SEGUNDA DIVISIÓN GALEGA FEMININA G1
-2ª XORNADA-
Domingo 28/09/2025
-
SCDR Esteirana 5-1 Orillamar SD
-
Unión Campestre 4-5 CF Muxía
-
SD San Lázaro 2-4 SD Tordoia
-
Corme CF 3-0 CF Dumbría
-
Erís SD 7-1 Victoria CF “C”
-
SCD Milagrosa 5-2 Cultural Maniños
-
SDC Órdenes 0-0 AD Nicrariense
-
UC Cee 0-2 Bergantiños CF “B”
-
Descansa : Brexo Lema SD
AVISO : Todo aquel adestrador que queira deixarnos a sua visión do encontro do seu equipo pode facelo no whatsapp 626 72 00 47. Só poñeremos as impresións dos que nolos manden.
Crónica xeral da xornada
A segunda xornada da 2ª Galega Feminina G1 deixou moita pólvora nos campos, con goleadas, derbis intensos e emoción ata o último minuto. O gran protagonista foi o Erís SD, que endosou un contundente 7-1 ao Victoria “C”, mentres que o Milagrosa tamén sumou con forza superando ao Maniños. O equilibrio veu da man do empate sen goles entre Órdenes e Nicrariense, nun encontro máis táctico ca vistoso.
Nas nosas, a Esteirana debutou con triunfo sólido, o Muxía gañou nun partido tolo de nove goles e inferioridade numérica, o Corme impúxose ao Dumbría cun resultado que non reflicte a igualdade que houbo no terreo de xogo, e no outro duelo costeiro o Bergantiños B levou os puntos de Cee.
-CRÓNICAS-
SCDR Esteirana 5-1 Orillamar SD
Fran Figueroa, adestrador da Esteirana:
“Chegou por fin o debut en competición, unha semana máis tarde que o resto de competidoras por ter o turno debut descanso na xornada 1.
Partido con intensidade alta, sen bo xogo, con máis presa da que pedía o planteamento, pero con efectividade para conseguir os 3 puntos.
As coruñesas puxeron un punto máis de intensidade nos duelos, feito que complicou a circulación de balón. Deberon quedar cunha menos no minuto 10 cando Bárbara roubou un balón na frontal á porteira e esta a derruba cando só quedaba empuxar o balón… pero o cartón amosado foi amarelo.
Pasada a media hora si que quedarían en inferioridade as rivais por unha agresión sen disputa do balón, feito que puidemos aproveitar para atopar desaxustes e ocos e impor a superioridade.
Non concedemos ocasións e elas recurtaron cun penalti tras un balón lateral que petou no brazo de Sara cando quería despexar.
Importante empezar sumando nesta nova etapa en Segunda para afrontar de cara a competición con máis esixencia.
Foi un gustazo atopar a dúas mazaricanas como Ánxela e Claudia no equipo rival, aportándolles ese xenio da Costa, que seguro van gozar as coruñesas toda a tempada”.
Goles: 40´ Bárbara (1-0), 49´ Sandra Dosil (p.) (2-0), 60´ Salma (p.) (2-1), 59´ Rut (3-1), 71´ Lidia (4-1), 90´ Bárbara (5-1)
“Poker” de goles de Barca Toba.
Unión Campestre 4-5 CF Muxía
Partido de tolos en Cambre, con nove goles, remontadas e unha expulsión. O Muxía tivo na dianteira Barca Toba á súa gran heroína, autora de catro goles. As costeiras chegaron a mandar por 1-4, pero a reacción local levou o marcador ao 4-4. Xa en inferioridade polo vermello directo a Andrea no 77´, o Muxía atopou o gol da vitoria nos últimos minutos grazas a Eva Lema.
Goles: 22´ Jessica (1-0), 26´ Barca Toba (1-1), 29´ Barca Toba (1-2), 46´ Barca Toba (1-3), 60´ Barca Toba (1-4), 64´ Laura Páramo (2-4), 73´ Laura Páramo (3-4), 82´ Adriana (4-4), 86´ Eva Lema (4-5).
CF Corme Feminino 2025/26.
Corme CF 3-0 CF Dumbría
Rubén Souto, adestrador do Corme:
“Resultado que pode levar a engano, dende o punto de vista que nin foi un partido fácil, nin dominamos, senón que foron dando un cúmulo de cousas que desta volta decantaron o resultado ao noso favor.
Saímos cun plan de partido moi claro, e penso que nos primeiros 15-20 minutos deu resultado. Ademais do gol de Claudia, conseguiamos xerar ocasións e chegadas a partir do traballado na semana, pero o Dumbría foise asentando e conseguiu dominar o balón o resto do primeiro tempo. Quizais cando mellor estaba o Dumbría chegou o segundo gol, nun córner mal defendido polas nosas rivais, que nos daría moita tranquilidade para chegar ao descanso e así poder axustar cousas.
Na segunda saímos a intentar manter o resultado, sabendo que o Dumbría se acabaría volcando en busca da remontada, e nos permitiría poder saír á contra con máis claridade. E así foi: posesión para o Dumbría toda a segunda parte, con algunha ocasión que parou ben Lucía, e nós esperando a ter a nosa oportunidade para sentenciar. Tivemos unha moi clara con Claudia que parou a porteira rival, respondeu o Dumbría cunha de Sabela igual de perigosa, e xa co partido acabado e un Dumbría volcado ao 100%, Claudia conseguiría o 3-0 final.
Primeiros puntos neste novo ano, diante da nosa xente e fronte a un dos equipos que máis me gusta como xogan ao fútbol. Toca remangarse e seguir”.
Goles: 7´ Claudia (1-0), 33´ Saskia (2-0), 90´ Claudia (3-0)
UC Cee 0-2 Bergantiños CF B
Outro derbi da Costa, esta vez se tinguiu de vermello. O filial do Bergantiños amosou solidez e levou os tres puntos de San Paio de Refoxos cun gol en cada parte. As ceenses tiveron fases de bo xogo, pero faltoulles profundidade para superar a defensa visitante.
Goles: 41´ Carmen Santos (0-1), 56´ Lucía Canosa (0-2).
CLASIFICACIÓN
-
1-SCD Milagrosa – 6
-
2-SD Tordoia – 6
-
3-CF Muxía – 6
-
4-Bergantiños B – 6
-
5-AD Nicrariense – 4
-
6-SCDR Esteirana – 3
-
7-Erís SD – 3
-
8-Unión Campestre – 3
-
9-Corme CF – 3
-
10-CF Dumbría – 3
-
11-Victoria CF C – 3
-
12-SDC Órdenes – 1
-
13-Brexo Lema SD – 0
-
14-SD San Lázaro – 0
-
15-Cultural Maniños – 0
-
16-UC Cee – 0
-
17-Orillamar SD – 0
PREVIA
3ª Xornada
-
AD Nicrariense – Erís SD
-
Bergantiños CF B – SD San Lázaro
-
CF Muxía – SCD Milagrosa
-
SD Tordoia – CF Corme
-
Victoria CF C – UC Cee
-
Cultural Maniños – SCDR Esteirana
-
Brexo Lema SD – SDC Órdenes
-
CF Dumbría – Unión Campestre
- Descansa : Eirís SD
-Fotos : Fin Lema/Fran Figueroa
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
