Aquí tedes as crónicas e moito máis da 27ª xornada da Primeira Futgal, cos comentarios dos adestradores dos equipos costeiros, de non estar completaremos segundo nos vaian chegando.
CRÓNICA XERAL
Partidazo na Arliña no derbi antre o Muxía e o Dumbría no que o máis xusto sería o reparto de puntos. Non gustou moito nen o equipo nen aos afeccionados a actuación arbitral. Pola sua banda o Fisterra derrotaba ao Carral nun choque ensombrecido pola lesión da colexiada Camila Araujo que sufría unha perda de concienza o levar un fortuito balonazo na cara co posterior golpe o caer desplomada. Recuperou a concienza no campo e foi trasladada o Hospital a Xunqueira. O noso desexo de que quede tan só no golpe, como así nos informan. O Castriz plantáballe cara o lider ante o que caía por 1-0 e xogando todo o segundo tempo cun menos. A Esteirana dábase un gusto co colista e goleaba, (5-1), e o San Lorenzo volveu a gañar e suma a terceira vitoria en 5 encontros, empatando un deles e tendo licenza para soñar.
GOLEADORES
Diego Estévez, (CF Dumbría), marcou na Arliña e suma 30 goles, (3 pen), en 26 choques. Isaac Fábregas, (SD Fisterra), segundo máximo goleador con 25 tantos, (2 de penalti). No terceiro chanzo do podio está Adrián García, (SR Calo), con 22 dianas, (4 de penalti), en 26 encontros.
PRIMEIRA FUTGAL G2
-29ª Xornada-
-06/04/2025-
Boimorto CF 0-0 SR Calo
SCDR Esteirana 5-1 Vista Alegre SD
Club do Mar 1-0 SD Castriz
SD San Lorenzo 2-1 Bertamiráns FC
CF Muxía 2-3 CF Dumbría
Bastavales UD 2-2 Praiña Sporting Club
SD Fisterra 3-1 UD Carral
Vea CF 1-3 SD Agolada
Vizoño SD 1-3 SD Tordoia
-CRÓNICAS-
CF Muxía 2-3 CF Dumbría
Sergio “Pataca”, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido bonito e trepidante na Arliña, de ti a ti na que os nosos fallos atrás e a actuación moi rigurosa do árbitro fixo que o Dumbría se fose cos 3 puntos, pero que nos deixa con moi boas sensacións para este final de tempada, ca boa nova da volta de Isma“.
Goles : 0-1, Jose “Congui”, (37´en propia porta); 1-1, Mauro, (57´); 2-1, Fran Moreira, (58´); 2-2, Diego Estévez, (68´); 2-3, Daniel, (79´).
SD San Lorenzo 2-1 Bertamiráns FC
Iván Rojo, (Adestrador do SD San Lorenzo) :“Partido de alta tensión. Xogábanse moito os dous equipos, partido de moita intensidade e disputa. Na primeira parte, o SanLo foi mellor que o rival e chegou con máis perigo á portería contraria. No minuto 26 Pere anotaba o primeiro tanto tras xogada ensaiada.
Na segunda parte tivo Iago o segundo pero o man a man foise alto. Pouco despois o San Lorenzo quedaba con 10 tras a expulsión de Taibo, o que facía que o Bertamiráns tivera máis chegadas pero nunha contra Riki facía o 2-0. Pouco despois o Bertamiráns recortaba distancias e o SanLo quedaba con 9 por expulsión de Eloy. Os últimos 10 minutos foron de sufrimento e resistencia dos de Verdillo para finalmente quedarse cos 3 puntos“.
Goles : 1-0, Pere, (26´); 2-0, Riki, (72´); 2-1, David, (77´).
Incidencias : O colexiado Eduardo Eiriz expulsou con vermello direto ao xogador do San Lorenzo, Taibo, (65´), e o seu compañeiro Eloy con dobre cartón, (75´e 93´).
SD Fisterra 3-2 UD Carral
Diego Lobelos, (Adestrador do SD Fisterra) : “Un dos nosos mellores partidos e creo que o resultado ainda puido ser maior. O parón que houbo cortounos o noso mellor intre do encontro e do que podíamos ir o 4-1 fomos o 3-2. Nun erro no que non era saque de curruncho chegou o gol. Gran partido de Rubén que nos comezou a dar dominio do balón e ante un dos mellores da categoría fixo un gran partido. Tasmén destacar o gran partido do xuvenil Juan que marcou a un dos mellores xogadores da categoría de maneira extraordinaria. Isaac fai o 2-1 antes do descanso e na seguinte unha xogada que lle chega a Bruno que asiste a Lobelos para o 3-1.
Na segunda veñen a por nós presionando máis arriba pero estivemos moi seguros ca defensa a moi bo nivel, sen sufrir e nos minutos claves Isaac tivo o 4-1 nun man a man e vaiselle o calón e na seguinte tras un corner a favor noso o tratar de montar unha contra o balón despexado dalle na cara a colexiada e cae desplomada. Unha sanitaria que estaba na grada afeccionada do Carral así como a nosa fisio atendérona e recuperouse pero estaba descontrolada, sin saber nin onde estaba, como acostuma a pasar nestes golpes. Chamouse unha ambulancia e levarona o Hospital de Cee e o encontro reanúdase con unha asistente do encontro e completando cun colexiado que estaba na grada para facer de asistente.
Esto cortou o ritmo e nunha xogada que defendemos moi mal nunha xogada rara chega o 3-2. Sufrimos pero tivemos máis o balón ca eles e con algunha ocasión e os derradeiros morre con nós no seu campo. Víñamos dun mes moi malo e fomos quen de gañarlle o segundo clasificado.
Destacar o debút de Martín, un rapáz de Fisterra en idade xuvenil que leva duas semanas connosco“.
Goles :
SCDR Esteirana 5-1 Vista Alegre SD
Goles : 1-0, Elías Ruso, (24´); 2-0, Rober Lago, (26´); 3-0, Elías Ruso, (37´); 4-0, Elías Ruso, (42´); 4-1, Carlo, (57´); 5-1, Rober Lago, (65´).
Club do Mar 1-0 SD Castriz
Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “A espera do seu comentario para subilo a aquí…”.
Goles : 1-0, Alberto, (14´).
Incidencias : O colexiado Martín García expulsou con vermello direto Mateo Canedo, (90´), do Club do Mar e con dobre cartón a Brais González, (15´e 45´+ 3) do Castriz.
-CLASIFICACIÓN-
1º Club do Mar : 69 puntos
2º CF Dumbría : 64 puntos
3º UD Carral : 63 puntos
4º Boimorto CF : 56 puntos
5º SD Fisterra : 44 puntos
6º SD Castriz : 41 puntos
7º SR Calo : 41 puntos
8º Praiña SPC : 40 puntos
9º SD Tordoia : 38 puntos
10º CF Muxía : 37 puntos
11º SCDR Esteirana : 33 puntos
12º Vizoño SD : 32 puntos
13º Vea CF : 30 puntos
14º Bastavales UD : 29 puntos
15º Bertamiráns FC : 27 puntos
16º SD Agolada : 26 puntos
17º SD San Lorenzo : 20 puntos
18º Vista Alegre SD : 12 puntos
PREVIA
-30ª Xornada-
-13/04/2025-
Vista Alegre SD – SR Calo, ás — horas
SD Castriz – SCDR Esteirana, ás 17:00 horas
Bertamiráns FC – Club do Mar, ás — horas
CF Dumbría – SD San Lorenzo, ás — horas
Praiña Sporting Club – CF Muxía, ás — horas
UD Carral – Bastavales UD, ás — horas
SD Agolada – SD Fisterra, ás — horas
SD Tordoia – Vea CF, ás — horas
Vizoño SD – Boimorto CF, ás — horas
AVISOS :
Os horarios son oficiosos non oficiais. Na AXENDA PIRATA do venres poñeremos tódolos horarios xa marcados pola RFGF.
Os comentarios dos adestradores son propios e ca sua visión dos encontros, non da nosa autoria.
Pode calquer adestrador dar as impresións suas sobre o encontro, baixo o seu criterio e dentro dos parámetros do respeto no whatsapp 626 72 00 47, e serán subidas a este artigo. As que non subimos e por falta de interese dos consultados, o que respetamos completamente.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores