O Xallas FC Feminino trala sua vitoria a domicilio sobre o Cee, (0-2) no derbi costeiros completa un histórico ascenso a 1ª Galega Feminina a falla de 4 xornadas para o remate da liga e agora toca loitar polo título de liga no que compite co Pastoriza a 2 puntos das xalleiras. A nosa máis cordial noraboa a tódalas/os que forman o Xallas FC Feminino e o agradecemento pola gran colaboración toda a tempada e o noso desexo que vaia a máis e se complete co título de campioas. O Dumbría goleaba a domicilio ao Orillamar, 81-4), e sigue loitando por acadar a posición máis alta posible non moi lonxe dunha promoción que ten a 5 puntos pero dependendo de resultados dos outros ademáis de gasñalo todoi, pero mentres hai vida hai esperanza, que non deixan de estar a facer unha tempada histórica.
GOLEADORAS
Eva Lema, (CF Dumbría), fixo dous tantos e ponse con 28, (3 p), en 23 choques. Ánxela Prado, (CD Lugo B), fixo un en ponse con 24 goles en 23 choques, e empata con ela no segundo chanzo Lucía Camisón, (SCD Pastoriza), que tamén fixo un no seu caso en 24 choques. Terceira é a ceense Paula Veiga, (UC Cee), con 20, (2 pen), en 18 encontros.
Agradecémosvos que se vedes algún erro que nos avisedes.
2ª GALEGA FEMININA G1
-26ª Xornada-
-06/04/2025-
Orillamar SD 1-4 CF Dumbía
SD Tordoia 7-0 Silva SD
UDJ Almeiras 2-0 PM Friol B
CD Lugo B 1-3 Orzán SD B
Sporting Meicende 0-1 Cultural Maniños
SCD Pastoriza 4-0 Brexo Lema
SD Sporting Burgo 2-0 UD Carral
UC Cee 0-2 Xallas FC
CRÓNICAS
Orillamar SD 1-4 CF Dumbría
Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) : ““.
Goles : 0-1, Paula Fandiño, (22´); 0-2, Eva Lema, (36´); 0-3, Eva Lema, (41´); 0-4, Mariña, (81´); 1-4, Natalia, (83´).
O Xallas manda na liga.
UC Cee 0-2 Xallas FC
Eloy García, (Adestrador do Xallas FC) : “Saida compliaca a que nos tocaba un auténtico derbi costeiro, nun campo no que nunca gañáramos nestes anos. Adiantámonos pronto nunha xogada ensaiada de curruncho, queda o balón solto na área e Facal mandao ao fondo das redes, facendo inservible a estirada da cancerbeira.
Dominamos todo primeiro tempo con moito criterio o balón e non concedendo nada as rivais, cunha liña defensiva liderada por unha gran Mery e Otero. Tivemos unha nova ocasion por medio de Espasandín nunha xogada individual, pero que a porteira tapa moi ben o man a man.
Na segunda parte máis do mesmo, pero cunha Barcia estelar que non se cansou de encarar a súa lateral e sacar moi bos centros, nun deles, a porteira fai un paradón a bocaxarro a Oli. Tivemos un saque de curruncho que Ote por pouco non envía o seu testarazo as redes.
O gol da tranquilidade, chegaría nunha obra de arte de Noe que saca a súa zurda a relucir cun auténtico golazo dende fora do área. Gran vitoria coa que certificamos o ascenso matemáticamente a primeira…Queda menos , +3 a seguir. Gran partido das nosas“.
Goles : 0-1, Facal, (6´); 0-2, Noe, (83´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Xallas FC : 68 puntos
2º SCD Pastoriza : 66 puntos
3º UD Carral : 54 puntos
4º Orzán SD B : 54 puntos
5º Sporting Burgo : 51 puntos
6º SD Tordoia : 50 puntos
7º CF Dumbría : 49 puntos
8º UC Cee : 42 puntos
9º PM Friol B : 28 puntos
10º CD Lugo B : 27 puntos
11º Cultural Maniños : 26 puntos
12º Brexo Lema SD : 24 puntos
13º Orillamar SD : 22 puntos
14º UDJ Almeiras : 20 puntos
15º Sporting Meicende : 14 puntos
16º Silva SD : 8 puntos
-PREVIA-
-26ª Xornada-
-06/04/2025-
Xallas FC – CF Dumbía, ás 12:15 horas
Orillamar SD – SD Tordoia, ás 12:30 horas
Silva SD – UDJ Almeiras, ás 16:00 horas
PM Friol B – CD Lugo B, ás 16:30 horas
Orzán SD B – Sporting Meicende, ás 16:00 horas
Cultural Maniños – SCD Pastoriza, ás 19:15 horas
Brexo Lema SD – Sporting Burgo, ás 16:30 horas
UD Carral – UC Cee, ás 12:00 horas
AVISOS
-A data e os horarios son oficiosos non oficiais polo que poden trocar, poñerémolos fixos na “AXENDA PIRATA” o vindeiro venres.
-As manifestacións dos adestradores son propias, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.
-Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047, e que sempre quede claro que non poñemos duns e doutros non, poñemos as dos que queren colaborar mandándonolas cada semana, cousa que agradecemos en beneficio de dar relevancia e visibilidade o noso fútbol.
-Foto Xallas : Eloy García
-Foto Dumbría : FaceBook Dumbría Feminino
-Texto : Xosé Búa “Pirata
-Comentarios : Os adestradores