CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 3ª XDA DA DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS : “XORNADA MARCADA POLOS INCIDENTES NO ATLÉTICO CARBALLO-CANCES”.

Foto da pasada campaña do Atlético Carballo campión da 1ª Galicia de Veteranos.

 

Xornada esta terceira da División de Honra de Veteranos polo encontro que enfrontaba ao lider Atlético Carballo co seu veciño CF Cances e que estivo suspendido dende o minuto 50 cando o Atlético Carballo acadaba o 3-0 por medio de José Luis. O Cances que xogaba cun menos dende o minuto 31 por expulsión con dobre cartón, (30´e 31´), tamén sufría con vermello direto de Óscar Torres, (40´). Cando chegou o gol do Atlético formouse un follón co propio Torres e o colexiado, (segundo o acta), “querendo agredilo en varias ocasións e sendo parado polos seus compañeiros e xogadores locais”. Tras este incidente os xogadores do Cances decidiron abandoar o terreo de xogo, polo que foi suspendido. Nas nosas clasificacións apuntámoslle os 3 puntos o Atlético Carballo, tendo en conta o resultado, agás que o Cances decida xogar os 40 minutos que faltan. Estaremos a expectativa do que sucede.

Esto é o que recolle a resolución da sanción : 

Vista a acta arbitral a cal reflicte “Tras o redactado no apartado de FUTBOLISTAS e EXPULSIÓNS, o equipo visitante C.F. CANCES, decide abandonar voluntariamente o terreo de xogo, negándose a volver xogar. Debido a este motivo, o partido é suspendido no minuto 50 tendo que renovarse cun saque inicial por parte do C.F. CANCES, que estaba situado enfronte á bancada, atacando cara á zona do campo máis próxima aos vestiarios.”

A retirada dun equipo do terreo de xogo, unha vez comezado o partido, ou a negativa para inicialo, cualificarase como incomparecencia, sendo aplicable a tales eventos as disposicións contidas no artigo 69 do presente ordenamento. Se a retirada producísese unha vez comezado o partido atenderase ao marcador do momento da retirada a condición de que este fose superior a unha diferenza de tres goles. En caso contrario o resultado será o especificado no artigo 69 de este mesmo corpo regulamentario.

Sanción a Óscar Torres :

UN (1) MES DE INHABILITACIÓN por ameazar ou coaccionar ao árbitro principal, asistentes, cuarto árbitro, directivos ou autoridades deportivas
DÚAS (2) MESES DE INHABILITACIÓN pola tentativa, de ata en dúas ocasións, agredir ao árbitro principal, non chegando á consumación grazas á intervención dos seus compañeiros e os do equipo contrario; tendo que retroceder o colexiado por ver en perigo a súa integridade física. (12 partidos).

Esto é o que recolle o acta e a sanción do Comité. www.piratasdemuxia.es queda aberto a calquer aclaración que queira facer algún dos cublees ou implicados.

No que se refire ao resto da xornada destacar as sorpesas dos empates do Veteranos CF Dumbría e ACD San Ramón, ante Mazaricos e San Lorenzo respectivamente.

 

DIVISIÓN DE HONRA VETERANOS

-3ª Xornada-

-06/10/2024-

ADCV Ponteceso 4-1 Cabana SD

Atléico Carballo SD 3-0 CF Cances

ACD San Román 3-2 CD Razo

SD San Lorenzo 0-0 ACD San Ramón

Sporting Zas 3-2 SD Coristanco

Corme CF 2-5 Soneira Veteranos

CF Mazaricos 2-2 Veternaos CF Dumbría

 

-CLASIFICACIÓN-

 Atlético Carballo SD : 9 puntos

 Veteranos CF Dumbría : 7 puntos

 ACD San Ramón Veteranos : 7 puntos

 ADCV Ponteceso : 6 puntos

 SD Soneira : 6 puntos

 ACD San Román : 6 puntos

7º Sporting Zas : 6 puntos

 SD San Lorenzo : 4 puntos

 CD Razo : 3 puntos

10º SD Coristanco : 1 puntos

11º Corme CF : 1 punto

12º CF Mazaricos : 1 puntos

13º CF Cances : 0 puntos

14º Cabana SD : 0 puntos 

 

-PREVIA-

-4ª Xornada-

-13/10/2024-

Cabana SD-CF Mazaricos, ás 10:00 horas

CF Cances-ADCV Ponteceso, ás 10:30 horas

CD Razo-Atléico Carballo SD, ás 10:30 horas

ACD San Ramón-ACD San Román, ás 10:00 horas

SD Coristanco-SD San Lorenzo, 10:00 horas

Soneira Veteranos-Sporting Zas, ás 10:00 horas

Veteranos CF Dumbría-Corme CF, ás 09:45 horas

 

 

-Foto : FaceBook Atlético Carballo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

 

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies