O Xallas gaña pola mínima para seguir no grupo de cabeza.
Duas vitorias e unha derrota axustada é o bagaxe das nosas na terceira tirada da 2ª Galega Feminina G2 . O UC Cee sigue liderando a clasificación tras golear o Orillamar SD e o Xallas FC que derrotaba pola mínima ao CD Lugo B, tamén está na parte alta con triplete de vitorias como as ceenses. O Dumbría escapouselle o mel dos beizos pero fixéronlle fronte a un dos 4 equipos que suman as xornadas por vitoria, o Sporting Burgo.
2ª GALEGA FEMININA G1
-3ª Xornada-
-29/09/2024-
Cultural Maniños 1-6 Orzán SD B
Brexo Lema 3-1 PM Friol B
UD Carral 5-0 Silva SD
UC Cee 5-1 Orillamar SD
Sporting Burgo 4-3 CF Dumbía
SCD Pastoriza 2-0 SD Tordoia
Sporting Meicende 1-0 UDJ Almeiras
Xallas FC 1-0 CD Lugo B
-CRÓNICAS-
Xallas FC 1-0 CD Lugo B
Vitoria traballada das rapazas de Eloy García ante un Lugo Ba que viña de dous empates e para sumar a terceira vitoria de 3 encontros para as xalleiras. Tras unha primeira metade na que non se movía o marcador chegábase a unha segunda na que Andrea Otero conseguía batir a meta visitante Iyore cando se cumplía a hora de xogo. Ata o final a incertidume polo corto do resultado fixo que a emoción campase ata o pitido final.
UC Cee 5-1 Orillamar SD
Nova goleada das rapazas de Rafa Suárez que xa suman 16 goles a favor por 3 en contra, sendo o equipo máis goleador do que vai de curso. Saray, 825´) e Paula Veiga, 830´), deixaban encarrilado o choque na primeira metade e nada máis comezar o segundo periodo, Naiara deixaba practicamente sentenzado o choque, (48´). Sen tempo a reacción, Saray, (50´) e Paula Veiga, (55´), finiquitaban a contenda. Salma no 76 acadaba o “gol da honra” para as herculinas. Con esta goleada as ceenses lideran a clasificación por golaveraxe.
Sporting Burgo 4-3 CF Dumbría
Non obtiveron premio o gran esforzo despregado as de Santi Cubelo que se poñía, 0-2 con goles da muxiana Eva Lema, (4´e 26´), e vían como lles acurtaban distanzas pasada a media hora de gogo cun tanto de Laura Boedo, (35´). Na segunda metade as cousas volvían a poñerse ben co gol de Eva Lema, 860´), pero tralo gol viñéronse enriba as coruñesas e conseguían nivelar a contenda con tantos de Nair, (66´) e Yadira, (71´). Intre de desconcerto e cansanzo das dumbriesas que viron como lles remontaban un choque que pintaba ben. Nair pouco despois do empate facía neses intres malos o gol que a postre lles daría os 3 puntos as do Burgo, (74´). As dumbriesas fixéronlle fronte a un Sporting Bugo que suma 3 de 3.
-CLASIFICACIÓN-
1º UC Cee : 9 puntos
2º SCD Pastoriza : 9 puntos
3º Sporting Burgo : 9 puntos
4º Xallas FC : 9 puntos
5º Orzán SD B : 7 puntos
6º UD Carral : 7 puntos
7º Brexo Lema SD : 6 puntosS
8º D Tordoia : 4 puntos
9º Sporting Meicende : 3 puntos
10º CF Dumbría : 3 puntos
11º CD Lugo B : 2 puntos
12º UDJ Almeiras : 1 puntos
13º PM Friol B : 0 puntos
14º Orillamar SD : 0 puntos
15º Cultural Maniños : 0 puntos
16º Silva SD : 0 puntos
-PREVIA-
-4ª Xornada-
-06/10/2024-
Orzán SD B-Xallas FC, ás 16:00 horas
PM Friol B-Cultural Maniños
Silva SD-Brexo Lema
Orillamar SD-UD Carral
CF Dumbía-UC Cee, ás 10:30 horas
SD Tordoia-Sporting Burgo
UDJ Almeiras-SCD Pastoriza
CD Lugo B-Sporting Meicende-
AVISO : A data e os horarios poden trocar, poñerémolos fixos na “Axenda Pirata” o venres. Estes son a día de hoxe na web da RFGF.
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª Galega Feminina.
P.D. : Por motivos dun problema na vista que me impide estar moito tempo diante da pantalla do ordenador, traémosvos as crónicas deste xeito e non como habitualmente cas opinións dos adestradores. Estas están feitas gracias os comentarios de algúns adestradores ou afeccionados e seguindo a cronoloxía dos goles polas actas da RFGF, polo que pode haber algún erro.
-Fotos : Veteranos Dumbría FaceBook/Xosé Búa “Pirata”
-Texto : Xosé Búa “Pirata”