O Xallas a un suspiro de alzarse co título.
O Xallas FC Feminino derrotou ao Tordoia, 80-3), e está a un encontro de facerse cun histórico título de campión de liga que viría a pechar unha campaña extraordinaria xa de por si co ascenso a 1ª Galega acadado fai unhas semanas. As rapazas que dirixe Eloy García suman 72 puntos, 3 máis cas segundas, Pastoriza polo que un empate ou unha vitoria o vindeiro Domingo na Fontenla ante o Brexo Lema chégalles as xalleiras para alcanzar a gloria. No que toca desta penúltima xornada de liga o Dumbría notaba o cansanzo de acumulkación de encontros e non pasaba do empate co Almeiras, (1-1), namentras que o Cee goleaba ao Cultural Maniños no “O Pote” nu choque que non se comezou a clarxar de cara para as ceenses ata a hora de xogo.
GOLEADORAS
Eva Lema, (CF Dumbría), non marcou e sigue con 30, (3 p), en 25 choques e ve como a alcanza Lucía Camisón, (SCD Pastoriza) tamén con 30 goles en 27 encontros. No segundo chanzo agora está Ánxela Prado, (CD Lugo B), con 24 goles en 26 choques, e pasa a ocupar o terceiro chanzo do podio Paula Veiga, (UC Cee), que suma 20 goles en 26 encontros, (2 pen).
Agradecémosvos que se vedes algún erro que nos avisedes.
2ª GALEGA FEMININA G1
-29ª Xornada-
-04/05/2025-
SD Tordoia 0-3 Xallas FC
CF Dumbría 1-1 UDJ Almeiras
Orillamar SD 1-1 CD Lugo B
Silva SD 0-3 Sporting Meicende
BPM Friol B 2-7 SCD Pastoriza
Orzán SD 1-1 Sporting Burgo
Cultural Maniños 0-3 UC Cee
Brexo Lema SD 0-1 UD Carral
CRÓNICAS
SD Tordoia 0-3 Xallas FC
Eloy García, (Adestrador do Xallas FC) : “Última saída do ano, ante un rival complicado e físico, nun campo cunhas dimensions reducidas. Entramos moi metidas no partido, amosando o que nos xogabamos, tivemos un libre indirecto dentro da área que Carla manda fora por moi pouco nas primeiras xogadas, unha nova falta na frontal para Oli, que mandou arriba.
O gol chegaría nunha xogada espectacular combinativa, na que oli abre a banda de espuela trad un cambio de orientación de Barcia, Facal mete un centro tenso ao primeiro pao que Oli manda as redes de cabeza para ledicia dos nosos siareiros . A raiz de aí o partido estivo con moita intensidade no centro do campo, con dous equipos moi combativos. Tiveron algunha chegada pero sen perigo.
Na segunda parte, o gol da tranquilidade chegaría tras un gran pase de Noe entre central do lateral, sacando escadra e cartabón, para metelo polo oco que ela só visualizou, e Oli manda as redes cun bo golpeo dende a frontal de área. O terceiro e o da tranquilidade chegaría, tras un pase de Oli a frontal que Noe perforaba as redes coa súa perna menos boa.
Gran partido das nosas, queda unha final para a semana, e queremos un Fontenla cheo que nos leve en voandas a poli título de liga!!!“.
Goles : 0-1, Olalla, (10´); 0-2, Olalla, (50´); 0-3, Noelia, (78´).
CF Dumbría 1-1 UDJ Almeiras
Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) : “Derradeiro encontro no Conco e era contra un rival que necesitaba sumar de tres para seguir con opcións de manter a categoría, e notaríase na intensidade desde o principio, adiantándose pronto no marcador e sendo duras defensivamente. Desde o gol elas darían un paso atrás cedéndonos o balón e fomos xerando ocasións ata que de penalti poñeríamos o empate. Partido moi trabado, con pouca fluidez e continuidade no xogo ata chegar o descanso.
Xa na segunda metade o partido seguiría a mesma tónica, nós xerando ocasións para pornos por diante e o Almeiras defendéndose e esperando a ter a oportunidade de sumar de 3.
Estábamos un pouco fallonas e notábase o cansancio de xogar 2 partidos nunha semana. Tería o Almeiras unha contra o final que resolvería moi ben Liss desviando a corner”.
Goles : 0-1, Tatiana, (4´); 1-1, Paula Fandiño, (31´de penalti).
Inicidencias : O colexiado do encontro, Manuel Trillo, expulsou con dobre amarelo a Norma, do CF Dumbría, (54´e 86´).
Cultural Maniños SD 0-3 UC Cee
Goles : 0-1, Nerea, (60´); 0-2, Saray, (73´); 0-3, Nerea, (90´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Xallas FC : 75 puntos
2º SCD Pastoriza : 72 puntos
3º Orzán SD B : 61 puntos
4º UD Carral : 61 puntos
5º Sporting Burgo : 55 puntos
6º SD Tordoia : 52 puntos
7º CF Dumbría : 51 puntos
8º UC Cee : 48 puntos
9º PM Friol B : 31 puntos
10º CD Lugo B : 31 puntos
11º Brexo Lema SD : 27 puntos
12º Cultural Maniños : 26 puntos
13º Orillamar SD : 25 puntos
14º UDJ Almeiras : 22 puntos
15º Sporting Meicende : 20 puntos
16º Silva SD : 11 puntos
-PREVIA-
-30ª Xornada-
-11/05/2025-
UDJ Almeiras – SD Tordoia – , ás 12:00 horas
CD Lugo B – CF Dumbía, ás 16:00 horas
Sporting Meicende – Orillamar SD, ás 19:00 horas
SCD Pastoriza – Silva SD, ás 16:30 horas
Sporting Burgo – PM Friol B – , ás 16:30 horas
UC Cee – Orzán SD B, ás 16:30 horas
UD Carral – Cultural Maniños SD, ás 12:00 horas
Xallas FC – Brexo Lema SD, ás 16:30 horas
AVISOS
-A data e os horarios son oficiosos non oficiais polo que poden trocar, poñerémolos fixos na “AXENDA PIRATA” o vindeiro venres.
-As manifestacións dos adestradores son propias, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.
-Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047, e que sempre quede claro que non poñemos duns e doutros non, poñemos as dos que queren colaborar mandándonolas cada semana, cousa que agradecemos en beneficio de dar relevancia e visibilidade o noso fútbol.
-Foto Xallas : Eloy García
-Texto : Xosé Búa “Pirata
-Comentarios : Os adestradores