O Zas a un suspiro da Liga da Costa.
Tódalas vistas estaban postas no Sofán-Malpica, ou o que é o mesmo 2º contra 3º e a vitoria chegou para os rapaces do Sofán cun solitario gol de Isma Ramos aos 10 minutos de xogo. O lider Sporting Zas recibía o colista, Laxe, e tiña moi entre cexas o encontro pois unha vitoria facía que na vindeira xornada, que será o 27 de Abril, pola Semana Santa, ainda que sí haberá Copa da Costa o vindeiro Domingo ca previa. Os zacenses golearon os laxenses, (5-0), e cunha vitoria ante o Volantes de Baño na vindeira xornada xa serían equipo da Liga da Costa o aventaxar o Malpica, 83º) en 7 puntos con 9 por disputar. Ainda sen gañar podería pasar o mesmo se o Malpica perde en Cerqueda.
A loita pola promoción está pechada trala vitoria do Oza en Muxía e serán por este órde : Sofán ou Malpica, (que loitan polo segundo posto polo que un ascenderá direto), Volantes, Cerqueda e Oza, os que loitarán pola terceira praza de ascenso a Liga da Costa.
Troco de adestrador no Muxía B
Noutro órde de cousas esta semana pasada era destituido do cargo o adestrador do Muxía B, Isidro Caamaño, ao que lle temos que dar as gracias pola sua colaboración e desexarlle moita sorte, e no seu sitio pasaba a ser o adestrador dos rapaces muxiáns, Michael Vilela, “Gran capitán” do primeiro equipo, recuperándose dunha lesión, ao cal lle damos a benvida como colaborador nas crónicas.
Para a liga e ven a Copa
Esta vindeira fin de semana co gallo da Semana Santa non haberá liga pero debido o apretado do calendario xogarase a previa da LX Copa da Costa na que se xogarán 4 encontros : Sporting Zas-SCD Malpica, (20/04 ás 18:00 horas), Sporting Seaia CF-CF Porteño, (20/04 ás 17:00 horas), CD Nantón-SD Coristanco, (20/04 ás 18:00 horas), e Corme CF-UD Corcubión, (20/04 ás 17:00 horas), dos cales vos faremos estes días unha previa.
GOLEADORES
Ismael Ramos, (Sofán B), lidera a táboa con 34, en 24, (2 pen). Raúl Corzón, (Sporting Zas), sigue segundo con 29 tantos en 22 choques empatado con Adrián Vázquez, (Sofán B), que ten 29 tantos, (1 pen), en 22 encontros. Terceiro é con 27, (3 pen), Salah Marghou, (UD Cerqueda).
3ª DA COSTA
-27ª Xornada-
-13/04/2025-
CF Muxía B 0-8 SD Oza
Sporting Seaia CF 3-2 CD Nantón
Atlético Pereiriña FC 2-1 SCD Buño
Sporting Zas 5-0 SD Laxe
SD Camelle 2-4 Volantes de Baño FC
UD Cerqueda 3-1 Inter de Brens
SD Sofán B 1-0 SCD Malpica
Descansa : CD Baiñas
-CRÓNICAS-
O Oza asegurou a promoción en Muxía.
CF Muxía B 9-2 SD Oza
Michael Vilela, (Adestrador do CF Muxía B) : “Partido no que fomos superados en todo momento polo Oza, no que non estivemos ben con balón, nin sen él e o Oza, con moita máis intensidade buscaba e atopaba a velocidade dos 3 de arriba, e foron caendo os goles durante todo o partido. Darlle a noraboa pola clasificación a promoción e desearlle sorte“.
Gonzalo Novo, (Adestrador do SD Oza) : “Partido no que sabíamos que podíamos pechar matemáticamente a fase sumando e así foi, os nosos sairon moi serios en todas as liñas de xogo, tanto que antes de cumprirse o primeiro minuto de xogo Nacho ten un man a man que saca cun moi bo pé o porteiro. Seguíamos creando ocasións e sería o propio Nacho que no cuarto de hora de partido adiantaríanos no marcador, tras unha boa xogada que fixo el mesmo por banda e definiu moi ben, aí tivo algunha o Muxía tamén para empatar o partido, pero nin o bloque defensivo nin Samuel lle deixaron e 10 minutos despois do primeiro, unha saida de balón espectacular e tras un xogadón de todo o equipo, tocando a e devolvéndoa o primeiro toque sería Hugo quen faría o segundo, tras un man a man co porteiro de Muxia.
Nacho de novo no minuto 35 poñería o 0-3 no marcador e mandaría este resultado os vestiarios. Falamos no vestiario de sair cas mismas gañas que na primeira parte, xa sabíamos o que pasara en Cee había duas semanas, que tamén íbamos con este resultado o descanso e pouco máis nos remontan o partido na segunda metade.
A charla de pouco servía, saíamos dormidos e xa parecía que se iba repetir a historia, aí tivo algunha o Muxía para meterse no partido, ata que no minuto 50 outra vez Nacho facía o 0-4 e deixaba case o partido sentenciado.
A partires de aí, un recital do incombustible Nacho que acabaría o partido con 6 goles, (que está a facer un temporadón enorme tanto a nivel individual como colectivo), e un octavo gol de Salah que redondearía unha fermosa mañán de goles no Arliña, e que nos asegura a praza no Play-off de ascenso, a tan bonita Liga da Costa.
Queremos adicarlle esta vitoria o noso xogador Alexis, que non puido estar onte connosco por un imprevisto e que tivo que ir o hospital”.
Goles : 0-3, primeira metade, con goles de : Nacho, (15´e 35´), e Hugo, (25´). Na segunda metade marcaron : Nacho, (50´, 72´, 74´e 76´, este último de penalti), e Salah, (80´).
Sporting Seaia CF 3-2 CD Nantón
Adrián Varela, (Adestrador do CD Nantón) : “Entramos moi mal o partido con moito despropósito defensivo e cando nos demos conta xa o Seaia mandaba por 2-0. Ata o minuto 40 non empezamos a despertar.
Na segunda parte saimos máis vivos, (non era difícil), e pouco a pouco empezaron a chegar as ocasións. Nun corner sacado por Yago o segundo pau, Jorge asiste a Miki que empuxa a rede e recorta distancias.
Seguíamos creendo na igualada e tras varios intentos sin finalización, un balón que pelea Jorge, gaña liña de fondo e asiste a Carlos Vidal para poñer o 2-2. Cando todo estaba para un empate e co crono casi no 90, Juni marcou un golazo de falta, tras unha falta infantil e inncesaria o borde da área.
Dende aqui felicitar o Sp. Seaia porque viñeron facendo unha boa tempada e competindo ben sempre a pesar de que a clasificación pareza o contrario. Desexarlles moita sorte para o que resta“.
Goles : 1-0, Pombo, (2´ en propia porta); 2-0, Manuel, (9´); 1-2, Miguel, (56´); 2-2, Carlos, (76´); 3-2, Sergio, (86´).
Goles do 1-2 para o Nantón e do 3-2 para o Seaia :
Atlético Pereiriña FC 4-0 SCD Buño
Lilo Rama, (Adestrador do SCD Buño) : “Un partido sen historia, porque os locais dominaron a primeira metade, aproveitando a falta de ritmo e enerxía dos visitantes. Dous goles na primeira metade son un duro golpe para calquera equipo, sobre todo se se sente desconectado e fóra de ritmo.
Non obstante, o gol olímpico de Andrés na segunda metade foi un gran revulsivo para o equipo visitante, que lle permitiu recuperar a confianza. Aínda que non conseguimos o empate, aínda que houbo ocasións para facelo, con falta directa de Adrián e de Alán, está claro que houbo un cambio importante na dinámica do encontro tras o gol de Andrés”.
Goles : 1-0, David, (8´); 2-0, Augusto, (14´); 2-1, Andrés, (83´).
O completou un gran partido ante o Laxe.
Sporting Zas 5-0 SD Laxe
Rubén Forján, (Adestrador do Sporting Zas) : “San Andrés viviu este domingo un partido sinalado do Sporting Zas, tanto por ser o último encontro ligueiro na casa como polo contexto clasificatorio. Recibíamos ao Laxe, cun único obxectivo: sumar 3 puntos que os mantivesen no alto da táboa.
O encontro comezou cun Zas moi enchufado, consciente do que había en xogo e decidido a impor o seu ritmo dende o primeiro minuto. O Laxe, con numerosas baixas, intentaba resistir atrás e conectar rápido co seu dianteiro, pero a superioridade local foi clara. Redondo abriu pronto o marcador, o que deu tranquilidade ao xogo zasense, e os seguintes goles chegaron con fluidez: Juan, de novo Redondo e Dani Mato deixaban o marcador nun claro 4-0 ao descanso. O porteiro visitante, Roi, evitou que a fenda fose maior con varias intervencións de mérito.
Na segunda metade, o guión non mudou: dominio do Sporting, que ampliou a vantaxe cun gol de Estefan tras a reanudación. O equipo de Zas tivo un par de ocasións máis, pero faltou acerto na finalización. Pola contra, o Laxe dispuxo dun penalti que puido servir para maquillar o resultado, pero Guille adiviñou o lanzamento e deixou a súa portería a 0, pechando unha actuación sólida en todas as liñas.
Máis alá do resultado, a noticia da xornada chegou dende Carballo: a derrota do Malpica fronte ao Sofán deixa ao Sporting Zas cunha ventaxe de 3 puntos sobre o segundo e 7 sobre o terceiro, con só 3 xornadas por disputar e un partido de descanso na penúltima xornada. Un escenario que pode converter a vindeira xornada nunha cita histórica para o club, xa que unha vitoria podería certificar de forma matemática o ascenso direto á Liga da Costa.
O Zas pecha así a súa tempada como local cun balance impecable: invicto en San Andrés, con só dous empates cedidos en toda a liga“.
José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Laxe) : “Púxoselle de cara rápido o partido, cun gol cun control ca man que o árbitro non vio. Pouco despois un erro defensivo significou o 2-0, caemos na precipitación e nerviosismo. Marcharon xa co resultado resolto o descanso. Estivemos mellor na segunda parte e fallamos un penalti”.
Goles : 1-0, Redondo, (5´); 2-0, Touriñán, (24´); 3-0, Redondo, (34´); 4-0, Dani Mato, (40´); 5-0, Estefan, (55´).
SD Camelle 0-4 Volantes de Baño FC
Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Cando nos chegue o seu comentario poerémolo aquí”.
Goles : 0-1, Manuel, (18´); 0-2, Manuel, (25´); 1-2, Javier, (45´+ 1); 1-3, Jonatan, (88´); 2-3, Carlos de Dido, (52´); 2-4, Josiño, (83´).
UD Cerqueda 3-1 Inter de Brens
Adrián “Gurita”, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido no que comezamos moi metidos, pronto nos adiantamos no marcador para poñernos 3-0 e ademáis cun moi bo ritmo e futbol. A partires de aí o partido foi cada vez a menos en intensidade, fallando varias ocasións moi claras pola nosa parte”.
Goles : 1-0, Salah, (5´); 2-0, Salah, (9´de penalti); 3-0, Andy, (12´); 3-1, Evaristo, (56´).
Incidencias : O colexiado do encontro Bruno Méndez expulsou do Cerqueda a Edunys con vermello direto no 86, e do Inter de Brens con dobre cartón a Juan Pose, (22´e 81´).
SD Sofán B 1-0 SCD Malpica
Goles : 1-0, Isma Ramos, (10´).
Descansou : CD Baiñas
-CLASIFICACIÓN-
1º Sporting Zas : 65 puntos
2º SD Sofán B : 62 puntos
3º SCD Malpica : 58 puntos
4º Volantes de Buño FC : 53 puntos
5º UD Cerqueda : 52 puntos
6º SD Oza : 44 puntos
7º Atlético Pereiriña FC : 35 puntos
8º CD Baiñas : 31 puntos
9º CD Nantón : 29 puntos
10º Sporting Seaia CF : 27 puntos
11º SD Camelle : 23 puntos
12º SCD Buño : 19 puntos
13º CF Muxía B : 14 puntos
14º Inter de Brens : 14 puntos
15º SD Laxe : 8 puntos
PREVIA
-28ª Xornada-
-27/04/2025-
CD Nantón – SD Oza, ás — horas
SCD Buño – Sporting Seaia CF, ás — horas
SD Laxe – Atlético Pereiriña FC, ás — horas
Volantes de Baño FC – Sporting Zas, ás 18:00 horas
Inter de Brens – CD Baiñas, ás — horas
SCD Malpica – UD Cerqueda, ás — horas
SD Sofán B – CF Muxía B, ás — horas
Descansa : SD Camelle
AVISOS
-Os horarios e datas son oficiosos non oficiais, os oficiais poñerémolos venres na AXENDA PIRATA como cada semana.
-As opinións e comentarios dos adestradores e colaboradores son propias e intrasferibles. piratasdemuxia.es non se fai responsable de ningunha das mesmas.
–Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
-Vídeos Nantón : Adrián Varela
-Foto Sporting Zas : o clube
-Foto Oza : Gonzalo Novo
-Texto e fotos : Xosé Búa “Pirata”/ Adestrador