O Xallas levouse un derbi movido.
O Xallas FC Feminino derrotou ao Dumbría no derbi costeiro nun choque que deixou moi cabreados/as o Dumbría que non quedaron moi de acordo coa actuación arbitral. Pola sua banda o Cee caía ante as cuartas, Carral, plantandolle cara, (4-3).
GOLEADORAS
Eva Lema, (CF Dumbría), fixo un gol no derbi costeiro e ponse con 29, (3 p), en 24 choques. Lucía Camisón, (SCD Pastoriza) sube a segunda praza con 26 goles en 25 encontros e pasa a terceira praza Ánxela Prado, (CD Lugo B), con 24 goles en 24 choques.
Copa da Costa Feminina
Este vindeiro fin de semana non hai liga pola Semana Santa pero sí debido o abafante do calendario non haberá descanso e terán lugar os Oitados da Copa da Costa Feminina na que o Xallas recibe o Cee mañán mércores 15 de Abril ás 19:30 horas, e o Dumbría visita ao Mazaricos o Domingo 20 ás 19.00 horas. Nestes días faremos a previa.
Agradecémosvos que se vedes algún erro que nos avisedes.
2ª GALEGA FEMININA G1
-27ª Xornada-
-13/04/2025-
Xallas FC 2-1 CF Dumbía
Orillamar SD 1-1 SD Tordoia
Silva SD 1-0 UDJ Almeiras
PM Friol B 1-0 CD Lugo B
Orzán SD B 8-1 Sporting Meicende
Cultural Maniños 1-3 SCD Pastoriza
Brexo Lema SD 2-0 Sporting Burgo
UD Carral 4-3 UC Cee
CRÓNICAS
O Xallas celebrou o ascenso a Primeira Galega.
Xallas FC 2-1 CF Dumbría
Eloy García, (Adestrador do Xallas FC) : “Derbi de altos vos no Fontenla. Partido moi igualado de principio a fin, con moitísima intensidade en cada disputa de balón. Na primeira metade tivemos un par de tiros dende fora da área por medio de Espasandín e Carla nos que a porterira rival fai dúas moi boas intervencións. As rivais terían un remate ao pao nun saque de curruncho. Antes de irnos ao descanso, tivemos unha xogada de Oli por banda que mete un pase da morte e que Cali non chega a empurrar por moi pouco.
Na segunda metade máis do mesmo, partido moi físico e sen un equipo que dominase. Adiantámonos nun balón parado que a porteira rexeita un disparo de Oli e Sara envía ao fondo das redes o balón solto. Ao pouco empataríannos nunha presión alta, que nós non xestionamos ben a saída de balón e baten ao Rosío nun ma a man.
O gol da vitoria chegaría, nunha falta bastante lonxana, na que Oli saca ese disparo tan peculiar que ten de empeine, seco, que se coa pola escadra. Queremos darlle moito ánimo a xogadora do Dumbría Noa Forjan lesionada no partido de hoxe…+3, queda menos”.
Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) : “O partido empezaría con un ritmo alto cos dous equipos que querían ser dominadores e no permitian estar comodo o rival, avisaría o Xallas con disparos desde a frontal, e seríamos nos quen tubera a máis clara tras un corner que Mariña remataría o pau, o partido chegaría o descanso co 0-0 con dous equipos que nos estaban deixando todo no campo e deixando polo alto o futbol da costa
Na segúnda metade saldríamos algo máis ordenadas sen apenas permitir que nos chegaran a área e demasiado precipitadas en ataque, sin encontrar a pausa necesaria, por desgracia o protagonismo fui caendo en quen non debe ser protagonista nunca, castigando os duelos sempre en favor das locales e unha actitud inecesaria, Adiantabase o Xallas despois de unha falta lonxana onde Liss non consigue blocar e permitimos entrar solas o rechace a varias xogadoras Xalleiras, nese momento o equipo dou un paso arriba e tras unha mui boa presión Eva empataría o partido, tras unha falta que nadie viu nin entendiu a parte do colexiado Olalla marcaría un golazo de falta direta, e aí empezaría o show, levándose todo o protagonismo de donde tiña que estar, de un lado permitía e do outro no. Gustaríame entender porque a disparidade na toma de decións chegaría a miña expulsión tras outra das faltas que nos pita en contra sin sentido e sin explicación, cando lle reclamo que sea o mismo criterio para ambos conxuntos e me explique donde estaba falta, tras a primeira amarela dígolle que é o fácil, a estas liando poste a sacar tarxetas para intentar ter razón e sin mediar palabra saca a segunda.
O partido seguiría sendo intenso, e chegaría unha xogada tan fortuita como innecesaria polo que me comentan, xa que eu non a puiden ver, onde Noa sairía lesionada con unha dislocación do cóbado, deteríase o partido esperando pola ambulancia, xa cando se retomou, iniciaríase coa expulsión por vermello direto a Fandiño o noso delegado pola protesta da acción con Noa, con todo esto moitas cabezas estaban máis con Noa que no partido, aínda así intentámolo conseguindo deixar a Eva man a man contra Rosio, pero o colexiado marcaría fora de xogo.
É unha mágoa que tras un partido tan bonito e que tan ben transcurriu na primeira metade o protagonismo o leve o colexiado, non sei o motivo, pero estamos cansadas de algúns dos tratos recibidos, na gran maioría dos casos non temos ningún tipo de queixa do trato, con erros e acertos incluidos, hai casos que por moitas voltas que lle deas non lle atopas unha explicación. Un deles, (un máis), que tras varios paróns non añadiu nin un só minuto na segunda metade.
Só pido que lles expliquen que non teñen que ser protagonistas en ningún dos casos e que tanto xogadoras como adestradores somos primeiro persoas, así coma eles, se queren respeto que sean os primeiros en respetar, tanto o noso esforzo, como o traballo que se realza semana tras semana.
Noraboa o Xallas pola vitoria e sorte no que queda de competición para que logren conseguir o seu obxetivo“.
Goles : 1-0, Sara Vázquez, (47´); 1-1, Eva Lema, (64´); 2-1, Olalla Antelo, (68´).
Incidencias : O colexiado Tomás Garrido expulsou con dobre cartón o adestrador do Dumbría, Santi Cubelo, (82´), e con vermello direto o seu delegado de campo, Norberto Fandiño, (102´). No treito final saeu lesionada con dislocación de cóbado, Noa Forjá, do CF Dumbría, a cal lle desexamos unha pronta recuperación.
UD Carral 4-3 UC Cee
Goles : 0-1, Naiara, (22´); 1-1, Olalla, (25´); 1-2, Nerea, (37´); 2-2, María Fraga, (41´); 3-2, Sabela, (45´+ 4); 4-2, Mayra, (64´); 4-3, Nerea, (67´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Xallas FC : 71 puntos
2º SCD Pastoriza : 69 puntos
3º Orzán SD B : 57 puntos
4º UD Carral : 57 puntos
5º Sporting Burgo : 51 puntos
6º SD Tordoia : 51 puntos
7º CF Dumbría : 49 puntos
8º UC Cee : 42 puntos
9º PM Friol B : 31 puntos
10º CD Lugo B : 27 puntos
11º Brexo Lema SD : 27 puntos
12º Cultural Maniños : 27 puntos
13º Orillamar SD : 23 puntos
14º UDJ Almeiras : 20 puntos
15º Sporting Meicende : 14 puntos
16º Silva SD : 11 puntos
-PREVIA-
-28ª Xornada-
-27/04/2025-
SD Tordoia – CF Dumbía, ás 16:30 horas
UDJ Almeiras – Orillamar SD, ás 16:30 horas
CD Lugo B – Silva SD, ás 16:30 horas
Sporting Meicende – PM Friol B, ás 17:00 horas
Orzán SD B – SCD Pastoriza, ás 16:30 horas
Sporting Burgo – Cultural Maniños, ás 16:30 horas
UC Cee – Brexo Lema SD, ás 16:30 horas
UD Carral – Xallas FC, ás 16:30 horas
AVISOS
-A data e os horarios son oficiosos non oficiais polo que poden trocar, poñerémolos fixos na “AXENDA PIRATA” o vindeiro venres.
-As manifestacións dos adestradores son propias, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.
-Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047, e que sempre quede claro que non poñemos duns e doutros non, poñemos as dos que queren colaborar mandándonolas cada semana, cousa que agradecemos en beneficio de dar relevancia e visibilidade o noso fútbol.
-Foto Xallas : Eloy García
-Foto Dumbría : FaceBook Dumbría Feminino
-Texto : Xosé Búa “Pirata
-Comentarios : Os adestradores