CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 2ª XORNADA DA 3ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA NA QUE HOUBO ATA 4 DERBIS DA COSTA.

O derbi Outes-Muxía foi o único desnivelado.

 

Fermosa xornada a que se xogou esta pasada fin de semana nesta liga plagada de equipos da costa, o que a fai máis atractiva. Xogábanse 4 derbis, e a emoción estivo ata o pitido final en 3 deles, que acabaron en empate. As que non disfrutaron nesta pasada fin de semana foron as rapazas e afeccionados/as do Outes, pois caía goleado ante o Muxía no único derbi que acabou con vitoria dun dos contendentes. Pola sua banda Corme, Fisterra e Dumbría gustábanse contra os seus adversarios aos que derrotaban con merecementos.

 

 

Aquí tedes tódalas crónicas cos comentarios dos adestradores. Nas que falta algún iremos poñéndoos segundo nos cheguen. Na web tamén podedes ver as crónicas do resto de equipos da costa da 1ª e 2ª División Galega. De antemán agradecer a tódlos colaboradores as suas aportacións para facer estas crónicas tan extensas e con diferentes puntos de vista…as veces.

 

UD Cerqueda no encontro ante o Cabana.

-CRÓNICAS-

 

UD Cerqueda 1-1 Cabana SD

Juan Ramón Salvadores, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido prometedor en “A Xaviña” de Buño, entre dos equipos que habían conseguido iniciar bien la competición, con empate en Finisterre las locales y goleada de las vecinas de Cabana. Ambos equipos se conocían bien, por haber jugado dos amistosos durante el verano, ambos con victoria cabanesa.Buenas relaciones no exentas de rivalidad y ganas de revancha, tarde espléndida y más de cien espectadores al inicio del choque completaban un escenario que no defraudó a nadie; el juego fue ameno y combativo, y bastante equilibrado. Durante la primera parte las de Cabana llegaron más que las locales, especialmente por su veloz banda derecha, y aunque no alcanzaron a poner en serios aprietos a la portera local forzaron varios corners, a la postre bien resueltos por las chicas de Cerqueda.

La segunda parte fue similar, con una lucha dinámica y de buen criterio en el centro del campo, de donde surgían pases intencionados, preponderantemente hacia las alas, para acabar las jugadas normalmente en las frontales de las respectivas áreas, si bien el Cabana siguió cosechando saques de esquina con cierta frecuencia.
Se adelantaron las locales mediada la segunda mitad, en disparo de media distancia, y desde ese momento tuvieron varias ocasiones claras, al aprovechar el adelantamiento rival en busca del empate. Igualada que el espigado equipo de Cabana consiguió cerca del final, en una jugada de varios remates y rechaces en el área local. A partir de ahí, las cabanesas siguieron insistiendo, buscando una tercera victoria consecutiva frente al Cerqueda, pero fueron las chicas locales los que siguieron encontrando huecos tras las líneas visitantes hasta el último minuto, aunque sin premio.
En definitiva, un partido de buen ritmo, que gustó al numeroso público, con juego alterno, de ligero dominio visitante pero con ocasiones más claras para las locales.Resultado que podríamos considerar justo”.

 

José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Partido que o Cabana dominou no primeiro tempo pero a falta de acertó cara a porta condenou as visitantes. O Cerqueda tentaba aproveitar as contras e poñían nalgún apretó a Míriam. Xa no segundo tempo adiantouse o Cerqueda e subiu a intensidade con continuas alternativas nas duas porterías, ata que cerca do final Irene recollía un rexeite do longueiro e poñía as táboas no marcador”.

UD Cerqueda : Paula, Jimena, Lucía, Tania, Tatiana, Irene, Lorena, Raquel, Vanesa, Uxía e Inés. Suplentes: Alba, Tamara, Mariña e María Isabel.

Cabana SD : Míriam, Antia Torres (Adriana), Sheila (Marina), Aroa, Valeria, Inma, Alejandra ( Aitana), Irene, Iría (Jessi), Saray (Natalie), e Alison.

Goles : 1-0, Inés, (47´); 1-1, Irene, (84´).

Árbitro : Álex Areosa. Amosulle cartón a visitante, Sheila.

 

Próximos encontros

CF Muxía-UD Cerqueda

Cabana SD-CF Noia B 

 

******

 

Bergantiños FC B 3-3 Camariñas FC

Nacho Boedo, (Adestrador do Bergantiños FC B) : “A espera da comentario, cando nos chegue colarémolo aquí”.

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Foi un partido de tolos, onde empezamos perdendo 2-0 e antes do descanso xa remontàramos 2-3. O calor pasounos factura e no segundo tempo o rival cunha xogadoras menos foi superior a nós e acabou empatàndonos o partido”.

Bergantiños FC B : Sofía, Sara, Carla, Arancha, Valeria, Aroa Varela, Clara, Aroa García, Antía, Ainhoa e Amelia. Suplentes: Ariadna, Sarai, Jimena, Iria e Sara.

Camariñas FC : Keren, Laura Pose, Rocío, Paula, Laura Suárez, Nuria, Lola, María, Cristina, Uxía e Leticia. Suplentes: Alejandra, Rosana, Diana, Daniela e Saray.

Goles : 1-0, Arancha, (15´); 2-0, Carla, (20´), 2-1, Laura Pose, (30´); 2-2, Paula, (35´); 2-3, Nuria, (40´de penalti); 3-3, Carla, (72´).

Árbitra : Andrea Barrera. Expulsou no penalti, no 40 a Amelia do filial do Bergantiños e amonestou o adestrador camariñán no 85.

 

Próximos encontros

Bergantiños FC B-CF Dumbría

EF Juan Cabrejo-SD Fisterra

 

******

 

CF Dumbría 3-0 AD Nicrariense

Fran Figueroa, (Adestrador do CF Dumbría) : “Encontro moi serio do Dumbría, que non solo monopolizou a posesión do balón sinón que creou xogo casi por completo en campo rival na totalidade do encontro. A pesares do dominio a primeira mitade acabaría sen goles, eso si, vendo varios disparos ás madeiras e con numerosas ocasións que non deron froito para o equipo local.

Na reanudación o dominio si que consigueu premio vendo como Claudia finalizaba unha bonita xogada colectiva e abría a lata tras pase de Adriana. Eva, que volvía ó campo e debutaba en liga faría o 2-0 cun disparo lonxano.
E pechaba a conta Serena, chegando moi atenta á un balón solto tras outra xogada colectiva que a boa meta nicrariense non puido chapar”.

CF Dumbría : Naira, Carril, Noa, Martina, Mai, Adriana, Eva, Fandi, Sabela, Claudia e Juliette. Suplentes : Lissette, Icía, Yoli, Reyes e Serena.

Goles : 1-0, Claudia, (52´); 2-0, Eva Lema, (56´), 3-0, Serena, (85´).

Árbitro : Alejandro Tato. Amonestou a visitante, Aya, (77´).

 

Próximo encontro

Bergantiños FC B-CF Dumbría

EF Juan Cabrejo-SD Fisterra

 

******

 

CF Mazaricos 2-2 UD Corcubión

Juan Tunas “Rachón”, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido de moito poderío físico por parte dos dous conxuntos. Unha primeira parte donde un Corcubión cas ideas moi claras, e buscando as suas dianteiras facía que as amarelas estiveran moi atrás e poñéndose bastante nervosas na saida de balón. Nun balón parado despois dun rexeite chegaría o 0-1. A partir de aí daríamos un pasiño adiante e seríamos capaces de empatar o partido, con un golazo de Ánxela desde fora do área. Na segunda parte o Corcubion facía moito dano mediante balóns longos a Noa e María, pero serían as amarelas as que collerían ventaxe tras un balón as costas que non desaproveitaba Mariña. O Corcubión daría un paso máis arriba e conseguiría empatar. De aí o final as amarelas serían superiores tentando conseguir os 3 puntos pero o marcador non se movería”.

Rubén Castillo, (Adestrador do UD Corcubión) : “Foi un partido emocionante que puido ir para os dous equipos. Empezamos golpeando nós con gol de Trini, tras un rexeite, e empataba o Mazaricos ao final da primeira parte. As amarelas empezaron mellor a segunda e lograron o 2-1, para despois empatar nos o 2-2, cunha boa xogada de María por banda. Ao final elas levaron máis perigo ca nós, que tratábamos de coller algunha a contra. Desexarlle toda a sorte ao Mazaricos que é un gran equipo”.

CF Mazaricos : Valeria, Graciela, Silvia, María, Tamara, Ánxela, Claudia, Antía, Iria, Fátima e Mariña. Suplentes: Paula, Celia, Leire, Hermida e Katia.

UD Corcubión : Elena, Elisa, Marta, Carla, Cristina, Trini, Noa, María, Ana, Helena e Andrea. Suplentes: Alexandra, Daniela, Claudia e Nicole.

Goles : 0-1, Trini, (27´); 1-1, Ánxela, (43´), 2-1, Mariña, (43´); 2-2, María, (73´).

Árbitro : Rai Reborido. Amonestou ao adestrador local, (28´) e a xogadora Claudia, (56´).

 

Próximos encontros

Ponteceso SD-CF Mazaricos

UD Corcubión-SD Dubra

 

*****

 

A muxiana Nuria pugna por un balón coa outesa Xeila.

 

Outes FC 0-7 CF Muxía

Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “O partido comezou con moitisimo calor, e o Muxía apretaba arriba moi ben, o cual nos dificultaba moito a saida do balón. Con todo eso, foron superiores e o marcador reflexouno xa no descanso. Na segunda metade nos recuperámonos un chisco e fixémoslle máis fronte, con bastante máis xogo e intencións que na primeira parte”.

Jose Sar “Congui”, (Adestrador do CF Muxía) : “No Muxía tivemos 2 partido de liga fora da casa en Outes donde facía moita calor pero as rapazas fixeron un gran partido. Nada máis sacar de inicio elas fixeron unha internada por banda dereita que a sua xogadora non conseguio sacar o centro, sacamos nos de porta e a raiz daí o partido xa fui totalmente controlado por nós os 90 minutos, cunha presión alta na primeira metade na que elas non chegaron a tirar nin un tiro a porta nosa. Na segunda metade case e mesma tónica, pero nós con menos ritmo xa que o descanso fomos 0-5. O primeiro gol fíxoo Patri o segundo Irene, o terceiro foi en propia meta, pero a xogada fixoa Barca índose dun par de contrarias pola banda e metendo o centro atrás e tocaría nunha delas, repiteu Patri con dous seguidos, un nunha falta casi no medio campo e outro nunha xojada ensaida de saque de curruncho. Na segunda Barca nunha boa xojada colectiva onde lle chega a Patri por banda, vaise de duas rivais e pon o balón a atrás para que Barca só teña que empuxala, e completábase a goleada cun tanto de Nerea Barrientos cun disparo dende a frontal. En xeral moi bo partido das nosas chavalas”.

Outes FC : Ana, Alicia, Uxía, Xeila, María Molinos, Soledad, Míriam, Carla, María Engracia, Valeria e Natalia. Suplentes: Natalia Lago, María Romero, María Soledad, Laura e Mariña.

CF Muxía : Xeila, Patri, Marta, Nerea Pazos, Elsa, Barca Toba, Irene, Nuria, Nerea Barrientos, Andrea e Sara. Suplentes: Andrea Domínguez, Paula, Raquel, Paula Rey e Marcela

Goles : 0-1, Patri, (5´); 0-2, Irene, (8´), 0-3, Natalia, (18´en propia porta); 0-4, Patri, (36´); 0-5, Patri, (41´); 0-6, Barca Toba, (49´); 0-7, Nerea Barrientos, (54´).

Árbitro : Joel García. Non amosou nigún cartón.

 

Próximos encontros

Corme CF-Outes FC

CF Muxía-UD Cerqueda

 

*****

 

SD Dubra 0-1 Corme CF

Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Primer partido fora casa do ano, nun campo de dimensións parecidas o noso Cairo, contra un equipo nun bloque medio que acumulou moita xente por dentro e nos dificultaba moito combinar, na primeira parte penso que dominamos ben o partido tendo varias ocasions claras de gol que non conseguimos materializar, na segunda buscamos xogar mais directos e con lanzamentos exteriores para superar esa aglomeracion de xente, e nunha falta de pillería que Carla sacou rápido meteríamos o 0-1, a partir de aí o equipo metiuse atrás inconscientemente e o Dubra subiu líneas e apretounos arriba, tendo varias chegadas para poder empatar pero conseguiríamos manter a portería a cero e levar os tres puntos para Corme”.

Corme CF : Belén, Ana, (Nerea), Laura, Aroa, Aurora, (Carla Vázquez), Nati, (Candela), Irene, Lucía, Carla, Cris (Salomé), e María.

Goles : 0-1, Carla, (61´).

Árbitra : Bárbara Ana Álvarez. Amonestou a local, Asia, (85´).

 

Próximo encontro

Corme CF-Outes FC

 

******

 

CF Noia B 1-3 SD Fisterra

Fran Pequeño, (Adestrador do SD Fisterra) : “Partido que xogamos con moitas ganas desde o primeiro minuto. Fomos pouco a pouco facéndonos co control do partido ata marcar o primeiro gol despois do parón de hidratacion. Metemos o segundo nun corner, e o borde do descanso fixemos o terceiro. Na segunda parte seguimos traballando e incluso puidemos ampliar o marcador. Viñemos con bo sabor de boca para seguir mellorando para a proxima xornada”.

SD Fisterra : Zaira, Paula, Lidia, Andrea, Jenifer, María Elena, Xaira, Jimena, Aroa, Lucía e Irene. Suplentes: Ansa Isabel, Antía, Zeltia, Rosa María e Nicole.

Goles : 0-1, Andrea, (26´); 0-2, María Elena, (30´), 0-3, Andrea, (44´); 1-3, Uxía, (52´).

Árbitro : Eloy Vento. Amonestou a local, Noa, (85´).

 

Próximo encontro

EF Juan Cabrejo-SD Fisterra

 

******

 

Descansou : Ponteceso SD

 

*****

 

-CLASIFICACIÓN E RESTO DE RESULTADOS : PREME AQUÍ

-CALENDARIO COMPLETO : PREME AQUÍ

 

*****

 

-Montaxe e Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto Cerqueda : Dani García

-Foto Muxía : Marina Busto