CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 2ª XDA DA 3ª DA COSTA : “XORNADA DESATADA EN GOLES CON 40”.

3ªDACOSTA
2ªXornada
Comentario dos encontros
Todo aquel adestrador que queira deixarnos a sua visión do encontro do seu equipo pode facelo no whatsapp 626 72 00 47. Só poñeremos as impresións dos que nolos manden.

Crónica xeral

A 2ª xornada deixou unha catarata de goles con 40 en total, 20 para os visitantes e 20 para os locais. O único equipo que non veu porta foi o Inter de Brens, polo demáis todos marcaron sendo o Cee con 8 o que se levou a palma. Concretamente o UC Cee confirmou o seu papel de gran favorito ao arrasar o SD Laxe, que só se presentou con 13 xogadores. O SD Oza venceu con claridade ao Inter de Brens (0-6) e comparte liderado cos ceenses e co UD Cerqueda, que gañou un encontro tolo ante o Camelle (5-3). Tamén houbo vitorias importantes para o Sporting Seaia, que fixo sangue das expulsións do Nantón, o Lira, que dobregou ao Buño, o Volantes, que sumou os primeiros tres puntos, e o Pereiriña, que levou un partido frenético en Muxía.

Inter de Brens 0-6 SD Oza

Davicillas abriu a conta no 18’ e Nacho ampliou no 33’. No treito final da primeira parte, Salah marcou dous tantos case consecutivos (41’ e 42’) que deixaban o partido sentenzado. Na segunda metade, Nacho completou o seu hat-trick cun penalti no 74’ e outro gol no 76’, pechando o 0-6.

Volantes de Baño FC 3-1 CD Baiñas

No Eleuterio Balayo, o Volantes fixo valer o factor campo. Javi adiantou aos locais de penalti no 11’, pero Kevin Fandiño facía o empate no 19’. Antes do descanso, Jordi asinou o 2-1 no 39’ e xa no tramo final Manuel Lago facía o 3-1 definitivo no 84’.

CF Lira 2-1 SCD Buño

Partido foi moi disputado antre lirachos e oleiros. Iván París abriu o marcador no 37’, e Elías poñía o empate no 63’. Cando parecía que o reparto de puntos era o máis probable, un penalti no 78’ transformado polo propio París deu a vitoria ao conxunto liracho.

UD Cerqueda 5-3 SD Camelle

No Xabiña disputouse un encontro cheo de alternativas. O Camelle adiantábase cun gol en propia porta de Eirís no 8’, pero o Cerqueda reaccionou axiña con Eloy Santos no 12’ e Palermo no 27’. Sandro, con dous goles (35’ e 37’, un deles de penalti), puxo de novo por diante aos camelláns. No segundo tempo, outro autogol, neste caso de Velo, serviu para empatar (55’), e xa no treito final Andrés (70’) e Brais Costa (79’) completaron a remontada. O Camelle quedou con 10 no 85’ pola expulsión de Carlos de Dido con vermello direto.

CD Nantón 0-5 Sporting Seaia CF

Adrián Varela, adestrador do Nantón:“Mal partido pola nosa parte, en gran parte polo bo traballo do rival. Dúas contras de libro mal defendidas pola nosa parte fixo que o rival se puxera 0-2 por diante na primeira media hora. Xusto antes do descanso quedariamos con 10 por unha falta de Dani Andrade cando era o último defensor.

Fomos ao descanso tocados, intentariamos modificar un par de axustes por estar xogando con 10 pero o rival castigounos de seguido xa que en 5 minutos farían o 0-3 e o 0-4 en dúas xogadas moi similares. Estábamos sobre a lona xa e máis íbamos estar cando quedamos con 9 por protestas reiteradas de Suso e a posteriori chegou o 0-5 que pechaba o partido.

O equipo tivo ocasións tanto na primeira parte como na segunda, pero hoxe non era o noso día, non saía nada e non estivemos nada finos nin con balón e moito menos sen balón.
Felicitar a Jorge e os seus xogadores porque foron donos e merecedores dos 3 puntos.”*

  • Goleadores: Álex Mato (20’, 37’), Juni (46’), Edu A (47’), Pablo (80’).

  • Expulsados (Nantón): Dani Andrade (45’, vermello directo), Jesús (51’, vermello directo).

CF Muxía “B” 2-4 Atlético Pereiriña FC

Na Arliña o Pereiriña golpeou cedo cun penalti transformado por Oli aos 3 minutos de xogo. Ó 0-2 chegou no 70’ obra de Martín, pero axiña reaccionou o Muxía con Toja no 74’. Na seguinte xogada, Víctor Agulleiro fixo o 1-3. Xa no desconto, Michael recortou cunha falta (90’), pero Martín volveu marcar no tempo engadido para deixar o definitivo 2-4.

UC Cee 8-1 SD Laxe

O Cee reafirmou o seu cartel de favorito cunha goleada. O Laxe, que só viaxou con 13 xogadores, non puido conter a avalancha dos ceenses. Juan Oreiro fixo o 1-0 no 3’ e Josiño ampliou no 39’. Xa na segunda parte, Ezequiel facía un “Hat-trick”, (50’, 66’, 69’), cun tanto entre medias de Keko (62’). Tamén Josiño completaba o seu triplete con dous tantos máis (70’ e 76’). Darío Mira, no 84’, fixo o gol da honra para os laxenses.

Clasificación 

  1. SD Oza – 6 ptos

  2. UC Cee – 6 ptos

  3. UD Cerqueda – 6 ptos

  4. Atlético Pereiriña – 4 ptos

  5. Lira CF – 4 ptos

  6. Sporting Seaia – 3 ptos

  7. Buño SD – 3 ptos

  8. Volantes de Baño FC – 3 ptos

  9. SD Coristanco – 3 ptos

  10. Muxía CF “B” – 1 pto

  11. SD Laxe – 1 pto

  12. Camelle SD – 0 ptos

  13. CD Nantón – 0 ptos

  14. CD Baiñas – 0 ptos

  15. Inter de Brens – 0 ptos

 -Previa 3ª xornada-

  • Os horarios e datas son oficiosos.

  • Camelle SD – CD Nantón → 27/09/2025 – 18:00 – O Rodeiro (Camelle)

  • Sporting Seaia CFDescansa

  • Atlético Pereiriña FC – UC Cee → 28/09/2025 – 16:30 – Sampaio de Refoxos (Cee)

  • CD Baiñas – Inter de Brens → 28/09/2025 – 17:00 – Municipal Dumbría (O Conco)

  • SCD Buño  – CF Muxía “B” → 28/09/2025 – 17:00 – Xaviña (Buño)

  • SD Laxe – UD Cerqueda → 28/09/2025 – 17:00 – Municipal de Laxe

  • Volantes de Baño FC – SD Coristanco → 28/09/2025 – 17:00 – Eleuterio Balayo (Baño)

  • SD Oza – Lira CF → 28/09/2025 – 19:00 – Sofán-O Carral (Carballo).

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”