CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 27ª XDA DA LIGA DA COSTA : “CAMARIÑAS FC CAMPIÓN DE LIGA 3 XORNADAS ANTES DO REMATE DA MESMA”.

O Camariñas brilante campión de liga.

O Camariñas proclamouse campión desta Liga da Costa 2024/25 e novo equipo da Primeira Futgal, (sempre que decidan subir). Os de Juan Cabrejo puideron así brindar ao seu presidente e fundador Vicente Carril, un título da Liga da Costa 21 anos despois do derradeiro que acadaran e fixérono de maneira bilante, a falla de 3 xornadas para o final de liga, sabendo aguantar cando os rivais os presionaban e nalgunha ocasión perdendo o liderato e sabendo coller distanzas cando os demáis non daban o “Do” de peito. O bo traballo do equipo vese marcado nos seus números con 20 encontros gañados, 4 empatados e tan só 3 perdidos, sendo o máximo realizador da liga con 67 goles, e con Djibril como máximo goleador da categoría con 27 e sendo o equipo menos goleado habendo recollido o balón do fondo das nallas en tan só 23 ocasións.

A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o Camariñas FC en especial o seu presidente-fundador, Don Vicente Carril.

No que se refire ao resto da liga a promoción sigue o roxo vivo e máis ca derrota do Xallas, que cae a cuarta praza con 51 puntos, sendo superado polo Soneira, que agora é segundo con 53 puntos e Baio, terceiro cos mesmos puntos cos vimianceses. Ambos deixan fora da promoción os xalleiros.

Por abaixo o a piques estivo de volver a sumar en positivo pero foiselle o encontro no treito final e o Lira xa di adeus a categoría tras caer co Porteño e xa planifica a vindeira tempada na 3ª da Costa, habendo ratificado no posto a Óscar Leis como adestrador. A loita por evitar o posto de posible arrastre está en tensión cas vitorias de Mazaricos, (27 puntos), que é quen a ocupa, Coristanco, (28) e Muros, (28).

Condenar o triste episodio que o pareceer se deu no Muros-Monte Louro no que o xogador do Louro, Kevin Lago denunciou pubricamente insultos homófobos.

Coma acotío as crónicas iremos completándoas segundo nos cheguen máis comentarios dos adestradores ou colaboradores de equipos.

Para a liga e ven a Copa

Esta vindeira fin de semana co gallo da Semana Santa non haberá liga pero dbido o apretado do calendario xogarase a previa da LX Copa da Costa na que se xogarán 4 encontros : Sporting Zas-SCD Malpica, Sporting Seaia CF-CF Porteño, CD Nantón-SD Coristanco e Corme CF-UD Corcubión, dos cales vos faremos estes días unha previa.

GOLEADORES

Djibril, (Camariñas FC), marcou esta xornada un e sigue liderando o podio de goleadores  con 27 goles, en 21 encontros, (7 de  penalti). César Lojo, (UD Corcubión),  sigue segundo con 22 en 25 choques, (3 pen), e si marcou Martín “MC”, (CD Baio), que ocupa o terceiro escalón do podio con 17 tantos, (3 p) en 25 encontros.

 

LIGA DA COSTA

-27ª Xornada-

-13/04/2025-

Xallas FC 1-2 SD Coristanco

Camariñas FC 4-1 UD Corcubión

Corme CF 0-2 CD Baio

Cabana SD 1-2 Soneira SD

CD Muros 2-1 UD Monte Louro

Outes FC 5-3 UC Cee

CF Lira 0-2 CF Porteño

CF Mazaricos 4-0 Ponteceso SD

 

-CRÓNICAS-

O Camariñas celebrando no vestiario.

Camariñas FC 4-1 UD Corcubión

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “O partido tivo a dificultade que nos esperábamos, había que saber xogar cos nervos e así saimos. Tivemos varias ocasións pero non marcábamos e eles na primeira que tiveron a media hora de xogo metíana, nunha boa contra. O equipo parteuse e non tíñemos o control do balón. No segunto tempo falamos que tíñamos que ser o equipo que víñamos sendo e así foi, fixémonos coa posesión e co as ocasións e así foron vindo os goles…Coido que honestamente fomos o mellor equipo da competición e disfruar deste trunfo despois de todos estes anos de espera por parte de todoos os que formamos o Camariñas“.

Isidro Trillo, (2º Adestrador do UD Corcubión) : “A espera do seu comentario para subilo aquí…”.

Goles : 0-1, Iago Lema, (33´); 1-1, Djibril, (52´): 2-1, Javi Antelo, (56´); 3-1, Mario Suárez, (63´ de penalti); 4-1, Roi Carril, (92´).

 

Xallas FC 1-2 SD Coristanco

Bruno Prego, (Adestrador do Xallas FC) : “Recibíamos Al Coristanco en un partido donde cambiábamos nuestro posicionamiento, y también un poco el estilo de juego. jugando desde atrás y ejerciendo una presión alta sobre el rival, donde en la primera parte, conseguimos robar muchos balones en su línea de salida de balón y donde pudimos crear peligro.

En el minuto dos nos pitan un penalti inexistente en contra por mano de Fidi, cuando el balón viene rebotado y éste tiene el brazo totalmente pegado a su cuerpo y un jugador del Coristanco, ejerciendo fuerzas sobre él, impidiendo que este pudiera levantar el brazo o separarlo de su cuerpo,(llevamos 13 en contra uno a favor en lo que va de liga)

El Coristanco transforma al penalti y nos supimos reponer en este tramo de partido, donde fuimos mejores en los sectores exteriores, combinando y dándole más ritmo al juego, donde pudimos empatar en una acción por banda, tras una muy buena jugada desde atrás, donde logramos poner un centro en lado contrario y Chaski remataría a gol empatando así el partido.

Ya en la última jugada del partido hacemos una transición ofensiva con superioridad numérica perfecta donde nuestro jugador Macareno se pone delante del portero rival con ventaja y un defensa del Coristanco le hace una entrada a la altura de la rodilla haciéndole un penalti cloroso que no pita el árbitro.

Ya en el descanso, sabíamos que teníamos que seguir igual que lo estábamos haciendo bien, aunque un poco dolidos por el arbitraje que estábamos sufriendo.

En la segunda parte, el Coristanco se logra adelantar mediante una jugada por banda que hace un centro donde nuestro Portero duda, colándose este en la portería. En el resto de la segunda parte el Coristanco intentó defender el resultado donde replegó sus líneas y nosotros tuvimos alguna oportunidad, pero no claras para intentar empatar.

Ya con el paso de los minutos nos fuimos apagando en cuanto a juego y físicamente, quedando así el resultado 1-2 a favor del Coristanco, donde cabe destacar que en este partido teníamos muchas bajas convocando así a seis juveniles, donde quiera agradecer su esfuerzo y compromiso, ya que venían de entrenar tres días, jugar el sábado y con nosotros el domingo.

Felicitar a Coristanco por la victoria, toca seguir aunque de esta manera es muy difícil levantar los ánimos a los jugadores cuando trabajas y lo intentas todo pero acaban castigándote de esta manera“.

Goles : 0-1, Dani Castiñeiras, (2´de penalti); 1-1, Joel, (35´); 1-2, Kevin, (76´).

 

Corme CF 2-0 CD Baio

Goles : 0-1, Martín MC, (1´); 0-2, Rubén, (50´).

 

Cabana e Soneira no saúdo inicial.

Cabana SD 1-2 Soneira SD

Oscar ¨Mingui”, (Adestrador do Cabana SD) : “Empezou o partido co Soneira levando o peso do partido xerando algunha ocasión clara de gol pero nós a contra tamén facíamos moito dano. Nunha delas tras un paradón de Alvarellos, Migueliño provocaría un penalti por man visitante, nun centro que iba para Simón que se atopaba só. Moreno transformouno poñéndonos por diante. Desde aí ata o descanso o partido seguiu a mesma dinámica pero non houbo goles.

Na segunda parte o Soneira empatounos pronto e a partires de aí foron os nosos mellores momentos con ocasións para Moreno, Castro e David, pero non acertamos e sería o Soneira cun lanzamento de falta direta o que marcaría. De aí o final apenas xeramos ocasións, ainda que sí tivemos a posesión pero non nos serviu para lograr o empate.

Xogamos con : Alvarellos, Leis, (Cristian), David, Ferreiro, Noé, Aarón, Hugo, Moreno, (Roi), Simón, (Miki), Migueliño, e Castro, (Pablo).

Goles : 1-0, Diego, (21´); 1-1, José Manuel “Gusa”, (54´); 1-2, Adrián Lema, (77´).

Incidencias : O colexiado do encontro Alejandro Tato, expulsou con vermello direto ao delegado do Soneira, José Manuel Álvarez, (21´) e o xogador Sergio Martínez con dobre cartón no 91´.

 

CD Muros 2-1 UD Monte Louro

Goles : 0-1, Xián, (16´de penalti); 1-1, Benjamín, (50´); 2-1, Javier García, (55´).

 

Outes FC 5-3 UC Cee

Goles : 0-1, Daniel, (3´); 0-2, Ánxo, (16´); 1-2, Álvaro, (23´), 2-2, David, (53´); 2-3, Daniel, (57´); 3-3, Sergio, (77´); 4-3, José Carlos, (81´en propia porta); 5-3, Kevin, (93´).

 

CF Lira 0-2 CF Porteño

Óscar Leis, (Adestrador do CF Lira) :Enfrentámonos a un rival que xa me gustou moito na ida e volveu a deixarme moi boas sensacións, plantilla moi completa e ben traballada. Nós saimos mal o partido xa que non éramos capaces de axustar ben e o Porteño encontrábase cómodo e recibindo moi facil entre liñas, fruito de eso chegou o 0-1 nunha bonita xogadas combinativa que finalizou Alfredo.

Variamos e axustamos mellor e fomos crecendo co paso dos minutos pero sin crearlle demasiado perigo o rival, si o fixemos no inicio da segunda parte pero aí apareceu a figura de Mariolo na portería visitante que fixo unha grandísima parada a disparo de Raúl, nun man a man.

Acto seguido, de novo Alfredo, fixo o segundo nunha xogada que os nosos xogadores pediron fora de xogo. Ese gol fíxonos dano e estivemos uns minutos a mercede do rival, pero Carlos impediu que a ventaxa fose maior e volvemos a levar perigo con dous disparos de Pablo Leis, que un vaise por pouco e o outro volve a facer unha grandísima parada o porteiro rival. A máis clara tivémola nas botas de Crístian que despois de outra boa parada de Mariolo remata a pracer pero vaiselle arriba.

Ainda que o resultado non foi o mellor o equipo vacíouse no campo e competiu ante un gran rival, arrastrábamos baixas importantes, (eles tamén), pero seguimos sumando xuvenís o grupo sendo onte 2 titulares, e un terceiro participando na segunda parte, co cal xa imos perfilando o grupo de xogadores de cara a próxima tempada”.

Roberto “Pirucho”, (Adestrador do CF Porteño) : “Partido no que puido haber moitos goles. Igual poderìa ser un 3-5 tranquilamente, pois o partido estivo marcado principalmente polos erros defensivos. Malas orientacións defensivas, moitas entradas e poucas temporizacións, ás coberturas e ás axudas defensivas eran ineficaces, por ambos equipos o que propiciaba encontrar espacios libres para atacar.

A primeira parte houbo un pouco máis de orden táctico pola nosa parte, pero na segunda xa era un descontrol de idas e voltas. Moi bonito de ver para o afeccionado porque chegábase moi fácil ás áreas, pero se o analizas dende a parte defensiva foi moi frouxo, con moitos erros e desórde táctico.

Nos marchamos con 3 puntos pero considero que o Lira fixo mèritos para marcar polo menos un par de goles. De todas maneiras moi contentos de rematar coa portería a cero, xa que è un dèficit que vimos arrastrando ao longo da tempada e no que intentamos mellorar en cada adestramento“.

Goles : 0-1, Alfredo, (7´); 0-2, Alfredo, (53´).

 

CF Mazaricos 4-0 Ponteceso SD

Julio Vila, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Recibimos máis castigo do que merecíamos. Ainda que eles mostráronse superiores, nós fixemos mérito para un resultado máis parexo.

Puidemos adiantarnos e incluso acadar o empate co 1-0 no marcador. Dous erros nosos no segundo e terceiro gol de eles foron, repito un castigo excesivo.

Quedan tres xornadas e temos que puntuar para estar tranquilos e acabar ben a competición que este ano foi gris…“.

Goles : 1-0, Adrián, (42´); 2-0, Kevin, (57´); 3-0, Esteban, (77´); 4-0, Manuel, (89´).

 

-CLASIFICACIÓN-

 Camariñas CF : 64 puntos

2º  SD Soneira : 53 puntos

 CD Baio : 53 puntos

 Xallas FC : 51 puntos

5º CF Porteño : 48 puntos

 UD Corcubión : 40 puntos

 UD Monte Louro : 40 puntos

 Corme CF : 40 puntos

 Ponteceso SD : 35 puntos

10º Outes FC : 33 puntos

11º Cabana SD : 33 puntos  

12º CD Muros : 28 puntos

13º SD Coristanco : 28 puntos

14º CF Mazaricos : 27 puntos

15º CF Lira : 16 puntos

16º UC Cee : 13 puntos

 

-PREVIA-

-28ª Xornada-

-27/04/2025-

UD Corcubión – SD Coristanco, ás — horas

CD Baio – Camariñas FC, ás — horas

Soneira SD – Corme CF, ás — horas

UD Monte Louro – Cabana SD, ás — horas

UC Cee – CD Muros, ás — horas

CF Porteño – Outes FC, ás — horas

Ponteceso SD – CF Lira, ás — horas

CF Mazaricos – Xallas FC, ás — horas

 

AVISOS

Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais xa confirmados poñerémolos na AXENDA PIRATA do venres.

As manifestacións dos adestradores son propias baixo a sua visión do acontecido no terreo de xogo, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.

 -Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047. O que ten que quedar claro é que os que non contestaron cando se lles pideu comentario non lles imos a estar a molestar pedíndollo máis.

 

-Foto Soneira : Lolita Campaña

-Fotos Camariñas : Dulce Corcu

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies