CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 3ª GALEGA FEMININA G2 : “O CORME SUFRE NO DERBI PERO SIGUE DE 3 EN 3, MUXÍA, BERGANTIÑOS E JUAN CABREJO TOMAN AS PRAZAS QUE LLE SIGUEN”.

Ponteceso e Corme saltando o Pinguel.

Sufreu o Corme nun dos encontros da xornada no cal se enfrontaban as suas veciñas de Ponteceso, derbi por todo o alto e cun extraordinario ambente. Un gol de Zeltia aos 87 minutos evitou que as cormelanas, que van a vitoria por xornada, acadasen o seu primeiro encontro sin sumar de 3.

No outro encontro da xornada o Bergantiños B derrotaba ao Mazaricos que partían na xornada como segundas e que caen a quinta praza, superadas polo Muxía que por golaveraxe mellor cas bergantiñanas colócanse segundas, e o EF Juan Cabrejo que sube a cuarta praza a 1 punto das carballesas e muxianas e con un sobre as mazariquenses.

GOLEADORAS

Naroa Parga, (Corme CF), non marcou e sigue lideranco cos seus 29 en 14 encontros disputados, e acércase un gol máis Patri Romaní, (CF Muxía), que marcou esta xornada e conta no seu haber con 18 materializados nos mesmos encontros disputados, e pechando o podio, Carla Pose, (Corme CF), con 14 dianas tamén en 14 choques, (2 goles foron de penalti).

AVISO : Estamos abertos a recibir comentarios dos encontros por parte dos adestradores, xogadoras, colaboradores dos clubes, ou diretivos, ou tamén fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, (cousa que respetamos), de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047, e que sempre quede claro que non poñemos duns e doutros non, poñemos as dos que queren colaborar mandándonolas cada semana, cousa que agradecemos en beneficio de dar relevancia e visibilidade o noso fútbol.

 

3ª GALEGA FEMININA G2

-15ª Xornada-

(16/02/2025)

Cabana SD 3-0 SD A Baña

Bergantiños CF B 3-0 CF Mazaricos

SD Fisterra 0-3 Sporting Zas

Ponteceso SD 0-1 Corme CF

SCD Pastoriza B 1-1 Soneira SD

CF Muxía 4-2 UD Corcubión

EFCC Juan Cabrejo 4-0 UD Cerqueda

 

-CRÓNICAS-

Cabana SD 3-0 SD A Baña

José Manuel Vázquez , (Adestrador do Cabana SD) : “Vitoria do Cabana nun partido que as locais levaron a iniciativa no xogo e dipuxeron de varias chegadas que non conseguiron transformar, ainda que a mellor ocasión deste primeiro tempo foi para as de A Baña que con un lanzamento de falta puxeron en apuros a Míriam, que conseguiu desviar e finalmente dar no poste.  A partir dese momento as locais incrementaron o ritmo e Adriana poñía o 1-0 co que se chegaba o descanso.

Mesma tónica no segundo tempo cas locais cun maior dominio pero sen grandes ocasións. Sería Irene quen poñía o 2-0 e daba tranquilidade as cabanesas. Tentou A Baña acercarse a meta local e aproveitar algunha indecisión das locais pero sería Nuria quen poñía o 3-0 xa nos minutos finais”.

Leti Fernández, (Adestradora do SD A Baña) : “A espera do comentario…”.

Goles : 1-0, Adriana, (35´); 2-0, Irene, (66´); 3-0, Nuria, (89´).

 

As bergantiñistas celebran 3 puntos máis para estar arriba.

 

Bergantiños FC B 3-0 CF Mazaricos

Noe Iglesias, (Adestradora do Bergantiños FC B) : “Partido mucho más competido de lo que a priori dice el marcador.
Salieron bien asentadas las visitantes que a pesar de unos primeros ataques locales demostraron entereza y seriedad.

De hecho, la primera parte fue igualadísima con un Mazaricos robando balones en el medio campo ante la precipitación local en la salida del balón y con dos muy buenas ocasiones de gol a balón parado que paró nuestra portera . A la media hora de partido, una de las internadas locales lograba materializar el primer gol.

A la vuelta del descanso, el Bergan se mostró más seguro y se hizo con el medio del campo creando más ocasiones y haciendo mucho daño por las bandas está vez con más efectividad, logrando dos goles más que pondrían el 3-0 final”.

Goles : 1-0, Julia, (30´); 2-0, Ainhoa, (53´); 3-0, Antía, (65´).

 

O Zas volveu a senda da vitoria.

SD Fisterra 0-3 Sporting Zas

Ánxo Garrido, (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido que de inicio as locais tiñan balón e algunha ocasión moi clara, pero que non acertaban no remate final. Tras eses 30 minutos iniciais o Zas xa aparecía no campo, tiña o balón e cortaba ésa sensación de sufrir atrás. Na primeira chegada do Zas arriba Inés abría o marcador desde a frontal da área.

A segunda parte xa foi completamente do Zas, o Fisterra non se acercaba con perigo e as visitantes facían dano as costas das locais. Nerea de falta, e de golpeo lonxano, facía o seu doblete e poñía ó 0-3 definitivo no partido“.

Goles : 0-1, Inés, (30´); 0-2, Nerea, (54´); 0-3, Nerea, (64´).

 

Gran derbi antre o Ponteceso e o Corme.

 

Ponteceso SD 0-1 Corme CF

Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Un dos mellores partidos desta temporada no Pinguel con máis menos 200 afeccionados vendo o encontro. Aínda que cunha derrota final que deixaría tocadas as de Curro polo gran partido feito e do gran encontro entre ambas formacións tendo varias oportunidades de gol que fixeron pensar que o partido remataría en empate.

Ambos equipos estiveron moi recelosos dun ataque total e os dous intentaban ter a posesión que lles posibilitara imporse o rival e lograr adiantarse no marcador. Notábase que tamén que por ser un derbi ninguén quería precipitarse e ceder as primeiras de cambio e ter que ir en contra xa no inicio.

Pola diferencia na clasificación faría pensar noutro xogo, controlado maiormente polo Corme, pero finalmente non foi así e as xogadoras do Puenteceso demostraron o que se pode facer co esforzo en grupo e incluso logrando neste primeiro tempo varias xogadas de perigo .

A ocasión máis clara da primeira parte para as locais foi a de Eva Lago no minuto 24, dende a fóra da área grande, que sairía rozando o largueiro e que podería ter sido un moi bo gol.
Por parte das visitantes tamén tiveron as súas oportunidades volcando o xogo en largo polas bandas aproveitando a velocidade de Carla e Naroa en punta e intentando marcharse as costas da nosa defensa.

A única ocasión na que chegaron en vantaxe María faría unha moi parada e no rexeitamento Naroa con toda a portería baleira enviaría fóra o esférico tras nun mal golpeo.Terían outra nun córner que se pasearía por diante da portería sen que ningunha xogadora fora capaz de materializar.

Na segunda parte, xa se notou que as xogadoras do Puenteceso tiñan un desgaste físico notorio o que fixo que as visitantes foran superiores e tiveran máis ocasións. Xa estabamos os 2 equipos pensando nas táboas cando Zeltia aproveitaba un fallo na nosa defensa e lograban marcar no minuto 87 e dar casi finiquitado o partido”.

Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Vou empezar decindo que estou moi orgulloso de cómo creciu o meu equipo en canto a xogar éstes partidos, a nivel mental demos un paso moi grande que e fundamental para xogar estes derbis con tanto “run run” externo.

Os primeiro 30 minutos penso que foron igualados, cos dous equipos levando a cabo os seus plans de partido ben donde as defensas se impoñian os ataques, pero a partir do mim 30-35 o Ponteceso empezou a decaer físicamente e aparecian os ocos que antes nos tapaban ben, tendo así nos varias ocasions de gol que non quixeron entrar, sendo a máis clara un tiro o segundo pau de Nati que fai un paradón María, e ese rexeite lle queda a Naroa e nunha segunda ocasión mandao o lateral da rede.

Na segunda parte nos mantivemos o ritmo e penso que o dominio si xa foi moito mais claro, pero non lográbamos Ter ocasións claras de gol, cun Ponteceso cada vez máis afundido que defendía moi ben os nosos ataques, ainda así Carla ten unha clarísima, das que leva marcando toda a temporada, pero que non quixo entrar, e un corner, que Aroa entraba soa, e encontrouse o balón enriba e non foi quen de rematalo.

E xa cando os dous equipos case daban por bo o empate, un erro na saida de balón, caeríalle a Zeltia que cun tiro co exterior o balón iría moi próximo a escadra do primeiro pau. Marcaba así o gol que decidiría o derbi, un lanzamento a porta no que nada puido facer María para evitar o gol.

O dito moi contento co nivel competitivo mostrado polas miñas xogadoras, tanto a nivel de executar o traballo que vimos facendo, como a nivel mental, sabendo todos os condicionantes que conlevan os derbis…+3 e a polo seguinte“.

Ponteceso SD : María, Berdeal, Eva, Ainhoa, Noe, (Sarai 57´), Silvia, Lago, Muíño, Claudia, Andrea (Lara 57´), e Oanes, (Myre 57´).

Corme CF : Lucía, Saskia, Aroa, Lucía, Zeltia, Olalla, Ana (Irene), Natalia (Candela), Cris, Naroa, Carla (Laura). Tamen participaron : Aurora e Salomé.

Goles : 0-1, Zeltia, (87´).

 

SCD Pastoriza B 1-1 Soneira SD

Goles : 1-0, Triana, (3´); 1-1, María Villaverde, (12´).

 

O Muxía ponse segundo o derrotar o Corcubión.

 

CF Muxía 4-2 UD Corcubión

Isma Márquez, (Adestrador do CF Muxía) : “Enfrentamento direto ante o Corcubión para pelexar por esa parte alta da táboa.

Na primeira parte conseguíamos facer o noso xogo tendo o balón e facendo presións altas. O primeiro gol chegaría cunha asistencia de Patri a Barca, despois dunha xogada individual por banda. O segundo sería de novo de Barca tras un penalti, e o terceiro marcaríao Nerea Barrientos, que esta sendo unha revelación esta temporada de cara o gol. Tras o 3-0 relaxaríamonos e tras unha falta encaixabamos o primeiro e iríamonos o descanso.

Salimos a segunda parte algo desenchufadas e aproveitaríao o Corcubión co seu gran poder ofensivo, facendo ó 3-2, cun golazo de Andrea, e tería un penalti para o 3-3, que por sorte para nós non foi entre os tres paus. Tras ese susto e eses minutos de desconexión volveríamonos a enchufar e tras varias ocasións facía ó 4-2 definitivo Patri a centro de Claudia.

Contentos ca dinámica que estamos a ter tanto entre semana como en fin de semana, para poder pelexar por eses postos de arriba”.

Goles : 1-0, Barca Toba, (3´); 2-0, Barca Toba, (17´ de penalti); 3-0, Nerea, (23´); 3-1, Alexandra, (40´); 3-2, Andrea Romero, (50´); 4-2, Patri Romaní, (78´).

 

Rocío a veterana das camariñanas con Laura Garrote o fondo.

 

EFCC “Juan Cabrejo” 4-0 UD Cerqueda

Juan Cabrejo, (Adestrador do EFCC “Juan Cabrejo”) : “Partido que controlamos desde o inicio, tocando o balón, e froito delo tivemos as ocasións, marcamos os goles e puidemos darlle minutos a rapazas con menos xogados. Contentos co trunfo e a seguir traballando”.

Miguel Rodríguez, (Adestrador do UD Cerqueda) : “O partido foi ben disputado pero a calidade das xogadoras do Camariñas foi algo superior, e o que máis notamos en falla foron as baixas que levamos arrastrando nos últimos partidos, xa que fomos con un só troco, e eso notouse moito a hora de dar relevo as xogadoras, pero moi orgulloso de todas, dérono todo ata o final e eso hai que poñelo en valor. A seguir traballando para seguir medrando “.

Goles : 1-0, Yara, (7´); 2-0, Maira, (18´); 3-0, Saray, (50´); 4-0, Laura, (60´).

 

-CLASIFICACIÓN-

 Corme CF : 42 puntos

 CF Muxía : 31 puntos

3º Bergantiños FC B : 31 puntos

 EFCC “Juan Cabrejo” : 30 puntos

 CF Mazaricos : 29 puntos

 UD Corcubión : 26 puntos

 Ponteceso SD : 25 puntos

 Cabana SD : 25 puntos

 SCD Pastoriza B : 11 puntos

10º Sporting Zas : 11 puntos

11º Soneira SD : 8 puntos

12º SD A Baña : 6 puntos

13º SD Fisterra : 5 puntos

14º UD Cerqueda : 4 puntos

 

-PREVIA-

-21ª Xornada-

(23/02/2025)

*CF MazaricosSD A Baña, 21/02 ás 21:00 horas

Sporting Zas-Bergantiños CF B-, ás 17:00 horas

Corme CF-SD Fisterra-, ás 17:00 horas

Soneira SD-Ponteceso SD-, ás 12:00 horas

UD Corcubión-SCD Pastoriza B-, ás 16:30 horas

UD Cerqueda-CF Muxía-, ás 16:00 horas

EFCC Juan Cabrejo-Cabana SD, ás 12:00 horas

 

AVISOS

 Os horarios e datas son oficiosos non oficiais…O venres poñeremos na AXENDA PIRATA os oficiais.

Os comentarios dos adestradores e colaboradores son únicos e intransferibles, polo que piratasdemuxia.es non se fai responsable dos mesmos.

 

Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina.

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Comentarios : Adestradores

-Foto Muxía-Corcubión : Eladio Caamaño

-Foto Zas : Prensa Sporting Zas

-Fotos Ponteceso : Marcos “Curro”

-Foto Camariñas : Dulce Corcu

-Foto Bergantiños : Noe Iglesias

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies