CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 30ª XDA DA PRIMEIRA FUTGAL G2 : “DUMBRÍA E ESTEIRANA LEVÁRONSE OS DERBIS DA COSTA ANTE SAN LORENZO E CASTRIZ E DERROTAS DO MUXÍA E FISTERRA”.

Isaac Fábregas marcaba por partida dobre co Fisterra.

Aquí tedes as crónicas e moito máis da 27ª xornada da Primeira Futgal, cos comentarios dos adestradores dos equipos costeiros, de non estar completaremos segundo nos vaian chegando.

CRÓNICA XERAL

Dumbría e Esteirana leváronse os derbis costeiros desta xornada, os dumbrieses ante un San Lorenzo que mereceu máis, pero que fai que os de Dumbría se xoguen poder ser líderes ante o Club do Mar no Conco e os de Esteiro ante un Castriz que se veu sorprendido o inicio e ao final do choque. POla sua banda o Muxía caía ante o Praiña nun choque no que o recén recuperado Isma Márquez facía o gol dos muxiáns e o Fisterra caía nun mal encontro na sua visita ao Agolada.

GOLEADORES

  Diego Estévez, (CF Dumbría), non vía porta pero sigue liderando o podio de goleadores con 30 goles, (3 pen), en 27 choques. Isaac Fábregas, (SD Fisterra), segundo máximo goleador suma cos dous desta xornada 27 tantos, (2 de penalti) en 27 encontros. No terceiro chanzo do podio está Adrián García, (SR Calo), que facía dous goles nesta xornada e suma 24 dianas, (4 de penalti), en 27 encontros.

 

PRIMEIRA FUTGAL G2

-30ª Xornada-

-13/04/2025-

Vista Alegre SD 1-6 SR Calo

SD Castriz 0-2 SCDR Esteirana

Bertamiráns FC1-0Club do Mar

CF Dumbría 3-2 SD San Lorenzo

Praiña Sporting Club 3-1 CF Muxía

UD Carral5-0Bastavales UD

SD Agolada 3-2 SD Fisterra

SD Tordoia 1-1 Vea CF

Vizoño SD 2-3 Boimorto CF

 

-CRÓNICAS-

 

Praiña Sporting Club 3-1 CF Muxía

Sergio “Pataca”, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido no que estivemos mal e sempre incómodos, pero ainda así non nos crean perigo pero o balón parado sigue sendo o noso “Talón de Aquiles”. Dous goles de corner e un disparo de 25 metros foron os goles locais. Recurtamos distancias cun gol de Isma e tivemos algún achegamento máis pero non nos dou para acercarnos máis no marcador“.

Goles : 1-0, Manuel Soto, (18´); 2-0, Héctor, (59´); 2-1, Isma Márquez, (78´); 3-1, Alberto, (78´).

 

CF Dumbría 3-2 SD San Lorenzo

Iván Rojo, (Adestrador do SD San Lorenzo) :“Comenzaba o partido cun ritmo alto do Dumbría levando o peso do partido e metendo balóns as costas da defensa. O Sanlo repregado defendíase como podía. Tivo duas ocasións, nun tiro de Javi e nun balón colgado a área que apiques estivo de entrar tras tocar nun defensor. Tamén as tivo o Dumbría, e non foron quen de definir ata que nunha xogada desarfotunada Mario erra no despexe e Juanjo pon o 1-0 no marcador.

Na segunda parte o Sanlo foi mellor que o rival, o equipo dou un paso arriba e chegou con perigo. Empataba Riki tras unha boa xogada de Javi por banda, e pouco despois Baldo de cabeza facía o 1-2. Empataba o Dumbría nun saque de falta en corto sorprendendo a defensa rival. O colmo chegou no minuto 90 nunha contra do Dumbría que nun pase atrás Álex corta o pase e o rexeite favorece o xogador local para marcar a porta baleira“.

Goles : 1-0, Juan, (26´); 1-1, Riki, (49´); 1-2, Baldo, (73´); 2-2, Baba, (78´); 3-2, Antonio, (93´).

 

SD Agolada 3-2 SD Fisterra

Diego Lobelos, (Adestrador do SD Fisterra) : “Partido no que puxo a diferenza as gañas que tiña cada equipo, eles ca necesidade na táboa quixeron gañar desde o inicio e nos non estivemos ben, non puxemos a intensidade de outros partidos. Nada máis comezar Joselu fai un paradón e logo nun centro lateral que non defendemos ben marca o dianteiro deles. Despois noutro saque lateral pero a favor noso Isaac pon o empate, e nunha xogada similar dende a dereita despexamos mal e fan o segundo, cun bonito gol cruzado. Empatamos de novo cun gol de Isaac, desta vez de testarazo. Na segunda metade nun rexeite fan o terceiro entrando sós. Queremos reaccionar con trocos pero non foi un día que nos sentísemos cómodos. Tentámono pero non saeu, faltounos a intensidade que é a nosa marca. A pensar no derbi co Muxía do xoves que nos ten que dar ese punto que nos faltou neste encontro“. 

Goles : 1-0, Víctor, (17´); 1-1, Isaac Fábregas, (20´); 2-1, Daniel, (21´); 2-2, Isaac Fábregas, (23´); 3-2, Pape Samb, (72´).

 

SD Castriz 0-2 SCDR Esteirana

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “A espera do seu comentario para subilo aquí…”.

Goles : 0-1, Pablo Rama, (78´de penalti); 0-2, Elías Ruso, (92´).

 

-CLASIFICACIÓN-

1º Club do Mar : 69 puntos

CF Dumbría : 67 puntos

 UD Carral : 66 puntos

 Boimorto CF : 56 puntos

 SD Fisterra : 44 puntos

 SR Calo : 44 puntos

Praiña SPC : 43 puntos

 SD Castriz : 41 puntos

 SD Tordoia : 39 puntos

10º CF Muxía : 37 puntos

11º SCDR Esteirana : 36 puntos

12º Vizoño SD : 32 puntos

13º Vea CF : 31 puntos

 14º Bertamiráns FC : 30 puntos 

15º SD Agolada : 29 puntos

16º Bastavales UD : 29 puntos

17º SD San Lorenzo : 20 puntos

18º Vista Alegre SD : 12 puntos

 

PREVIA

-31ª Xornada-

-20/04/2025-

Boimorto FC – Vista Alegre SD, ás 17:00 horas

SR Calo – SD Castriz, ás — horas

 SCDR Esteirana – Bertamiráns FC, ás — horas

Club do Mar – CF Dumbría, ás — horas

SD San LorenzoPraiña Sporting Club, ás 16:30 horas

CF Muxía – UD Carral, ás — horas

Bastavales UD – SD Agolada, ás — horas

SD Fisterra – SD Tordoia, ás 17:00 horas

Vea CF – Vizoño SD, ás 12:00 horas

 

AVISOS :

Os horarios son oficiosos non oficiais. Na AXENDA PIRATA do venres poñeremos tódolos horarios xa marcados pola RFGF.

Os comentarios dos adestradores son propios e ca sua visión dos encontros, non da nosa autoria. 

Pode calquer adestrador dar as impresións suas sobre o encontro, baixo o seu criterio e dentro dos parámetros do respeto no whatsapp 626 72 00 47, e serán subidas a este artigo. As que non subimos e por falta de interese dos consultados, o que respetamos completamente.

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies