CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 3ª XDA DA 3ª GALEGA FEMININA G4 : “A ESTEIRANA LÉVASE O DERBI E MANDA NA LIGA, POLA SUA BANDA O MIÚDAS CAÍA NO SEU FEUDO”.

A Esteirana lider por golaveraxe co adestrador Farn Figueroa.

 

A Esteirana levábase o derbi co Outes de maneira aplastante, (11-0), para con este botín de goles instalarse na primeira posición por golaveraxe, sendo co Céltiga e Chispa os únicos que sumaron 3 de 3 encontros con vitoria. Por outra banda o Miúdas, que é o terceiro dos equipos costeiros, caía ante o Boiro B, (1-2), nun choque no que se adiantaban e vían como lles remontaban o encontro antes do descanso. Buscaron polo menos empatar ata o pitido final pero eso non chegou.

Destacar no derbi a volta de Fran Figueroa, (do que nos alegramos), o banco da Esteirana, tras pasar por quirófano para unha reparación no casco. Estivo auspiciado pola sua compeñeira Uxía, e logo foto homenaxe o retornado.

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario ou fotos de tódolos equipos por igual, coma sempre no whatsapp : 626720047

 

3ª GALEGA FEMININA G4

-3ª Xornada-

-20/10/2024-

CD Mosteiro-Catoira SD, 15/12 ás 19:00 horas

Bastavales UD 0-6 Céltiga FCF

Milladoiro SD 1-4 EFF Sonnoia Portus Apóstoli

CCD Taragoña 2-2 Juventud Cambados

SCDR Esteirana 11-0 Outes FC

ED As Miúdas 1-2 EFMC Boiro B

SD Chispa 4-1 CD Rois

 

-CRÓNICAS-

 

SCDR Esteirana 3-4 Outes FC

Fran Figueroa, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Con baixas importantes se presentou o Outes en Esteiro para disputar o partido, malia que as locales tamén tiñan baixas, e mesmo Rut iniciou o encontro cun nocello mancado, as locales foron dominadoras do encontro e monopolizaron o xogo, contando ademáis con gran acerto na area das outienses, de ahí que se vira un resultado tan abultado.
A destacar o paso adiante de xogadoras de iniciación do cuadro esteirán, dando frutos do esforzo que veñen demostrando, personificado no gol de Dara, moi celebrado pola familia roxazul. Desexarlles a mellor das sortes ás veciñas para o que resta de temporada
“. 11 inicial: Maruxa, Nerea, Terre, Sara, Marta, Leti, Lara, Sandra, Alba, Bárbara e Rut. Tamén xogaron: Naira, Dara, Noa e Carla.

Dani Salgueiros, (Adestrador do Outes FC) : “Mal partido pola nosa parte, chegabamos a Esteiro con unha idea clara do que sería o partido e do que tiñamos que facer para que fose ben. Durante os primeiros 30 minutos fomos quen de facer parte do traballado e estabamos ben situadas no partido. Pero despois chegou un momento de despiste no que a Esteirana que ten moita pólvora de cara o gol nolo fixo pagar moi caro. Pese a todo seguimos correndo e intentandoo ata o final”.

Goles : Rut, Bárbara, (4), Sandra, (2), Leticia, (2), Dara, Marta e María.

 

ED As Miúdas 1-2 EFMC Boiro B

Goles : 1-0, Ximena, (12´); 1-1, Katia, (30´); 1-2, Andrea, (45´).

 

-CLASIFICACIÓN-

 SCDR Esteirana : 9 puntos

 Céltiga FC : 9 puntos

 SD Chispa : 9 puntos

 CD Rois : 6 puntos

Bastavales UD : 6 puntos

 CCD Taragoña : 4 puntos

 Juventud Cambados : 4 puntos 

 ED As Miúdas : 3 puntos

 EFMC Boiro B : 3 puntos

10º EFF Sonnola Portus Apóstoli : 3 puntos

11º Milladorio SD : 3 puntos

12º CD Mosteiro : 0 puntos

13º Outes FC : 0 puntos

14º Catoria SD : 0 puntos

 

-PREVIA-

-4ª Xornada-

-27/10/2024-

Catoira SD-SD Chispa, ás 12:00 horas

Céltiga FCF-CD Mosteiro, ás 12:00 horas

EFF Sonnoia Portus Apóstoli-Bastavales UD, ás 18:30 horas

Juventud Cambados-Milladoiro SD, ás 18:00 horas

Outes FC-CCD Taragoña, ás 17:00 horas

EFMC Boiro B-SCDR Esteirana, ás 12:00 horas

CD Rois-ED As Miúdas, ás 16:00 horas

AVISO : A data e os horarios poden trocar, poñerémolos fixos na “Axenda Pirata” o venres. Estes son a día de hoxe na web da RFGF.

 

Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, 3ª da Costa, División de Honra e 1ª Galicia de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina, así coma do Depor e de todo o deporte da costa que nos chega.

 

P.D. : Por motivos dun problema na vista que me impide estar moito tempo diante da pantalla do ordenador, traémosvos as crónicas deste xeito e non como habitualmente cas opinións dos adestradores. Estas están feitas gracias os comentarios de algúns adestradores ou afeccionados e seguindo a cronoloxía dos goles polas actas da RFGF, polo que pode haber algún erro.

 

Foto Esteirana : Fran Figueroa

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies