CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 26ª XDA DA 3ª DA COSTA : “O ZAS NON FALLOU NUNHA DAS XORNADAS MÁIS GOLEADORAS DA TEMPADA”.

Importante vitoria do Zas en Buño.

Xornada de explosión goleadora con 39 tantos materializados e con goleadas en tódlos campos, ata no único encontro que houbo un empate que foi no Volantes-Baiñas o empate foi 3-3. O Sporting Zas conseguía unha importante vitoria en Buño para a semana vindeira recibir no San Andrés o colista, Laxe, e mirar de reollo, (máis ven de frente), o Malpica-Sofán, segundo contra terceiro na loita por esa praza de ascenso direto que agora é dos sofanistas por un punto máis cos malpicáns e quen sabe si por todo pois a diferenza co lider, Zas, é de 3 puntos cos carballeses e 4 cos malpicáns con ainda 12 por xogar, e tendop que descansar na penúltima xornada o equipo zacense que ten o golaveraxe gañado o Sofán, pero sen marxe de erro dependendo do que fagan os outros dous. 

GOLEADORES

 Ismael Ramos, (Sofán B),  lidera a táboa con 33, en 23 encontros, gracias aos 2 que lle fixo o Inter de Brens. Raúl Corzón, (Sporting Zas), sigue segundo con 29 tantos en 22 choques pero empátalle Adrián Vázquez, (Sofán B), que marcou 2 esta semana e xa ten 29 tantos, (1 pen), en 21 encontros. Terceiro ponse agora con 25, (2 pen), Salah Marghou, (UD Cerqueda), que ainda que o seu equipo descansaba o haber un empate no segundo chanzo sube da cuarta praza a terceira do podio.

 

3ª DA COSTA

-26ª Xornada-

-06/04/2025-

SD Oza 3-0 Sporting Seaia CF

CD Nantón 4-0 Atlético Pereiriña FC

SCD Buño 0-4 Sporting Zas

SD Laxe 0-4 SD Camelle

Volantes de Baño FC 3-3 CD Baiñas

Inter de Brens 0-7 SD Sofán B

SCD Malpica 9-2 CF Muxía B

Descansa : UD Cerqueda

 

-CRÓNICAS-

SCD Malpica 9-2 CF Muxía BSporting Seaia CF

Isidro Caamaño, (Adestrador do CF Muxía B) : “A espera do seu comentario…“.   

Goles : 9-2, primeira metade 3-1. Goles por parte do Malpica : Sergio, (3), Luis Manuel, (2), Parga, Aday, (2) e Francisco. Por parte do Muxía : Martín e Damián.

O Oza con pé e medio na promoción.

SD Oza 3-0 Sporting Seaia CF

Gonzalo Novo, (Adestrador do SD Oza) : “Partido moi serio e emocionante o vivido onte na tarde-noite en Sofan, con dous equipos que buscaban as cóxegas do rival pero con moito respeto, sabendo que calquer mínimo fallo era unha ocasión clara para o rival. Moito xogo no centro do campo e ocasións contadas, un man a man para o Seaia que tapa moi ben Samuel e un tiro lonxano de Lagoa que bate no poste e o rexeite colle a contrapé o noso dianteiro que o manda moi mordido.

Ían pasando os minutos desta primeira metade e apenas había perigo nas áreas chegando así o tempo de lecer co 0-0 inicial. Un tempo de lecer que nos sentou moi ben e saimos enchufados a polo partido, sabendo que non podíamos cometer ningún fallo e asi foi, un gran pase do incombustible Nacho deixa a Christian, (xuvenil de primeiro ano), man a man con Lamas e este da un pase o segundo pau que remata Abib a pracer, rompendo o resultado inicial.

Trocamos un pouco aí o esquema pero non saía da mellor forma, xa que aí o Seaia tivo as mellores ocasións e incluso un balón que saca Lavandeira debaixo dos paus e os visitantes pedían gol, xa que entenden que o balón entrara. Reaccionamos aí e sería outra vez Nacho que a saida dun córner aproveitaría o despexe do porteiro para mandalo o fondo das mallas, mataríamos así o partido pero ainda quedaría tempo para que Raúl, xuvenil que era o seu segundo partido cos séniors, rematara a pracer unha gran xogada de Abib-Nacho para pechar o 3-0 final que nos afianza na sexta praza, unha sexta praza que se todo sae ben poderemos materializala a semana que ven en Muxía“.

Goles : 1-0Abib, (57´); 2-0, Nacho Pose, (89´); 3-0, Raúl, (95´).

 

CD Nantón 4-0 Atlético Pereiriña FC

Adrián Varela, (Adestrador do CD Nantón) : “Partido que nos enfrentábamos a un rival que na ida nolo puxo moi difícil.
Sabíamos que había que sair con intensidade e con gañas de dalo todo si queríamos sumar e así o fixemos.

Empezou o partido con alternativas sin un dominador claro ata que Yago Torres enganchou unha volea dende fora da área e marcou pola escadra, sendo imparable para o mete visitante. O resto da primeira parte as ocasións incrementábanse pero nin Añón, nin Yago, nin Jorge, acertaban de cara a gol.

 

A segunda parte saimos ca idea de subir o ritmo e ter o control do partido pola condición de local e de ter o partido xa en ventaxa, e no minuto 3 unha asitencia perfeta de Jorge a Yago deixa a este man a man e bate o porteiro para poñer o 2-0.

Apartir de aí, e cun Pereiriña un pouco vido a menos fómonos adoando do partido e tendo máis chegadas a área e nunha presión con roubo incluído de Jorge o meta visitante, consigue asistir a porta valeira a Dani Cazón, (o único xogador do club en idade xuvenil), e fai o 3-0 a falta de 20 minutos.

 

O cansancio foi a máis polos 2 equipos, ambos tivemos que facer cambios obrigados por molestias e lesións e perdiu un pouco de ritmo e de intensidade. A falta de 8 minutos, Javi Muiño marcou un dos golazos da tarde cun tiro dende a frontal que entra tras tocar no longueiro.

Penso que fomos merecedores dos 3 puntos, recta final da temporada e queremos adicarlle os 3 puntos a nosa xente, familiares, patrocinadores e afición porque sempre están aí o pé do cañon“.

Goles : 1-0, Iago Torres, (24´); 2-0, Iago Torres, (48´); 3-0, Dani Castro, (71´); 4-0, Javi Muiño, (81´).

O Zas máis preto do título tras gañar no Xabiña.

SCD Buño 0-4 Sporting Zas

Lilo Rama, (Adestrador do SCD Buño) : “Partido contra o mellor equipo da categoría, dónde o Buño partía de inicio con baixas importantes e sen fondo de banquillo, e xa dende o primeiro minuto levou o peso do partido o equipo visitante que no minuto 9, poñíase por diante no marcador tras un corner e en segunda xogada, un precioso remate de chilena, acababa no fondo das mallas.

A partires de aí, xa o rival foi claro dominador e xa encaixamos 0-2 e 0-3 en 29 minutos e os locais sen chegar a xerar ocasións na primeira parte.

Tras o descanso, xa veu o cuarto gol visitante e o equipo oleiro quería ter posesión de balón pero o Zas dificultáballe o xogo, tras unha presión alta e nós dispuxemos dunha clarísima ocasión por medio de Hugo, en área pequena, no minuto 70 e de Andrés dende a frontal en tiro cruzado, minuto 80.

Partido donde houbo un claro dominador e un rival que mostrou ser claro candidato a gañar o título de liga éste ano”.

Rubén Forján, (Adestrador do Sporting Zas) :Partido disputado no sempre complicado campo do Buño, onde o Sporting Zas buscaba recuperar a senda da vitoria tras dous empates consecutivos. E fíxoo con autoridade, carácter e solvencia, a pesar de presentar algunhas baixas importantes no once inicial. A amplitude de plantilla desta tempada permitiu afrontar o encontro con garantías, demostrando unha vez máis o compromiso colectivo deste grupo de xogadores.

O partido comezou co Zas decidido a xogar o maior tempo posible en campo contrario, dominando a posesión e buscando romper o bloque baixo do rival. O Buño, replegado preto da súa área, acumulaba moitos xogadores no carril central, polo que os ocos atopábanse nas bandas. Por aí chegaron as primeiras ocasións claras, que pouco a pouco se transformaban en perigo real.

O 0-1 abríao Pablo Fuentes, tras un barullo na área que resolveu cunha espectacular chilena. Sen tempo para reaccionar, o 0-2 chegaría cunha gran xogada individual de Dani Mato, que arrancou dende o medio campo, sorteou rivais e definiu con calidade. Antes da media hora, Adrián Rama facía o terceiro tras un gran desmarque que o deixaba man a man co porteiro. Con ese 0-3, o Zas controlaba totalmente o encontro ao descanso.

Na segunda metade, o ritmo baixou debido ao cansazo e á calor, pero o control seguiu sendo do Sporting . O definitivo 0-4 asinouno Redondo cun tiro preciso dende a frontal. O Zas tivo varias oportunidades máis para ampliar a vantaxe, pero o marcador xa non se movería.

Unha vitoria de moito peso, tanto a nivel clasificatorio como anímico,e que nos asegura, como mínimo, a presenza na fase de ascenso.

Con só 4 xornadas por diante, o Sofán-Malpica da próxima fin de semana, e tamén os encontros clave contra o Cerqueda das semanas seguintes, preséntanse claves para as aspiracións de uns e outros”.

Goles : 0-1, Pablo, (9´); 0-2, Dani Mato, (18´); 0-3, Rama, (28´); 0-4, Redondo, (48´).

 

SD Laxe 0-4 SD Camelle

José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Laxe) : “Temporada complicada, donde todo parece querer sair mal. Primeira parte igualada, donde creo que estivemos mellor nós pero no único tiro a porta que tiveron marcaron o 0-1.

Na segunda fomos polo empate pero sería o Camelle, nun fallo defensivo noso donde fan ó 0-2. Arriscamos e o Camelle aprobeitou para gañar con claridade“.

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Primeira parte cativa donde dominarían eles en chegadas pero apenas nos crearían problemas, como nós a eles, só que nós marcaríamos o 0-1 tras un centro e un remate de media chilena de Moha.

Saimos na segunda parte máis enchufados e logo marcaríamos o 0-2 por medio de Dido. Seguimos tendo ocasións e así chegou o 0-3, no que repetía Dido. Eles apenas nos crearían perigo, un par de chegadas que se irían fora, e xa o final de todo un tiro dende fora do área por medio de Chans colaríase por toda a escadra completando ó 0-4 definitivo“.

Xogamos con : David Caamaño,
Vicente, David Vázquez, Ruso, Martín, Iván Chans, Steven, Dido, Lucas Dios, Josiño e Moha. Tamén xogaron : Gabi, Kampi e Joel.

Goles : 0-1, Moha, (33´); 0-2, Carlos de Dido, (56´); 0-3, Carlos de Dido, (77´); 0-4, Iván Chans, (88´).

 

Volantes de Baño FC 3-3 CD Baiñas

Goles : 0-1, Joel, (22´); 0-2, Anibal, (35´); 1-2, Daniel, (38´); 1-3, Raúl, (70´); 2-3, Borja, (80´); 3-3, Hugo, (92´).

 

 Inter de Brens 0-7 SD Sofán B

Goles : Primeira metade 0-3 con goles de Roi, Adrián Vázquez e Isma Ramos. Na segunda chegarían outros 4 obra de Adrián Vázqeuz, Isma Ramos, Tacko e Breogán.

 

Descansou : UD Cerqueda

 

-CLASIFICACIÓN-

 Sporting Zas : 62 puntos

 SD Sofán B : 59 puntos

3º SCD Malpica : 58 puntos

4º Volantes de Buño FC : 50 puntos

 UD Cerqueda : 49 puntos

  SD Oza : 41 puntos

 Atlético Pereiriña FC : 32 puntos

 CD Baiñas : 31 puntos

 CD Nantón : 29 puntos

10º Sporting Seaia CF : 24 puntos

11º SD Camelle : 23 puntos

12º SCD Buño : 19 puntos

13º CF Muxía B : 14 puntos

14º Inter de Brens : 14 puntos

15º SD Laxe : 8 puntos

 

PREVIA

-27ª Xornada-

-13/04/2025-

CF Muxía B – SD Oza, ás — horas

Sporting Seaia CF – CD Nantón, ás 16:15 horas

Atlético Pereiriña FC – SCD Buño, ás — horas

Sporting Zas – SD Laxe, ás 18:00 horas

SD Camelle – Volantes de Baño FC, ás — horas

UD Cerqueda – Inter de Brens, ás — horas

SD Sofán B – SCD Malpica, ás — horas

Descansa : CD Baiñas

 

AVISOS

 -Os horarios e datas son oficiosos non oficiais, os oficiais poñerémolos venres na AXENDA PIRATA como cada semana.

-As opinións e comentarios dos adestradores e colaboradores son propias e intrasferibles. piratasdemuxia.es non se fai responsable de ningunha das mesmas.

Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047

 

-Vídeos Nantón : Adrián Varela

-Foto Sporting Zas : o clube

-Foto Oza : Gonzalo Novo

-Texto e fotos : Xosé Búa “Pirata”/ Adestrador

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies