Ánxo Pose facía o gol do Muxía.
Aquí tedes as crónicas e moito máis da 27ª xornada da Primeira Futgal, cos comentarios dos adestradores dos equipos costeiros, de non estar completaremos segundo nos vaian chegando.
CRÓNICA XERAL
Tíñamos dous derbis da costa nesta xornada como xa vos avanzábamos na previa e os dous se foron para o equipo que xogadba de visitante. No Arasolis o Dumbría derrotaba ao Fisterra por 0-2 e na Arliña o Castriz dáballe a volta ao marcador nos derradeiros intres de encontro remontándolle o Muxía o gol co que vencía para quedar 1-2. O San Lorenzo suma a sua segunda portería a cero e terceiro encontro en positivo tras duas vitorias e un empate e a Esteirana caía por terceira semana consecutiva e sumaba a 7ª xornada sen acadar unha vitoria, pero ainda mantén un colchón de 7 puntos co descenso.
GOLEADORES
No duelo de goleadores fisterráns Diego Estévez, (CF Dumbría), sumaba un tanto contra o seu equipo natal para chegar os 28, (2 pen), en 24 choques, e pola sua banda o seu veciño Isaac Fábregas, (SD Fisterra), non vía porta e suma 25 tantos, (2 de penalti). No terceiro chanzo do podio está Adrián García, (SR Calo), que non veu porta nesta xornada e sigue con 20 dianas, (4 de penalti), en 25 encontros.
PRIMEIRA FUTGAL G2
-27ª Xornada-
-23/03/2025-
Boimorto CF 3-1 SCDR Esteirana
Club do Mar 3-0 SR Calo
SD San Lorenzo 3-0 Vista Alegre SD
CF Muxía 1-2 SD Castriz
Bastavales UD 2-1 Bertamiráns FC
SD Fisterra 0-2 CF Dumbría
Vea CF 0-3 Praiña Sporting Club
Vizoño SD 2-1 UD Carral
SD Tordoia 3-1 SD Agolada
-CRÓNICAS-
CF Muxía 1-3 SD Castriz
Sergio “Pataca”, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido controlado polo Muxía ata o minuto 85, antes adiantámonos nun corner e non estivemos acertados en varios achegamentos o área do Castriz. En duas xogadas a balón parado no 85 e no 90 o Castriz levouse a vitoria“.
Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “Partido, como case sempre na Arliña, moi condicionado polo forte vento. Como xa nos levamos enfrentados moitas veces estes últimos anos, puidemos plantexar e executar un plan de partido efectivo.
Na primeira parte, co vento en contra, buscamos minimizar o dano que nos podía facer o Muxía. Índoos a buscar arriba para que non nos afundisen o posicionamento, non deixándolle circular ós mediocentros e defendendo con axudas ós seus extremos. Quedamos satisfeitos con chegar 0-0 ó descanso, porque a pesar de ter o balón e dominarnos, o Muxía (tal vez o equipo de categoría que mellor xoga combinando), non foi quen de crearnos ocasións de gol.
Pero todo esto parecía que se ía ó traste na primeira acción ofensiva dos locais na segunda parte, un córner que acertarían a empurrar á rede. A partir de aí creo que viñeron os mellores minutos do Muxía, con nós groguis polo gol, e eles que a pesar de ter o vento en contra, seguiron combinando moi ben, sacando dúas contras peligrosas que foron ben defendidas polos nosos.
Co paso dos minutos, empezámonos a encontrar mellor no campo e a aproveitar o aire para chegar á area contraria, cos locais temporizando cada saque deixando correr o reloxo. Errou Josiño un man a man co porteiro, pero pouco despois metería de cabeza nunha falta lateral.
Os rapaces foron buscar o balón á rede para ir rápido a pola victoria, chegando o gol no minuto 90 cun saque longo de Coke que botou por riba da defensa e aproveitou Borja Gándara para prolongar de cabeza ante a saída do porteiro”.
Goles : 1-0, Ánxo Pose, (51´); 1-1, José Rey, (85´); 1-2, Borja, (92´).
SD San Lorenzo 3-0 Vista Alegre SD
Iván Rojo, (Adestrador do SD San Lorenzo) :“Partido pouco vistoso, de moita disputa. Primeira parte con poucas ocasións. O primeiro tiro do San Lorenzo sería no minuto 37 e sería o gol de Iago, tras unha xogada individual e golpeo desde fora do área.
Tras o descanso os locais deron un paso arriba e chegou unha clara ocasión de Eloy e pouco despois chegou o 2-0 gol de Pereiro. No minuto 61 o capi Garrido facía o 3-0 cun golpeo desde fora do área.
O Vista Alegre quedaba con 10 xogadores e o resultado non se movía. Segunda semana sen encaixar gol, e terceira semana sen perder“.
Goles : 1-0, Iago López, (37´); 2-0, Pereiro, (54´); 3-0, Pablo, (61´).
Incidencias : O colexiado Daniel fraga expulsou con vermello direto ao xogador do Vista Algre Juan Pérez no 72´.
SD Fisterra 0-2 CF Dumbría
Diego Lobelos, (Adestrador do SD Fisterra) : “Partido con duas partes moi marcadas no que nos na primeira non saimos ben e permitímoslle varias xogadas con acercamentos onde non deberían crearnos tantos problemas. Decidiron xogar direto e a pesares de que se nos da ben defender estas situacións desta non foi así. Nun balón longo proelónganlla a Diego e fusila no segundo pau. Noutro balón longo quedamos protestando que saira eles siguen e Dani Chao fai un golazo e anuláronlle outro por fora de xogo. Contra o final da primeira metade igualáronse as cousas no xogo.
Na segunda saimos ca intención de marcar para tentar sacar algo positivo e foi un monólogo, tivémolos alí toda a segunda metade e eles tiveron algunha contra. Tivemos varias con Isaac, Bruno, Makaay…pero non se nos dou o gol. Felicitalos pola vitoria e pensar xa na vindeira xornada“.
Goles : 0-1, Diego Estévez, (8´); 0-2, Dani Chao, (26´).
Boimorto CF 3-1 SCDR Esteirana
Goles : 1-0, Manuel, (25´); 2-0, Manuel, (32´); 3-0, Óscar, (35´); 3-1, Godofredo, (70´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Club do Mar : 63 puntos
2º UD Carral : 60 puntos
3º CF Dumbría : 58 puntos
4º Boimorto CF : 54 puntos
5º SD Fisterra : 41 puntos
6º SR Calo : 40 puntos
7º SD Castriz : 38 puntos
8º CF Muxía : 36 puntos
9º Praiña SPC : 36 puntos
10º SD Tordoia : 34 puntos
11º Vizoño SD : 32 puntos
12º Vea CF : 30 puntos
13º Bastavales UD : 28 puntos
14º SCDR Esteirana : 27 puntos
15º Bertamiráns FC : 26 puntos
16º SD Agolada : 20 puntos
17º SD San Lorenzo : 17 puntos
18º Vista Alegre SD : 12 puntos
PREVIA
-28ª Xornada-
-30/03/2025-
SR Calo – SCDR Esteirana, ás — horas
Vista Alegre SD – Club do Mar, ás — horas
SD Castriz – SD San Lorenzo, ás 17:00 horas
Bertamiráns FC – CF Muxía, ás — horas
CF Dumbría – Bastavales UD, ás — horas
Praiña Sporting Club – SD Fisterra, ás — horas
UD Carral – Vea CF, ás — horas
SD Agolada – Vizoño SD, ás — horas
SD Tordoia – Boimorto CF, ás — horas
AVISOS :
Os horarios son oficiosos non oficiais. Na AXENDA PIRATA do venres poñeremos tódolos horarios xa marcados pola RFGF.
Os comentarios dos adestradores son propios e ca sua visión dos encontros, non da nosa autoria.
Pode calquer adestrador dar as impresións suas sobre o encontro, baixo o seu criterio e dentro dos parámetros do respeto no whatsapp 626 72 00 47, e serán subidas a este artigo. As que non subimos e por falta de interese dos consultados, o que respetamos completamente.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores