CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 29ª XDA DA 3ª DA COSTA : “O SOFÁN NOVO EQUIPO DA LIGA DA COSTA”.

O Sofán B xa é da Liga da Costa.

O Sofán B novo equipo da Liga da Costa, non erraron os de José Barca e nun encontro que sobre o papel se auguraba máis igualado pasáronlle por enriba o Cerqueda coma unha apisonadora, (0-6), para certificar un meritorio ascenso e seguir na loita polo título de liga na que dependen de que o Zas non lle gañe o Inter de Brens en Cee e eles derrotar o Baiñas no Carral. Quedouse as portas o Malpica que derrotaba o Baiñas en Vimianzo, (1-3), pero a vitoria do Sofán B, fai que centren a loita na promoción. Para o resto dos equipos foi unha xornada de trámite, para a vindeira semana despedir a liga uns e pensar na promociòn os outros.

Darlle a nosa máis cordial noraboa a tódolos que formn o SD Sofán B por este merecido ascenso, tras acadar 22 vitorias, 2 empates e tan só 3 derrotas sendo o equipo máis goleador con 135 tantos e o menos batido, xunto co Malpica, con tan só 27 goles encaixados.

O Volantes de Baño non xuntou xente e incompareceu en Cee ante o Atlético Pereiriña, esto suporalle unha sanción e perda de puntos pero seguirá en promoción.

As crónicas iremos completándoas segundo nos cheguen o resto de comentarios

GOLEADORES

 Ismael Ramos, (Sofán B),  lidera a táboa con 37, en 26, (2 pen). Adrián Vázquez, (Sofán B), marcou esta xornada 3 e suma 34 tantos, (1 pen), en 24 encontros e completa o podio Raúl Corzón, (Sporting Zas), con 29 tantos en 22 choques

 

3ª DA COSTA

-29ª Xornada-

-04/05/2025-

CD Nantón 2-0 CF Muxía B

SD Oza 6-0 SCD Buño

Sporting Seaia CF 2-1 SD Laxe

 Atlético Pereiriña FC Susp. Volantes de Baño FC

SD Camelle 3-0 Inter de Brens

CD Baiñas 1-3 SCD Malpica

UD Cerqueda 0-6 SD Sofán B

Descansa : Sporting Zas

 

-CRÓNICAS-

CD Nantón 2-0 CF Muxía B

Adrián Varela, (Adestrador do CD Nantón) : “Outra semana máis con moitas baixas e entre os disponibles algúns que levan arrastrando molestias de fai varias semanas. Un partido de moito centrocampismo e pouca área na que gañou o equipo que estivo máis acerto nas escasas chegadas.

Na segunda parte quizas tivemos nos mais ocasións pero o porteiro do Muxía estivo acertado e non permitiu un resultado máis abultado. Os goles foron dous remates de cabeza, o primeiro do presi Carlos Vidal nunha segunda xogada e o segundo de Benbe tras centro de Josué xa na segunda parte para sentenciar o encontro.

Destacar o bo comportamento de ambos equipos apesar das amarelas porque foi un partido bastante limpo e felicitar o traballo do Muxía cun grupo de chavales de futuro que seguro que van dar que falar nas vindeiras temporadas”.

Michael Vilela, (Adestrador do CF Muxía B) : “Partido no que os primeiros 20 minutos estivemos algo millor que o Nantón e nos que hai 2 xogadas que para min marcan o partido. A primeira unha salida de Javi dende o centro da defensa que a base de paredes plántase nun man a man co porteiro pero páralla moi ben, e a segunda unha entrada moi dura do seu capitan a altura do xeonllo que para min era vermello direto e o árbitro considerou que non, e para mais “Inri”, 5 minutos despois marca o propio capitán nun remate a unha falta lateral. A partires de aí ata o descanso nada reseñable.

Na segunda parte marcan pronto o segundo de novo dun centro lateral e o partido ponse moi brusco con varias entradas, que para min, merecían máis castigo que unha simple tarxeta amarela“.

Goles : 1-0, Carlos Vidal, (26´); 2-0, Julio César, (57´).

 

SD Oza 6-0 SCD Buño

Gonzalo Novo, (Adestrador do SD Oza) : “Partido máis propio dun amistoso que de un partido oficial de liga, os 2 equipos sin xogarnos nada e así o demostraban as convocatorias, o Buño chegaría a Sofan con 10 xogadores e nós empezamos con tan só 2 suplentes.

Empezaría o partido con unha gran ocasión dos do pobo oleiro, que tras un despiste do noso central, quedaba Fran só ante Samuel e tras unha boa carreira de Vilariño, estorbáballe o suficiente para que este rematara mordido e Samuel a sacara sin complicacións, prácticamente na seguinte xogada adiantaríamonos por medio de Salah, que está a facer unha moi boa temporada connosco e así o demostra en cada partido,

Seguiriamos creando ocasións e xogando fácil, como o tíñamos falado e froito deso, no ecuador do primeiro tempo, un gran centro dende a esquina chegaría Puñal e mandaría o balón para dentro, dende ahí o descanso marcaríamos 3 goles máis, 1 de Nico e outros 2 de Salah que convertiría así o primeiro “hat-trick” co noso escudo, chegaria o tempo de lecer con un 5-0 no marcador e que parecía que nos daba 3 puntos máis e boas sensacións para a fase.

Saimos na segunda metade tocando o balón de lado a lado e intentando non cometer erros para poder deixar outra portería a cero e xa pasado o minuto 60, Javi Vilariño transformaría un penalti cometido a Nico, poñendo así o 6-0 definitivo“.

Lilo Rama, (Adestrador do SCD Buño) : “O equipo saíu ao campo con só 10 xogadores, sen opcións de facer substitucións. A primeira ocasión, no primeiro minuto, frente a portería na área pequena foi de Fran e no seguinte ataque rival marcan o primeiro tanto e a partires de aí a medida que avanzaba o encontro, a intensidade baixaba e os rivais aproveitaban a vantaxe.

Aos xogadores custáballes seguir o ritmo, e malia o seu esforzo, o equipo acabou esgotado, cunha derrota que parecía inevitable.
A liga dende hai varias xornadas, ven sendo cada vez máis complicado competir”.

Goles : 1-0Salah, (2´ ); 2-0, Puñal, (22´); 3-0, Salah, (26´); 4-0, Puñal, (35´); 5-0, Salah, (43´); 6-0, Vilariño, (49´ de penalti).

 

Sporting Seaia CF 2-1 SD Laxe

José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Laxe) : “A espera do seu comentario para subilo aquí…“.

Goles : 0-1, Djamel, (7´); 1-1, Sergio, (16´); 2-1, David Muiño, (53´).

 

Atlético Pereiriña FC  Volantes de Baño FC

Non se presentou o Volantes de Baño o non conseguir xuntar xogadores como para poder disputar o encontro.

 

SD Camelle 3-0 Inter de Brens

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Primeira parte aburrida donde marcaríamos o 1-0 nun man a man por medio de Sandro. Teríamos outro par de ocasións claras noutro man e nun corner. Eles terían un par de ocasións o principio.

Saimos a segunda parte con moitas máis gañas e así empezamos a gozar de moitas ocasións de tódolos tipos, aproveitándonos algo tamén do seu cansancio, xa que eles virían xustos, pero despois de inumerables ocasións sería nos ultimos 5 minutos onde facíamos o segundo e o terceiro por medio de Moha e Gaby”.

Goles : 1-0, Sandro, (8´); 2-0, Moha, (87´); 3-0, Gaby Mugridge, (89´).

 

CD Baiñas 1-3 SCD Malpica

Goles : 0-1, Ferreiro, (29´); 0-2, Abdou, (35´); 1-2, Anibal, (40´); 1-3, Ferreiro, (85´).

 

UD Cerqueda  0-6 SD Sofán B

Goles : 0-1, Adrián Vázquez, (16´); 0-2, Adrián Vázquez, (50´); 0-3, Marcial, (54´); 0-4, Breogán, (55´); 0-5, Adrián Vázquez, (67´); 0-6, Saydou, (85´).

 

Descansou : Sporting Zas

 

-CLASIFICACIÓN-

 Sporting Zas : 68 puntos

 SD Sofán B : 68 puntos

3º SCD Malpica : 64 puntos

4º Volantes de Buño FC : 53 puntos

 UD Cerqueda : 52 puntos

  SD Oza : 50 puntos

 Atlético Pereiriña FC : 36 puntos

 CD Baiñas : 34 puntos

 Sporting Seaia CF : 33 puntos

10º CD Nantón : 32 puntos

11º SD Camelle : 26 puntos

12º SCD Buño : 19 puntos

13º CF Muxía B : 14 puntos

14º Inter de Brens : 14 puntos

15º SD Laxe : 9 puntos

 

PREVIA

-30ª Xornada-

-11/05/2025-

SCD Buño – CD Nantón, ás — horas

SD Laxe – SD Oza, ás — horas

Volantes de Baño FC – Sporting Seaia CF, ás 17:00 horas

Inter de Brens – Sporting Zas, ás 12:00 horas

SCD Malpica – SD Camelle, ás — horas

SD Sofán B – CD Baiñas, ás 12:00 horas

CF Muxía B – UD Cerqueda, ás — horas

Descansa : Atlético Pereiriña FC

 

AVISOS

 -Os horarios e datas son oficiosos non oficiais, os oficiais poñerémolos venres na AXENDA PIRATA como cada semana.

-As opinións e comentarios dos adestradores e colaboradores son propias e intrasferibles. piratasdemuxia.es non se fai responsable de ningunha das mesmas.

Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047

 

-Foto : FaceBook SD Sofán

-Texto e fotos : Xosé Búa “Pirata”/ Adestrador

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies