpica – U.D. Monte Louro

  • Outes F.C. – Cabana S.D.

  • U.D. Corcubión – C.F. Porteño

  • Corme C.F. – C.D. Baio

  • C.D. Muros – C.F. Mazaricos

  • Sofán S.D. “B” – S.D. San Lorenzo

  • Sporting Zas – Ponteceso S.D.

  • Xallas F.C. – Soneira S.D.

 

-Fotos : Prensa Sporting Zas

-Texto : Xosé Búa “Pirata”