3º GALEGA FEMININA G3 A COSTA
11ª Xornada
18/01/2026
Cabana SD 1-2 Outes FC
Sporting Zas 2-2 Xallas FC “B“
UD Corcubión 4-1 ED As Miúdas
EFCC Juan Cabrejo 1-0 UD Cerqueda
Ponteceso SD 0-8 Soneira SD
SD Dubra 1-0 SD A Baña
Comentario xeral da xornada
Peche da primeira volta na 3ª Galega Feminina G3 con moitas cousas claras na cabeza da táboa. O Juan Cabrejo e o Soneira SD chegan ao ecuador da competición empatados a puntos no máis alto, seguidos dun Outes FC moi sólido que segue presionando dende atrás. O Corcubión mantense firme na zona alta, mentres que o Cabana perdeu unha boa oportunidade de engancharse á pelexa polo liderado.
Na zona media, reparto de puntos no Zas-Xallas B, nun encontro con emoción ata o desconto, e derrota do Cerqueda pola mínima. Na parte baixa, duro correctivo para o Ponteceso e segue sen estrearse o A Baña, que volveu competir ata o final.
Parón ata o 1 de Febreiro
Esta liga non terá actividade na vindeira fin de semana e retomará a competición o Domingo 1 de febreiro. O final do artigo tedes o avance da 12ª xornada.
Crónicas
As rapazas do Outes celebrando a vitoria.
Cabana SD 1-2 Outes FC
Goles:
0-1, Laura, (25´)
1-1, Adriana, (51´)
1-2, Silvia, (85´ en propia porta)
Comezou o partido con dominio do Cabana, que rondaba a portería do Outes, pero sen conseguir ocasións claras. Na única contra das visitantes, Laura adiantaba ao Outes. As locais seguiron tentando empatar, pero sen acerto. Xa no segundo tempo, Adriana lograba o empate e incluso Mireia facía o 2-1, anulado por fóra de xogo. Nun lanzamento de falta, Silvia, no intento de sacar o balón, metíao na súa propia portería, dando vantaxe definitiva ao Outes. O Cabana tentouno ata o final e mesmo Silvia estrelou unha falta no longueiro.
José Manuel Vázquez (adestrador do Cabana SD):
“Comezou o partido con dominio do Cabana, que rondaba a portería do Outes pero non conseguía ocasións claras. Na única contra das visitantes, Laura adiantaba ás visitantes. Seguía tentando o Cabana, pero pese ao seu esforzo non conseguía marcar. Xa no segundo tempo empataría Adriana e incluso Mireia poñía o 2-1, pero foi anulado por fóra de xogo. Nun lanzamento de falta, Silvia, no intento de sacar o balón, meteu en propia porta e adiantou ao Outes. Tentouno o Cabana e Silvia mandaba ao longueiro unha falta”.
Dani Salgueiro, (adestrador do Outes FC) :
“Saída difícil, con importancia, pois xogabámonos tres puntos directos diante dun equipo que sabiamos que marcarlle un gol non é doado.
A primeira metade tivo un mesmo guión, con moita loita no medio campo e dúas defensas moi atentas. Queríamos ter máis o balón, pero tampouco sufriamos demasiado perigo na nosa portería. No minuto 25, un pase filtrado de Iria recólleo Laura para encarar á porteira e batela por enriba, adiantándonos no marcador.
Na segunda metade parecía que as forzas eran menores e houbo máis faltas, o que nos ralentizou un pouco o ritmo. O empate chegou nunha posición un pouco xusta. O Cabana replegou un pouco e empezamos a xogar máis en campo rival. E foi contra o final cando Laura tira unha falta que acaba colándose na portería de Miriam para darnos tres puntos moi valiosos”.
Sporting Zas 2-2 Xallas FC “B”
Goles:
0-1, Luchy, (60´)
1-1, Andrea, (66´)
2-1, Lucía, (71´)
2-2, Yaiza, (93´)
Partido igualado no San Andrés, con alternancias e emoción ata o último intre. O Xallas B adiantouse na segunda parte, pero o Zas reaccionou con dous goles case seguidos. Xa no desconto, cando parecía que os puntos quedaban na casa, Yaiza rescatou un empate para as visitantes.
Ánxo Garrido (adestrador do Sporting Zas):
“Partido de dominio claro do Zas dende o inicio donde tivo 3 grandes ocasions unha incluso sin porteira pero non deron acertado, chegando o descanso 0-0. O Xallas ben atrás buscando unha contra que a encontrarían a inicio da segunda parte para poñerse por diante, as locales xa sin nada que perder cambiaron o esquema para ser ofensivo total conseguindo dar a volta con goles de Andrea e Lucía para poñerse 2-1. Aí no tramo final cun excesivo tempo de descuento moi protestado polas locales o Xallas facia o empate nun fallo defensivo . Ainda deixaba outra xogada de ataque e o Zas conseguía chegar a portería disparando cerca do punto de penalti pero o gran partido da porteira visitante non deixaria perder ao seu equipo”.
UD Corcubión 4-1 ED As Miúdas
Goles:
1-0, María Castro, (24´)
2-0, Andrea, (41´)
3-0, María Castro, (53´)
4-0, María Castro, (62´ de penalti)
4-1, María González, (66´)
O Corcubión foi superior e deixou o partido resolto co paso dos minutos. María Castro, cun hat-trick, liderou o triunfo das locais, que seguen asentadas na parte alta da táboa.
EFCC Juan Cabrejo 1-0 UD Cerqueda
Gol: 1-0, Maira, (44´)
Triunfo pola mínima do líder nun partido moi serio e trabado. O gol xusto antes do descanso permitiulle ao Juan Cabrejo sumar tres puntos clave para pechar a primeira volta no máis alto.
Ledicia nas soneiristas trala vitoria.
Ponteceso SD 0-8 Soneira SD
Goles:
0-1, Ana Mouzo, (4´ de penalti)
0-2, Kelly, (19´ de penalti)
0-3, Kelly, (39´)
0-4, Tamara, (52´)
0-5, Kenny, (68´)
0-6, Kenny, (77´)
0-7, Sara, (84´)
0-8, Kenny, (88´)
O Soneira confirmou o seu gran momento cun triunfo moi amplo no Pinguel. As visitantes saíron decididas dende o inicio e deixaron o encontro visto para sentenza xa na primeira metade, ampliando a renda tras o descanso.
Jorge “Oli” (adestrador do Soneira SD):
“Último partido da primeira volta, no que visitabamos o Pinguel coa intención de seguir a boa dinámica dos últimos encontros. E así foi: saímos fortes dende o minuto 1, sen conceder nada ás rivais. Os dous primeiros goles chegarían dende o punto de penalti por sendas mans, que transformarían Aniña e Kelly. Xa no final da primeira parte, Kelly poñería o 0-3 despois dun córner. Ao volver dos vestiarios, o partido seguiu sendo o mesmo. Un hat-trick de Kenny e outros dous goles de Tamara e Sara Pasantes pecharían o marcador”.
SD Dubra 1-0 SD A Baña
Gol: 1-0, Lara, (89´)
O Dubra levou os tres puntos nun encontro moi igualado que se decidiu nos últimos minutos. O A Baña competiu ata o final, pero segue sen estrearse na táboa.
.
Clasificación
1ª EFCC Juan Cabrejo : 27 puntos
2ª Soneira SD : 27
3ª Outes FC : 24
4ª UD Corcubión : 20
5ª Cabana SD : 20
6ª Sporting Zas : 18
7ª UD Cerqueda : 15
8ª SD Dubra : 12
9ª Ponteceso SD : 10
10ª ED As Miúdas : 9
11ª Xallas FC “B” : 5
12ª SD A Baña : 0
.
Comunicado de Ánxo Garrido
(Adestrador do Sporting Zas)
Tralos incidentes no UD Cerqueda-Sporting Zas da pasada semanao adestrador do Sporting Zas, Ánxo Garrido fíxonos chegar un comunicado o cal non publicamos o non haber feito na xornada pasada crónicas por problemas de saúde. Pedimos disculpas e aquí vos traemos as suas palabras :
“Quero facer un pequeno comunicado sabendo que non son nada importante.
Primeiro quero pedir disculpas públicas o meu actual club como e o Sporting Zas ,por ensuciar a imaxe del,dando o espectáculo bochornoso no banquillo no encontro disputado entre Cerqueda -Zas, tamen pedirllas a entidad do Cerqueda,do que fun aficionado, xogador e directivo en tempos pasados.
Quero resaltar vendo a acta do partido que en ningún momento ningún dos dous implicados fixemos ningún tipo de agresión física, si que tivemos unha disputa verbal que pasou o límite de zarandearnos e caer o suelo, dando unha imagen bochornosa como dixen o principio para as nosas xogadoras e aficionados presentes.
A tensión do partido a veces xoga malas pasadas, non me quero para nada xustificar, sabendo que foi un error grave pola miña parte, que non volverei a cometer.
Simplemente pedir disculpas, aprender de estás situacións e intentar mellorar”.
.
3º GALEGA FEMININA G3 A COSTA
12ª Xornada
01/02/2026
EFCC Juan Cabrejo– Sporting Zas
UD Corcubión – UD Cerqueda
SD Dubra – ED As Miúdas
Cabana SD – SD A Baña
Ponteceso SD – Outes FC
Soneira SD – Xallas FC “B“

