O Muxía acaou “in extremis” o trunfo ante o Outes.
Aquí tes nun só artigo as crónicas dos nosos equipos na Liga da Costa na sua 2ª xornada. Esta é unha web caseira e por tanto as veces non podemos achegarnos as cousas como queixéramos por mor de asuntos laborais, as veces, e outros de saude, ou persoais, xa que fago todo eu. Esperamos en breve poder traervos as crónicas coma estes anos co comentario do adestrador do equipo, pero agora mesmo énos imposible.
Aquí as tedes dunha maneira distinta e seguindo a cronoloxía da acta que publica a RFGF, que pode estar equivocada e algún gol, ou goleador, estar equivocado en cronoloxía ou nome.
Castríz, Cee, Monte Louro e Mazaricos foron os únicos que suman duas vitorias nos dous encontros disputados desta Liga da Costa 2023/24, ben e certo que Camariñas e Muros tamén poderían sumar duas vitorias se a resolución das denuncias de aliñación indebida contra Mazaricos e Coristanco prosperan sumarían 6 puntos de 6, e o Mazaricos pasaría a ter 3.
LIGA DA COSTA
-2ª Xornada-
Volantes de Baño FC 2-4 UD Monte Louro
Derbi apaixoante no Eleuterio Balayo de Muros no que se adiantaba as primeiras de cambio o equipo de Baño e empataba aos 4 minutos o equipo de Louro, que pouco despois acadaba a remontada, pero pouco lles duraba a ledicia xa que non tardaban en empatar os locais. Xusto antes do descanso voltaban a mandar no marcador os cisitantes, que facían o cuarto, e que sería o da vitoria final, a falla dun cuarto de hora para o final do encontro.
Goles : 1-0, Barreiro, (9´); 1-1, Alejandro, (13´); 1-2, Antonio, (26´); 2-2, Manuel, (32´); 2-3, Alejandro, (44´); 2-4, Luis Miguel, (90´).
SD Camelle 3-5 UC Cee
Encontro entretidocon máis goles ca o que foi o encontro en si e no que o Cee foi superior aos camelláns que o tentaron e estiveron preto de empatar, pero cando en duas ocasións se estiraron e buscaron a igualada foron claramente superados polos da Vila da Xunqueira, con moita eficacia de cara a gol. O encontro no derradeiro encontro fíxose moi trabado e con moitas interrupcións e ata 6 cartóns nese periodo.
Goles : 0-1, Bruno, (13´); 1-1, David Vieites, (19´); 1-2, Ezequiel, (40´); 1-3, Bruno, (49´); 2-3, Estiben, (64´de penlti); 2-4, Carlos Trinidad, (75´); 3-4, Adrián Pasantes, (80´); 3-5, Bruno, (84´).
CF Mazaricos 2-1 CD Baiñas
A expulsión do baiñés Javier Oreiro cando chegaba o gol da vitoria para os mazariquenses en forma de penalti condicionou un choque moi disputado e que podía caer de calquer banda. Rachón adiantou os do Peña d´ouro a media hora de xogo e non foi ata pasada a hora de xogo cando Raúl acadaba o empate. Pronto chegou o penalti que trocou o encontro e que era transformado por Rachón. Ata o final puido cambiar o marcador, pero os puntos quedarían na casa.
Goles : 1-0, Rachón, (32´); 1-1, Raúl, (64´); 2-1, Rachón, (70´de penalti).
Corme CF 2-4 Camariñas FC
O Camariñas fixo unha gran primeira metade na que se adiantaba por medio de Djibril e ainda que empataban os cormeláns de penalti por medio de Alejo, conseguían irse o descanso cun tanto de Roi. Xa na segunda metade poñía terra de por medio por medio de Hugo. O Corme apretou e púxose pouco despois no encontro cun tanto de Martín e no treito final a pesares da busca do empate por medio dos locais, era Mario o que sentenzaba para levarse os 3 puntos dun dos campos máis difíciles da categoría.
Goles : 0-1, Djibril, (20´); 1-1, Alejo, (34´de penalti); 1-2, Roi Carril, (42´); 1-3, Hugo, (51´); 2-3, Martín, (60´); 2-4, Mario, (90´).
CF Porteño 5-1 Ponteceso SD
O recén ascendido Porteño amosou poderío ante un Ponteceso que se veu sorprendido polo caudal ofensivo dos da Ponte do Porto na primeira metade. Eloy adiantaba aos da Vila de Pondal pasado o cuarto de hora de xogo, pero chegáronlle aos de Javi Baña 9 minutos para poñerse cun craro 4-1 no marcador, no encontro xogado na Grixa. A segunda metade foi de control dos locais e un quero e non podo dos visitantes. O quinto tanto chegaba de penalti transformado por Brais, que facía que o encontro morrera, se non estaba xa morto.
Goles : 0-1, Eloy, (17´); 1-1, Chrístian, (31´); 2-1, Chrístian, (35´); 3-1, Darío, (39´); 4-1, Andrade, (40´); 5-1, Brais, (70´de penalti).
Outes FC 0-1 CF Muxía
Traballada vitoria dos muxiáns nun choque que ía abocado a igualada, e que rompeu o xove Isma Pose no desconto final, para darlle o primeiro trunfo aos da Vila da Barca tralo agónico empate da pasada semana en Muxía ante o Porteño.
Goles : 0-1, Isma Pose, (90´).
SD Coristanco 2-4 SD Castriz
Volveu a amosar a sua forza o equipo xalleiro que o ano pasado por baga de lesións e escaseza de efectivos non puido completar o que era unha gran tempada. Brais e Juan xa deixaron ben o encontro na primeira metade e a volta de vestiarios Sebas Rial facía o terceiro para os de San Pedro de Castríz, e pasada a hora de xogo Raúl acurtaba para os da Terra da Pataca. Xa no treito final Juan sentenzaba o choque e as portas do desconto Montero facía o definitivo 2-4.
Goles : 0-1, Brais, (11´); 0-2, Juan, (43´); 0-3, Sebas Rial, (57´); 1-3, Raúl, (83´); 1-4, Juan, (83´); 2-4, Ángel, (88´).
Cabana SD 1-4 CD Muros
Enorme primeira metade do Muros que deixou desarbolado ao Cabana índose a caseta con 4 abordo. Miguel, e Xabier, cun “Hat-trick”, facían os goles visitantes. O da honra chegaba de penalti transformado por Manuel Romero.
Goles : 0-1, Miguel, (20´); 0-2, Xabier, (30´); 0-3, Xabier, (38´); 0-4, Xabier, (43´); 1-4, Manuel Romero, (76´de penalti).
CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ
CALENDARIO COMPLETO : PREME AQUÍ
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”