Vicente Carril ca copa de campións da Liga da costa.
Moitos encontros de trámite e coa vista en ver quen serán o final os que vaian a promociòn e quen ocupara o terceiro chanzo pola popa, posto que non é de descenso pero si pode ser de arrastre, ainda que no ten pinta. O Camariñas ca liga gañada compiteu co Soneira que cae a terceira praza e dalle o segundo posto ao Baio. O Xallas gañou e ainda que está fora da promociión empata a 57 puntos co Soneira, (3º), e ten para semana a visita cun Lira que xa pensa na vindeira tempada, namentras que os vimianceses recibén a un Coristanco, que buscará escapar a antepenúltima praza, empatado a 29 puntos co Muros que o precede.
Coma acotío as crónicas iremos completándoas segundo nos cheguen máis comentarios dos adestradores ou colaboradores de equipos.
GOLEADORES
Djibril, (Camariñas FC), marcou esta xornada e sigue liderando o podio de goleadores con 28 goles, en 23 encontros, (7 de penalti). César Lojo, (UD Corcubión), sigue segundo con 22 en 25 choques, (3 pen), e Martín “MC”, (CD Baio), ocupa o terceiro escalón do podio con 17 tantos, (3 p) en 26 encontros.
LIGA DA COSTA
-29ª Xornada-
-04/05/2025-
UD Corcubión 1-3 Xallas FC
SD Coristanco 1-2 CD Baio
Camariñas FC 2-2 Soneira SD
Corme CF 1-2 UD Monte Louro
Cabana SD 2-3 UC Cee
CD Muros 1-1 CF Porteño
Outes FC 4-2 Ponteceso SD
CF Lira 1-5 CF Mazaricos
-CRÓNICAS-
UD Corcubión 1-3 Xallas FC
Isidro Trillo, (2º Adestrador do UD Corcubión) : “Unha primeira parte moi boa do Corcubión que pronto se poñía por diante cun golazo de falta de Rama. Seguiríamos tendo algunha ocasión que outra para poder marcar o segundo, pero sin premio superando en todo momento o Xallas que non sabía como atallar o noso xogo.
Na segunda cambiaría un pouco o Xallas, que se estaba xogando moito, adiantou liñas e empezou a xerar perigo e nun corner nun fallo terrorífico facían o empate, despois os poucos minutos quedaríamos con un home menos por expulsión de Juan de Elvira, para min moi rigurosa.
O Xallas seguía apretando, como non era de outra maneira, e noutro fallo monumental entre a defensa e o porteiro facían o 1-2. Nós ainda tivemos duas ocasións moi claras antes de que se puxeran por diante no marcador. Unha de Rama que paraba moi ben Couto e outra de Luis Lojo con todo para facer o 2-2. O Xallas tamen tivo varias ocasións, unha de Doro moi clara que Bruno faría un paradón, e contra o final co Corcubión volcado para poder empatar nunha contra facían o 1-3 definitivo. Desexarlle sorte o Xallas para o final de liga“.
Bruno Prego, (Adestrador do Xallas FC) : “A espera do seu comentario para subilo aquí…”.
Goles : 1-0, Rama, (4´); 1-1, Joser, (47´): 1-2, Rubén Blanco, (67´); 1-3, Sergio Barbeira, (78´).
SD Coristanco 1-2 CD Baio
Goles : 1-0, Dani Castiñeiras, (15´de penalti); 1-1, Damián, (37´); 1-2, Rubén, (68´).
O Camariñas recibeu a copa de campións.
Camariñas FC 2-2 SD Soneira
Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Partido que vivimos con tono de festa ca entrega da copa de campións de liga pero no que queríamos brindarlle unha vitoria a afección que foi importantísima para nós. O Sneira xogábase máis e notouse no inicio e adiantábanse no marcador e nos igualábamos antes do descanso. Na segunda metade aproveitamos para facer rotacións e puxemos algún xuvenil e cadete, destacar destes últimos a Iker o porteiro que xogou todo o encontro, debutou Manuel e era o noveno que debutaba esta tempada co equipo e non desentonaron. Agora a pensar xa no derradeiro encontro e logo centrarnos na copa e a ver ata onde podemos chegar”.
Goles : 0-1, Oreiro, (12´); 1-1, Djibril, (28´); 2-1, Nuno, (70´); 2-2, Adrián Lema, (92´de penalti).
Corme CF 1-2 UD Monte Louro
Goles : 1-0, Wenceslao, (25´); 1-1, Luis Miguel, (76´); 1-2, Farinós, (90´).
Cabana SD 2-3 UC Cee
Oscar ¨Mingui”, (Adestrador do Cabana SD) : “Mal partido o noso donde sobre todo na primeira parte donde nin tan siquera tiramos a portería contraria nin unha sola vez.
Na segunda cos cambios estivemos algo mellor empatando pronto o partido por medio dun golazo de Castro pero pouco nos durou a alegría porque a través dun penalti o Cee púxose 1-2, e os 5 minutos un erro noso suporía o 1-3.
Marcamos por medio de Simón o 2-3 quedando 15 minutos pero non fomos quen de volver a empatar.
Felicitar o Cee pola vitoria e pola boa recta final de temporada que están facendo competindo ben en todolos partidos a pesar do seu descenso”.
Goles : 0-1, Agulleiro, (30´); 1-1, Castro, (52´); 1-2, José Lago, (64´ de penalti); 1-3, Ánxo, (66´); 2-3, Simón, (81´).
CD Muros 1-1 CF Porteño
Roberto “Pirucho”, (Adestrador do CF Porteño) : “Partidazo, moi disputado nun campo no que daba gusto xogar. Empezou de poder a poder, eles comezaron moi fortes buscando o resultado positivo que lles facía falta. Facíannos moito dano con Xabi tirado a banda esquerda e poñendo centros moi perigosos a área.
Puidemos ir 1-1 ao descanso, eles tiraron un tiro ao poste mentres que nos fallamos unha de Carra na área pequena na que golpeou mal o balón coa portería enteira para marcar.
Salindo do vestiario penso que fomos nós dominadores e os que tivemos ocasións para marcar uns cuantos. O gol veu dun pase de Ibra as costas da defensa sobre un moi bo desmarque de Carra. Tivemos unha clarísima de Martín baixo paus que golpea fóra cando todos cantábamos gol. A entrada de Alfredo tamén lle fixo moito dano internándose na área varias veces para xerar ocasións claras de gol.
E xa sabemos como é esto do fútbol, perdoas e págala. Un centro lateral de Xabi, ao que non orientamos ben no orixe do centro neste 1×1 defensivo, tal e como faláramos no descanso, e rematan por encima de Sergio colándose na portería e empatando a contenda.
Resultado inxusto para nós, pois o que propuxemos sobre o verde era merecedor de 3 puntiños. Levamos só 1 e deixamos outro en Muros que esperemos que lles sirva para alcanzar a salvación”.
Goles : 0-1, Martín, (54´); 1-1, Alonso, (78´).
Outes FC 4-2 Ponteceso SD
Julio Vila, (Adestrador do Ponteceso SD) : “A espera do seu comentario pra asubilo aquí…”.
Goles : 0-1, David Castro, (16´); 0-2, Martín, (27´); 1-2, Sergio, (40´); 2-2, Brais, (71´); 3-2, Brais, (76´), 4-2, Sergio, (82´).
CF Lira 1-5 CF Mazaricos
Óscar Leis, (Adestrador do CF Lira) : “A espera do seu comentario pra asubilo aquí…”.
Goles : 0-1, Marcos, (20´); 1-1, Juan, (41´); 1-2, Kevin, (52´de penalti); 1-3, Kevin, (59´); 1-4, Adrián, (74´); 1-5, Raúl, (87´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Camariñas CF : 65 puntos
2º CD Baio : 59 puntos
3º SD Soneira : 57 puntos
4º Xallas FC : 57 puntos
5º CF Porteño : 50 puntos
6º UD Monte Louro : 44 puntos
7º UD Corcubión : 41 puntos
8º Corme CF : 40 puntos
9º Ponteceso SD : 38 puntos
10º Outes FC : 37 puntos
11º Cabana SD : 34 puntos
12º CF Mazaricos : 30 puntos
13º CD Muros : 29 puntos
14º SD Coristanco : 29 puntos
15º UC Cee : 19 puntos
16º CF Lira : 16 puntos
-PREVIA-
-30ª Xornada-
-11/05/2025-
CD Baio – UD Corcubión – , ás 12:00 horas
Soneira SD – SD Coristanco, ás 12:00 horas
UD Monte Louro – Camariñas FC, ás — horas
UC Cee – Corme CF, ás — horas
CF Porteño – Cabana SD, ás — horas
Ponteceso SD – CD Muros, ás 19:00 horas
CF Mazaricos – Outes FC, ás — horas
Xallas FC – CF Lira, ás 12:00 horas
AVISOS
–Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais xa confirmados poñerémolos na AXENDA PIRATA do venres.
– As manifestacións dos adestradores son propias baixo a sua visión do acontecido no terreo de xogo, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.
-Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047. O que ten que quedar claro é que os que non contestaron cando se lles pideu comentario non lles imos a estar a molestar pedíndollo máis.
-Foto Soneira : Lolita Campaña
-Fotos Camariñas-Soneira : Lolita Campaña
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores