CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 26ª XDA DA PRIMEIRA FUTGAL G2 : “VITORIAS DE DUMBRÍA, E MUXÍA, EMPATES DO CASTRIZ E SAN LORENZO, E DERROTAS DE ESTEIRANA E FISTERRA”.

Víctor Alcaina fixo dous dos goles do Muxía.

Aquí tedes as crónicas e moito máis da 26ª xornada da Primeira Futgal, cos comentarios dos adestradores dos equipos costeiros, de non estar completaremos segundo nos vaian chegando.

Pode calquer adestrador dar as impresións suas sobre o encontro, baixo o seu criterio e dentro dos parámetros do respeto no whatsapp 626 72 00 47, e serán subidas a este artigo. As que non subimos e por falta de interese dos consultados, o que respetamos completamente.

CRÓNICA XERAL

O San Lorenzo volveu a sumar por segunda xornada consecutiva o que fai albiscar a melloría que está amosando, e que xa da os seus froitos con 4 puntos dos derradeiros 6 en xogo e tras unha longa travesía polo deserto. Pola sua banda o Muxía volveu a senda do trunfo derrotando o Vista Alegre a domicilio. Pola sua banda o Dumbría facíalle un set de tenis o Vea, (6-1), para seguir presionando aos dous líderes que non afroxan, ainda que o Club do Mar paraece que lle costa e levuse os 3 puntos ante a Esteirana remontando e con moito sacrificio, (2-3). O Castriz sumaba un punto ante o Bastavales nun empate sen goles namentras que o Fisterra caía ante o Bertamiráns, (2-0), contando unha racha de 7 xornadas sen perder.

Diego Estévez na sua época no Fisterra.

GOLEADORES

 Diego Estévez, (CF Dumbría), destácase gracias aos 3 goles que marcaba nesta xornada e suma 27, (2 pen), en 23 choques deixando ao seu veciño Isaac Fábregas, (SD Fisterra), segundo da liga con 25 tantos, (2 de penalti). No terceiro chanzo do podio está Adrián García, (SR Calo), que non veu porta nesta xornada e sigue con 20 dianas, (4 de penalti), en 24 encontros.

 

PRIMEIRA FUTGAL G2

-26ª Xornada-

-16/03/2025-

SCDR Esteirana 2-3 Club do Mar

SR Calo 0-0 SD San Lorenzo

Vista Alegre SD 1-3 CF Muxía

SD Castriz 0-0 Bastavales UD

Bertamiráns FC 2-1 SD Fisterra

CF Dumbría 6-1 Vea CF

Praiña Sporting Club 1-3 Vizoño SD

UD Carral 5-0 SD Tordoia

SD Agolada 1-4Boimorto CF

 

-CRÓNICAS-

 

Vista Alegre SD 1-3 CF Muxía

Sergio “Pataca”, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido moi serio do equipo, primeira parte na cal temos 4 ocasiÓns moi claras de gol, e só conseguimos convertir unha, un bo gol tras xogada colectiva do equipo.

Na segunda os primeiros minutos foron dos locais e logran empatarnos, volvemos a poñernos ben e controlando o partido ata que conseguimos o segundo nuha boa xogada colectiva e individual de Fran. O terceito chegaría de penalti sobre Fabian que transforma Víctor“.

Goles : 0-1, Fran Moreira, (33´); 1-1, Jacobo, (44´); 1-2, Victor Alcaina, (67´); 1-3, Victor Alcaina, (81´de penalti).

Incidencias : O colexiado Julián Buján expulsou do campo no 85 con vermello direto o xogador do Muxía, Julián Busto, que xa fora sustituido no 57.

 

SR Calo 0-0 SD San Lorenzo

Iván Rojo, (Adestrador do SD San Lorenzo) :“Entraba moi ben o San Lorenzo no partido levando o dominio e xerando varias ocasións, a máis clara nunha internada de Eloy por banda que da o pase atrás para que Baldo remate, pero o disparo vaise alto.  Respondiu o Calo nun man a man que salva Souto. Reclamaron penalti os visistantes nunha xogada de Javi.

Na segunda parte máis do mesmo, tivo duas claras o Sanlo nun balón de Javi o longueiro e nunha cesión o porteiro dun xogador local que non entrou de miragre.


Bo traballo e esforzo dos de Verdillo con portería a cero e un punto que sabe a pouco, pero segunda xornada sen perder consecutiva
“.

Goles : 0-0

 

Bertamiráns FC 2-0 SD Fisterra

Diego Lobelos, (Adestrador do SD Fisterra) : “Non saimos mal de todo o partido ante un equipo que a pesares de que esté abaixo a min gústame moito e agora mesmo viña con tres vitorias e con esta catro. Un equipo ante o que nos costa chegar nas axudas e tiñan máis o balón e tivemos erros que cáseque nos costa gol, pero sen ter moita sensación de perigo e cunha sensación de un encontro parexo. Antes do gol deles non tivemos ningunha que acabase en remate. Márcannos tras un saque de banda que chega o segundo pau e nos rexeites consiguen marcar. Son un equipo necesitado e aí si que houbo unha diferenza no campo, con todo eso Guille, Isaac e Lobelos puideron empatar. Eles antes do descanso pediron un gol pantasma que botou na liña, (ou dentro non sei), tras dar no longueiro.

Na segunda saimos bastante ben e ainda que non tivemos moitas, pero estábamos mellor en ataque. Eles pasaron a xogar máis en longo co resultado a favor. Houbo un par de remates nosos que non acabaron en gole tamén deles. Nos xa con moita xente arriba e co equipo partido nun saque de curruncho no que deixamos moita xente arriba por se a roubábamos e marcan o segundo xa con pouco tempo. Fixen 3 trocos pasando a defensa de 3 e facendo debutar un cadete, pero non era o día para nós. Resultado xusto no tocante a que mereceron gañar.

Agora pensar no derbi contra o Dumbría que a ver se se pasa a sábado para que sexa unha festa do fútbol da costa”. 

Goles : 1-0, Adrián Castro, (32´); 2-0, Adrián Márquez, (81´).

 

CF Dumbría 6-1 Vea CF

Goles : 1-0, Diego Estévez, (5´de penalti); 2-0, Diego Estévez, (20´); 2-1, Claudio, (23´); 3-1, Diego Estévez, (45´+ 1); 4-1, Alejandro, (54); 5-1, Breixo, (64´); 6-1, José Miguel, (87´).

 

SD Castriz 0-0 Bastavales UD

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “Partido no que non fomos quen de aumentar o ritmo baixo moi ben plantexado polo Bastavales. Na primeira parte combinamos ben, con criterio, pero sin profundidade. Erramos as dúas ocasións claras de Rodo e Pastoriza.

Na segunda parte os rivais aínda lograron durmir máis o encontro e nós comezamos a impacientarnos e a intentar chegar rápido á área contraria, pero sin acerto. Josiño tivo a ocasión máis clara pero non conseguiu superar ó porteiro.

Empate que nos deixa mal sabor de boca, porque non estivemos ó noso nivel mínimo esixible“.

Goles : 0-0

 

SCDR Esteirana 2-3 Club do Mar

Goles : 0-0

 

-CLASIFICACIÓN-

1º UD Carral : 60 puntos

 Club do Mar : 60 puntos

CF Dumbría : 55 puntos

 Boimorto CF : 51 puntos

 SD Fisterra : 41 puntos

6º SR Calo : 40 puntos

 CF Muxía : 36 puntos

8º SD Castriz : 35 puntos

9º Praiña SPC : 33 puntos

10º SD Tordoia : 31 puntos

11º Vea CF : 30 puntos

12º Vizoño SD : 29 puntos

13º SCDR Esteirana : 27 puntos

14º Bertamiráns FC : 26 puntos 

1 Bastavales UD : 25 puntos

16º SD Agolada : 20 puntos

17º SD San Lorenzo : 14 puntos

18º Vista Alegre SD : 12 puntos

 

PREVIA

-26ª Xornada-

-16/03/2025-

SCDR EsteiranaClub do Mar, ás — horas

SR Calo-SD San Lorenzo, ás — horas

Vista Alegre SD-CF Muxía, ás 21:00 horas

SD Castriz-Bastavales UD, ás 17:00 horas

Bertamiráns FC-SD Fisterra, ás — horas

CF Dumbría-Vea CF, ás — horas

Praiña Sporting Club-Vizoño SD, ás — horas

UD Carral-SD Tordoia, ás 17:00 horas

SD Agolada-Boimorto CF, ás — horas

 

AVISOS :

Os horarios son oficiosos non oficiais. Na AXENDA PIRATA do venres poñeremos tódolos horarios xa marcados pola RFGF.

Os comentarios dos adestradores son propios e ca sua visión dos encontros, non da nosa autoria. A data da previa é oficiosa non oficial.

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies