CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 2ª XORNADA DOS EQUIPOS COSTEIROS DA PREFERENTE NORTE E 1ª GALICIA G2.

O Baio resarciuse da derrota da primeira xornada.

 

 

 PREFERENTE NORTE-1ª GALICIA G2 A COSTA/SANTIAGO

Primeiro dicir que proximamente comezaremos como cada ano coas crónicas coas manifestacións dos adestradores, ou membros das plantillas e diretivas, xa que nestes intres é imposible para min por mor de asuntos persoais, e como sabedes esta é unha web caseira na que as veces o traballo ou a saúde fan que non se poida facer todo como un quer. De antemán agradecer ás máis de 60.000 visitas que temos o día.

 

2ª xornada

Derrota pola mínima do noso único representante na Preferente Norte, o Sofán caía por 1-0 na sua visita o Miño e vitorias do Baio, San Lorenzo e Fisterra, este último no derbi ca Esteirana, e derrota o Dumbría, nos nosos representantes da 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago.

Ares da Torre facía o gol que derrotaba ao Sofán na 2ª xornada da Preferente, a hora de xogo.  Os sofanistas viñan dun aciago empate na primeira xornada ante o San Tirso nun choque que vencían por 3-1 e que lles empataron nun minuto e buscaron a sua primeira vitoria en Miño, nun duelo moi trabado e con numerosas faltas.

No que se refire a 1ª Galicia G2, o Baio que chegaba tras unha dura derrota na primeira xornada os de García Raposo conseguían remontar o gol inicial dos da Estrada con goles de Martín MC e Bieito, o primeiro deles de penalti, (2-1). Tamén acadaba a vitoria o debutante San Lorenzo cun tanto de Eloy Arantón pasada a hora de xogo, ante outro dos debutantes na categoría, o Bertamiráns, un equipo chamado a loita por todo, (0-1).

O derbi da Costa levábao o Fisterra, (1-2), que se adiantaba aos 4 minutos cun tanto de Alex Vázquez, e que poñía terra de por medio cun novo tanto de Isaac Fábregas. Kevin Lariño acurtaba distanzas aos 70 minutos e daba emoción o choque ata o pitido final, pero a Esteirana non foi quen de acadar a igualada.

A única derrota costeira chegaba por medio do Dumbría que vía como se adiantaban pasada a media hora de xogo os do Puebla por medio de Parga. Nada máis comezar a segunda metade o muxián Lucas Toba empataba a contenda, pero pasada a hora de xogo Guillermo facía o 2-1, resultado que xa non se movería a pesares de que os dumbrieses o tentaron ata o final.

 

Os detalles da xornada

-Amosaronse 9 cartóns amarelos no encontro antre o Miño e o Sofán, (Preferente Norte), 5 deles para os sofanistas, pero non houbo expulsados. Nos encontros dos equipos da 1ª Galicia G2 con equipos da Costa, amosáronse 24 cartóns amarelos, dos que 15 foron para os equipos costeiros. Tan só houbo un expulsado en todos estes choques, o segundo adestrador do Sport Team Estrada que xogou contra o Baio.

-Houbo un penalti o que lle pitaron o Baio e que supoñía o empate co Estrada, transformado por Martín MC.

-O Sofán foi o único que non veu porta dos equipos costeiros destas ligas superiores.

 

PREFERENTE NORTE

AD Miño 1-0 SD Sofán

Goles : 1-0, Ares da Torre, (60´).

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

CALENDARIO : PREME AQUÍ

 

1ª GALICIA G2 A COSTA/SANTIAGO

CD Baio 2-1 CD Sport Team Estrada “SP”

Goles : 1-0, Daniel, (15´); 1-1, Martín MC, (35´ de penalti); 2-1, Bieito, (58´).

Bertamiráns FC 0-1 SD San Lorenzo

Goles : 0-1, Eloy, (63´).

SCDR Esteirana 1-2 SD Fisterra

Goles : 0-1, Álex Vázquez, (4´); 1-1, Isaac Fábregas, (44´); 1-2, Kevin, (70´).

Puebla FC 2-1 CF Dumbría

Goles : 1-0, Parga, (34´); 1-1, Lucas Toba, (48´); 2-1, Guillermo, (69´).

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

CALENDARIO : PREME AQUÍ

 

-PREVIA 3ª XORNADA-

 

PREFERENTE NORTE

SD Sofán-Victoria CF

Domingo 24/09/2023 ás 17:30 horas

 

1ª GALICIA G2 A COSTA/SANTIAGO

CD Baio-Cordeiro CF

Domingo 24/09/2023 ás 17:00 horas

SD San Lorenzo-SCDR Esteirana

Sábado 23/09/2023 ás 18:00 horas

SD Fisterra-Puebla FC

Domingo 24/09/2023 ás 16:00 horas

CD Sport Team Estrada SP-CF Dumbría

Domingo 24/09/2023 ás 16:15 horas

 

As datas e horarios son os que ten pubricados a RFGF polo que pode haber trocos na previa de todo o fútbol da costa deste vindeiro venres poñeremos tódolos horarios e datas de novo.

 

 

-Foto : Luis González Botas

-Texto : Xosé Búa “Pirata”